Noticias

Feijóo convoca a todos los representantes locales en Galicia para avanzar en la estrategia para las elecciones municipales de 2019

El PPdeG anuncia que el presidente del partido, Alberto Núñez Feijóo, reúne el sábado 17 de febrero en el Multiusos do Sar de la capital gallega a todos los representantes locales en Galicia (unos 1.800 cargos), tanto los que están en los gobiernos como en la oposición, para avanzar en la preparación de las elecciones municipales de 2019. El secretario general del PPdeG, Miguel Tellado, considera que estas elecciones son "cruciales" y defiende que en las filas del PPdeG hay "maestros de la política" y que tiene la "clave" de "cómo ganar las elecciones".

Nota de prensa del Gabinete de Comunicación del PPdeG:

O secretario xeral dos populares galegos, Miguel Tellado, anunciou que o PPdeG celebrará a xornada de traballo "Facendo Galicia desde os concellos" á que estarán convidados alcaldes e concelleiros de toda a Comunidade e que avanzará na política de proximidade coa vista posta nos comicios municipais de 2019. Alí todos escoitarán como compañeiros do partido comparten experiencias de éxito no eido local, de vitorias, pero tamén sobre como facer un traballo duro e moitas veces ingrato que é o de estar na oposición.

A xornada, que será clausurada polo presidente Alberto Núñez Feijóo, estará estruturada en varias mesas redondas, nas que se darán cita representantes das catro provincias, tanto das cidades como de vilas intermedias e pequenos concellos, e que se atopan hoxe no goberno e na oposición. “En definitiva, exemplos todos dunha forma de facer política moi nosa e moi característica deste partido: que é a política de proximidade e a que se atopa máis preocupada polos problemas dos veciños”, engadiu Tellado.

Os populares levan tempo realizando un intenso labor de cara ás vindeiras municipais, de fortalecemento interno das estruturas e de renovación a nivel local; así como unha axenda de formación que está alcanzando diversas facetas, como poden ser a da comunicación ou a da xestión. Da combinación de ambas xorde o evento que celebrarán o próximo 17 de febreiro en Santiago e que terá unha transcendencia que vai máis alá dunha das moitas reunións que manteñen os diferentes órganos do partido.

“Facemos isto porque cremos que ninguén mellor que moitos dos nosos alcaldes, portavoces e concelleiros pode dar claves de como se xestiona o día a día dun concello, de como se gaña a confianza dos veciños, de como se reforza unha maioría absoluta, de como se pode gañar arrancando desde a oposición e de como se pode facer unha oposición moi digna despois de gañar as eleccións e de que os pactos de perdedores eviten que gobernemos”, remarcou o secretario xeral.

Así mesmo, subliñou que no Partido Popular de Galicia teñen a grandísima sorte de que en cada recuncho de Galicia hai alguén cunha experiencia que contar e alguén de quen se pode aprender. “E con este acto estamos dispostos deixar claro que o aproveitamos”.

Tellado tamén salientou que son a única formación da Comunidade que se pode permitir facer un evento coma este xa que “somos os únicos que temos máis de 150 alcaldes, que temos máis de 1.800 concelleiros, que estamos en todos e cada un dos concellos galegos, que podemos reunir a varios centos de cargos e acabar sen discusións, sen conspiracións ou sen división; e que podemos dicir o mesmo en Ferrol, en Mos, en Mondoñedo ou en Oímbra, incluso respectando as particularidades de cada lugar”. “Ese é o gran valor do Partido Popular de Galicia, os milleiros de persoas que o conforman e que cren nun proxecto centrado, rigoroso e de futuro para esta terra”

Fotografía: archivo GD / Gabinete de Comunicación del PPdeG

R., 2018-02-09

Actualidad

Foto del resto de noticias (factura.jpg) Os proxectos que se van desenvolver recibirán 4,66 millóns de euros en axudas que permitirán a mobilización de 11,3 millóns no sector. A instalación destas tecnoloxías posibilitará aforros anuais de 2,45 millóns de litros de gasóleo ao ano e a redución de emisións de 7.300 toneladas de CO2, equivalente á acción de 365.000 árbores. Vanse desenvolver 951 proxectos de biomasa, 512 de aerotermia e enerxía solar e 82 de xeotermia. Estes apoios súmanse ás axudas concedidas en materia de eficiencia enerxética e renovables a empresas, entidades sen ánimo de lucro e á administración local a través das que se impulsarán 434 proxectos que permitirán un aforro na factura enerxética dos beneficiarios de 5,5 millóns de euros ao ano.
Foto de la tercera plana (automocion.jpg) O Diario Oficial de Galicia (DOG) vén de publicar as axudas do bono Emprega Automoción, un novo programa dirixido a ocupados co que a Xunta apoia a formación á carta nas empresas do sector. O Goberno galego con esta iniciativa financiará o 50% da cualificación ata 2000 euros por persoa. Do que se trata é de mellorar as capacidades dos traballadores, o que permitirá ás compañías ser máis competitivas. O investimento previsto é de 3 millóns de euros ao ano para formar a 1500 persoas cada exercicio. O prazo de solicitude, aberto desde mañá, rematará o 30 de setembro.

Notas

Convocada unha nova edición dos Premios do Comercio Galego, cos que se busca poñer en valor as boas prácticas e a aposta pola calidade e a innovación no sector. Os galardón contan cunha dotación total de 12.500 euros e divídense en tres categorías. Así, o Premio Comercio de Galicia está dotado cunha contía de 3.000 euros; o Premio Comercio Provincial, cunha contía de 2.000 euros por provincia; e o Premio Iniciativa Dixital para asociacións de comerciantes, cunha contía de 1.500 euros.
Estase a celebrar ao longo deste 2018 o Ano do Camiño Portugués e do Camiño Portugués da Costa, tal e como establece o Plan director do Camiño de Santiago. Neste marco, ao longo de todo o mes de agosto, o Goberno autonómico vén promovendo estes itinerarios no país veciño a través da exposición fotográfica en 3D De mar a mar que pode verse na cidade portuguesa de Coimbra.
ACTUALIDAD  
PORTALES  
SERVICIOS  
ENLACES  

RSS Válido

PUBLICIDAD
Deputación de Ourense
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PROMOCIÓN
PUBLICACIONES
Publicaciones
Publicaciones Amencer
Revista Egap
Obradoiro de Artesania