El PSdeG denuncia que el PPdeG se niega a explicar y a consensuar el cierre de centros educativos públicos
El portavoz de Educación del Grupo Socialista, Luis Álvarez, lamentó el veto del PPdeG a una propuesta socialista para reclamarle a la Xunta que explique los criterios para modificar la red de centros educativos y consensuar con las comunidades educativas el cierre de centros. Esta propuesta incluía, además, establecer la discriminación positiva de los centros del rural.
Nota de prensa del Gabinete de Comunicación del PSdeG:
Lembrou o peche, a finais do curso pasado, de catro centros de Outes, As Pontes, Ribadavia e Porriño, feito público despois de que remataran as clases co argumento, ironizou, dunha estrema sensibilidade e para non afectar ao rendemento escolar no final de curso. Advertiu que resulta esperable que se se repiten aqueles feitos, nos atopemos con importantes modificacións que serán anunciadas nos últimos días do curso.
O responsable socialista criticou a xestión por parte do goberno galego e do PP daquela decisión, cuestionando as protestas e derivando a unha discusión semántica para agochar o peche detrás dunha desagregación, desdobramento, transformación, integración ou cambio de ensinanzas.
Lamentou que esqueceran o pifostio que organizaron os seus alcaldes co traslado transitorio de ensinanzas secundarias aos colexios que rematou co reinicio das clases en setembro con total normalidade. Criticou tamén que o PP lembre o peche de 43 centros no goberno socialista do rural cando tratábase de escolas unitarias sen alumnos e os compare co peche dun colexio enteiro.
Luis Álvarez propuxo que a Xunta lle explique ao Parlamento os criterios para as eventuais modificacións na rede de centros, que adiante a publicación das ordes coas modificacións precisas e que as consensúen coas comunidades educativas afectadas.
Criticou que non queiran facer da educación un asunto de país e segan dicindo que esta será a Lexislatura do Rural mentres rexeitan propostas socialistas que reivindican unha discriminación positiva nos centros de contornos rurais de xeito que se reverta a tendencia á perda de oferta educativa.
R., 2018-02-07
Actualidad
O equipo, eminentemente galego e cunha moi alta porcentaxe feminina, está a filmar en distintas localizacións das provincias da Coruña e Lugo, a través das que se reconstrúe o nacemento e a evolución da mítica fábrica de cerámica, que se deu en chamar a Bauhaus galega polas cores, formas e deseños vangardistas das súas creacións. Ao tempo, contarase tamén a historia de Galicia a través do seu deseño, cos seus elementos diferenciais e de calidade no centro do discurso. Outros dos escenarios polos que discorrerá Hoxe e o resto do mundo son Cervo (Lugo), onde comeza esta historia a primeiros do século XIX, Sada (A Coruña) e Santiago de Compostela, ademais doutros espazos da cidade herculina.
O CDG celebra os 40 anos da súa fundación desenvolvendo unha intensa programación que estende a súa actividade á produción e participación en 15 espectáculos e proxectos escénicos, a máis de 100 concellos de toda a Comunidade e á colaboración con entidades dunha decena de países en Europa e América. En palabras de Román Rodríguez, conselleiro de Cultura, a unidade teatral continuará avanzando nunhas liñas mestras que, desde o respecto ao pasado, poñen o foco en novas vías de encontro coa cidadanía, na accesibilidade, na proxección exterior ou na creación galega.
Notas
A Facultade de Química será entre os días 3 e 6 de setembro a sede do XI Congreso Internacional de Nanociencia e Nanotecnoloxía Analítica (XI NyNA 2024). O encontro está organizado polo grupo de investigación de Elementos Traza, Espectroscopía e Especiación (GETEE) e o Instituto de Materiais (iMATUS) da USC coa colaboración do Grupo Especializado en Ciencia e Tecnoloxías (Bio) Analíticas da Real Sociedade Española de Química (RSEQ).
Os vindeiros 9, 10 e 11 de abril celébrase na Universidade da Coruña o primeiro congreso IA & Hospitality, un espazo onde se analizará a relación presente e futura entre a Intelixencia Artificial e o turismo, un dos principais motores económicos do noso país. O programa do congreso, que terá lugar no Paraninfo da UDC, inclúe oito mesas de debate nas que se tratará dende a experiencia do cliente ata a ciberseguridade e os destinos e a IA.