En Marea sostiene que Galicia tardará 24 años en recuperar el empleo de 2008 al ritmo actual
En Marea ha denunciado que Galicia "tardará 24 años" en recuperar el nivel de empleo que había en 2008 si continúa con el ritmo de crecimiento registrado en 2017, en el que, en el último trimestre, la Comunidad gallega "destruyó cinco veces más" puestos laborales que el conjunto estatal. En Marea presenta 101 preguntas al Gobierno de la Xunta sobre lo que denomina "la anomalía laboral gallega".
Nota de prensa del Gabinete de Comunicación de En Marea:
O voceiro de En Marea Luís Villares e mailo deputado e voceiro de Economía Manuel Lago presentaron no Parlamento 101 preguntas coas que pretenden que a Xunta dea explicación ao feito de que Galicia sexa a comunidade autónoma coa evolución de emprego do Estado, tanto nos datos de poboación activa, coma os de poboación ocupada e desempregada.
Para Manuel Lago esa anomalía laboral fai que, ao ritmo de creación de emprego de 2017, cun incremento de tan só 6.000 empregos, Galicia tería que agardar ata o ano 2.042 (24 anos) para acadar o nivel de emprego de 2008, ano no que Feijóo comezou a gobernar a Xunta, e dende o que perdemos 144.000 empregos, segundo os datos do INE.
Fomos os que máis emprego destruímos na fase recesiva 2008-2013 (-15%) e somos os que menos emprego estamos xerando na fase alcista do ciclo, lembrou o parlamentario de En Marea para quen o segundo fracaso do goberno Feijóo é que entre o ano 2008 e 2017 o desemprego en Galicia medrase o 43%. Feijóo presume sempre que temos unha taxa de paro inferior á media española e é certo, pero igual de certo é que Feijóo está liquidando o diferencial positivo histórico que tiña a economía galega, sinalou.
No 4T do ano 2009 Galicia tiña unha taxa de paro que estaba 5,9 puntos por debaixo da media española, hoxe está 1,8 puntos. Aínda temos un diferencial positivo, pero un ano máis con esta política laboral e teremos liquidado ese diferencial positivo, indicou Manuel Lago.
Finalmente referiuse á comparación entre 2008 e 2017 nas tres variables claves do mercado de traballo: activos, persoas paradas e ocupadas. O paro reduciuse en máis de 98 mil persoas pero só a metade porque atoparon un emprego, pois como vedes a xeración de emprego é de 53.000 persoas, o resto é unha caída de 45.600 persoas da poboación activa. Regresión demográfica, desánimo por falta de posibilidades de atopar un emprego e emigración, ese é para En Marea o fracaso da política laboral do goberno Feijóo: A redución do desemprego non é porque as persoas atopen un emprego, senón porque deixan de buscalo no noso país, concluíu.
Fotografía: Gabinete de Comunicación de En Marea
R., 2018-02-05
Actualidad
O equipo, eminentemente galego e cunha moi alta porcentaxe feminina, está a filmar en distintas localizacións das provincias da Coruña e Lugo, a través das que se reconstrúe o nacemento e a evolución da mítica fábrica de cerámica, que se deu en chamar a Bauhaus galega polas cores, formas e deseños vangardistas das súas creacións. Ao tempo, contarase tamén a historia de Galicia a través do seu deseño, cos seus elementos diferenciais e de calidade no centro do discurso. Outros dos escenarios polos que discorrerá Hoxe e o resto do mundo son Cervo (Lugo), onde comeza esta historia a primeiros do século XIX, Sada (A Coruña) e Santiago de Compostela, ademais doutros espazos da cidade herculina.
O CDG celebra os 40 anos da súa fundación desenvolvendo unha intensa programación que estende a súa actividade á produción e participación en 15 espectáculos e proxectos escénicos, a máis de 100 concellos de toda a Comunidade e á colaboración con entidades dunha decena de países en Europa e América. En palabras de Román Rodríguez, conselleiro de Cultura, a unidade teatral continuará avanzando nunhas liñas mestras que, desde o respecto ao pasado, poñen o foco en novas vías de encontro coa cidadanía, na accesibilidade, na proxección exterior ou na creación galega.
Notas
A Facultade de Química será entre os días 3 e 6 de setembro a sede do XI Congreso Internacional de Nanociencia e Nanotecnoloxía Analítica (XI NyNA 2024). O encontro está organizado polo grupo de investigación de Elementos Traza, Espectroscopía e Especiación (GETEE) e o Instituto de Materiais (iMATUS) da USC coa colaboración do Grupo Especializado en Ciencia e Tecnoloxías (Bio) Analíticas da Real Sociedade Española de Química (RSEQ).
Os vindeiros 9, 10 e 11 de abril celébrase na Universidade da Coruña o primeiro congreso IA & Hospitality, un espazo onde se analizará a relación presente e futura entre a Intelixencia Artificial e o turismo, un dos principais motores económicos do noso país. O programa do congreso, que terá lugar no Paraninfo da UDC, inclúe oito mesas de debate nas que se tratará dende a experiencia do cliente ata a ciberseguridade e os destinos e a IA.