Noticias

La oposición incrementa sus críticas a la política sanitaria de la Xunta y alientan la movilización en defensa de la sanidad pública

En Marea advierte de que "no es casualidad" que el Sergas anuncie ahora una actualización de las tarifas sanitarias tras permanecer cuatro años congeladas, ya que se produce 20 días después de la entrada en vigor del decreto de esperas máximas, lo que, en su opinión, corresponde a una decisión que busca "beneficiar" a la sanidad privada. El secretario xeral del PSdeG critica la reforma del mapa sanitario y dice que "aleja" la sanidad de los gallegos. El BNG alenta a la ciudadanía a participar en la manifestación en defensa de la sanidad pública prevista en la capital de Galicia.

Nota de prensa del Gabinete de Comunicación de En Marea:

A vicepresidenta do Parlamento e deputada de En Marea, Eva Solla, denunciou o novo paso dado pola Consellería de Sanidade para avanzar un pouco máis na progresiva descapitalización da sanidade pública e desvío de fondos públicos cara á privada. Non é casualidade que despois de entrar Lei de regulación de garantías sanitarias coa derivación continuada de doentes á privada agora a Consellería decide actualizar as tarifas para beneficiar claramente á empresa privada. É dicir, van a cobrar máis aínda por esas derivacións.

Eva Solla denunciou que desde 10 xaneiro estase a facer chamada automática para a derivación da publica á privada o a decisión anunciada de subir as tarifas deixa en evidencia a clara intención do Partido Popular de continuar na senda de desmantelar a sanidade pública co único fin de beneficiar ás empresas.

Este anuncio é un motivo máis para saír a rúa o vindeiro domingo 4 de febreiro e participar na mobilización convocada en Santiago de Compostela para entre todas e todos loitar e defender o noso sistema sanitario público ante os continuos ataques do Partido Popular.

En Marea presenta unha proposición de Lei para loitar contra o intrusismo profesional e falsa publicidade no ámbito sanitario, unha normativa que como denunciou a vicepresidenta do Parlamento e deputada de En Marea, Eva Solla, non existe en Galicia na actualidade aínda que si noutros territorios. A proposición de Lei para regular a publicidade sanitaria e sociosanitaria en Galicia de En Marea daría resposta ás reclamacións que durante anos levan a trasladar os distintos colexios odontolóxicos que alertan do incremento de casos e as consecuencias negativas para á cidadanía.

A deputada de En Marea lembrou que é a Xunta de Galicia a que ten competencias en materia sanitaria polo que reclamou que tome cartas no asunto e asuma a súa responsabilidade. Intrusismo profesional, falsa publicidade, falla de información sobre os tratamentos e as súas consecuencias, cursos de formación falsos, ou casos como os anuncios de determinadas empresas que din ofrecer servizos sociosanitarios que despois non son reais, son algunhas das cuestións que deberían ser reguladas nesta nova lei.

Deste xeito En Marea defende a necesidade de que as distintas empresas precisen ter unha autorización administrativa previa para poder anunciar estes servizos, que estean avalados cientificamente e especifiquen claramente os servizos e as súas posibles consecuencias, así como que toda a publicidade poda ser comprobada e real. Ademais proponse a creación dunha comisión de seguimento con representantes de todos os colectivos implicados. “Trátase dun asunto delicado, a cidadanía ten que ter dereito a ser protexida ante estas fraudes” destacou Eva Solla.

O grupo parlamentario abre un período dun mes para que os distintos colectivos, organizacións de profesionais, consumidores, doentes e demais colectivos poidan opinar e facer achegas ao texto presentado por En Marea. “A xunta ten capacidade de facer inspeccións sobre o relativo a intrusismo profesional e falsa publicidade. Non é o máis urxente dentro da sanidade pública pero é un tema moi importante e que está a ser reclamada desde distintos colectivos Están continuamente denunciando, pero non existen ferramentas ante o que o Goberno galego, que é quen ten a responsabilidade e competencias, non fai nada”.

Nota de prensa del Gabinete de Comunicación del PSdeG:

O secretario xeral do PSdeG, Gonzalo Caballero, desplazouse ata o Hospital de Monforte para abordar coa xunta de persoal e da plataforma en defensa da sanidade pública da comarca de Lemos as “deficiencias” e “ineficiencias” que eles mesmos teñen detectado e denunciado.

Na súa liña de “intensa defensa” dunha sanidade “pública, gratuíta e de calidade”, fronte aos “recortes e privatizacións” que ten acometido a Xunta, Gonzalo Caballero reivindicou que todos os cidadáns galegos, con independencia do lugar onde vivan, teñen que ter acceso aos servizos públicos “en igualdade de condicións”. É por iso que rexeitou o proxecto de lei co que o PP tenta reformar o mapa sanitario, pois supón “alonxar” dos cidadáns un servizo que é fundamental. Sobre todo, como evidenciou, en aquelas vilas cunha poboación máis envellecida, que xa sofre “pensións por debaixo da media”, e que verán empeorar “a súa calidade de vida” para facer fronte a desplazamentos.

No mesmo sentido, fixo fincapé en que Feijóo “volve errar” ao “non rectificar” o seu intento de modificar a Lei de Saúde de Galicia, xa que deriva nunha “menor garantía dos dereitos sanitarios” dos galegos ao “afastar” deles os servizos. Neste contexto, o líder dos socialistas galegos chamou a participar masivamente na manifestación convocada en defensa da sanidade pública en Santiago o vindeiro domingo, pois trátase –dixo- “dun dereito que temos que defender”. Tamén aproveitou para recordar que o PSdeG ten organizado unha xornada na que analizará cos profesionais o estado actual da sanidade.

Nota de prensa del Gabinete de Comunicación del BNG:

A portavoz nacional, Ana Pontón, acompañada da deputada por Ourense, Noa Presas, e cargos locais do BNG, visitaron o Complexo Hospitalario Universitario de Ourense (CHUO) onde mantiveron un encontro coa xunta de persoal para coñecer de primeira man as súas demandas de maior recursos materiais e humanos para este centro hospitalario.

Pontón acusou ao presidente da Xunta de colocar o sistema público de saúde nunha situación límite. “A sanidade pública está en estado de shock non pola gripe senón polo virus dos recortes e da privatización do PP e de Feixóo”, denunciou, cuxas consecuencias son especialmente visibles no CHUO, onde á falta de persoal e de especializacións se suma agora unha ampliación cun número de camas moi inferior ao comprometido polo SERGAS.

As consecuencias do acoso e derribo á sanidade pública a pagan os e as doentes, “en particular nun provincia como Ourense cun alto porcentaxe de envellecemento, o que fai que a demanda de atención sanitaria sexa maior, e en vez de ter un reforzo a Xunta recorta en camas, en persoal, en medios, en recursos e en medicamentos, o que leva a sanidade pública a unha situación de deterioro crecente”, reiterou.

Para obrigar ao Goberno do PP a variar este rumbo, Pontón insta a facer un seguimento masivo da manifestación convocada por SOS Sanidade Pública en Santiago este vindeiro 4 de febreiro, “como xa respondeu a cidadanía de Ourense de xeito masivo fronte aos recortes e a privatización, o único no que o PP ten unha nota alta”. Agora propón “unir a voz de todos os galegos e galegas nesa manifestación” para frear a “contrarreforma sanitaria” que pretende aprobar Feixóo no vindeiro pleno.

Pontón tamén avanzou que o BNG rexistrou no Parlamento unha proposición de lei para modificar os orzamentos de 2018 e destinar 234M€ adicionais a financiar a atención primaria, porta de entrada ao sistema público de saúde pero sometida a continuos recortes por parte do PP.

“O BNG moveu ficha poñendo unha alternativa sobre a mesa”, anunciou, para sufragar un plan de plan de contratación de persoal e a dotación de máis medios para a atención primaria. “É unha cuestión clave que se soluciona con vontade política, con máis medios e recursos, pero non cun Goberno que cando a cidadanía enferma lle pide que non acuda aos hospitais. Iso é unha falta de respecto”.

Por contra, “o que se necesita é que os hospitais estean ben dotados e que non haxa listas de espera en atención primaria, por iso no BNG agardamos que haxa receptividade do PP no debate desta proposta no Parlamento, en lugar do portazo que habitualmente lle da Feixóo a todas as propostas”.

R., 2018-02-01

Actualidad

Foto del resto de noticias (aqui-tamen-se-fala-2024.jpg) O evento, que reunirá na cidade herculina a artistas contemporáneos do talle de Grande Amore, Boyanka Kostova, Lontreira e Leria, nace co obxectivo de potenciar a música actual en galego, e se enmarca na iniciativa cultura homónima nacida no Equipo de Dinamización da Lingua Galega do instituto Rafael Dieste co obxectivo de promover o uso do galego entre a mocidade. A día de hoxe, involucra máis de 200 centros de toda a comunidade e preto de 50.000 estudantes que, a través de entrevistas, actuacións e campañas nas redes sociais, animan a rapazada a falar na lingua propia de Galicia.
Foto de la tercera plana (dron-bfa.jpg) A Business Factory Aero, o programa de incubación, aceleración e consolidación de empresas do sector aeroespacial, promovido pola Xunta de Galicia e xestionado pola Fundación CEL Iniciativas por Lugo, foi escollido pola Fundación de las Cajas de Ahorro (Funcas) e pola Universidad Rey Juan Carlos como a mellor Aceleradora en 2024 na categoría de Avanzadas. Este primeiro posto no ranking nacional supón un importante recoñecemento ao labor desenvolvido polo Goberno galego, no marco do Polo Aeroespacial de Galicia, para a retención e atracción de talento no sector e para a creación de emprego de alta cualificación na comunidade.

Notas

O Seminario de Inicio do Proxecto Caprif-CC: Comunidades activas e paisaxes resilientes a incendios forestais e cambio climático, desenvolveuse no Centro de Estudos Avanzados da USC, onde o inaugurou a vicerreitora de Titulacións e Internacionalización da USC, María José López Couso; o director da Fundación Juana de Vega, José Manuel Andrade; e o director da Fundación CEER, Ángel Miramontes.
Definida como a rama da política que se encarga das relacións entre estados, a diplomacia asociouse historicamente á actuación dos executivos nacionais. Non obstante, nun mundo marcado pola globalización, tanto os gobernos autonómicos como os locais levan a cabo iniciativas de acción exterior, do mesmo xeito que as actuacións de institucións como os parlamentos teñen unha incidencia internacional.
PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES