Noticias

La Real Academia Galega (RAG) y Puntogal colaboran en la promoción del dominio gallego y promueven un concurso de micro-relatos en la Red

La Real Academia Galega (RAG) y Puntogal colaboran en la promoción del dominio gallego en Internet, .gal, en una campaña que reducirá el precio de los nuevos registros durante el mes de febrero y premiará los mejores micro-relatos que participen en el concurso convocado en el marco de esta campaña. Ata xaneiro de 2018, .gal ten máis de 4.300 nomes rexistrados.

Nota de prensa de la Real Academia Galega (RAG):

Ambas as entidades animan a toda a sociedade galega a reforzar a presenza da lingua e da identidade propias no mundo conectado, xusto nun mes no que se conmemoran efemérides destacadas como os aniversarios de Rosalía de Castro (24 de febreiro) e Eduardo Pondal (8 de febreiro), e o Día Internacional da Lingua Materna (21 de febreiro).

O presidente da Real Academia Galega, Víctor F. Freixanes, e o presidente de PuntoGal, o tamén académico Manuel González, presentaron na sede da Academia a campaña. Con esta colaboración, a RAG aposta por "seguir potenciando a presenza do idioma na modernidade que representan as tecnoloxías da información e comunicación e por reforzar a identidade de Galicia no ciberespazo a través de .gal", salientou Víctor F. Freixanes.

"A lingua galega é o noso primeiro e basilar elemento de identidade como galegos, e o dominio .gal é unha mensaxe continuada ao mundo a través do ciberespazo na que lles estamos dicindo que somos un pobo cunha lingua útil e funcional. Neste mundo globalizado, a identidade é un valor cada vez máis cotizado e o dominio .gal é un vehículo excelente para darlle a coñecer ao mundo a nosa identidade", engadiu Manuel González. Un vehículo que animou a empregar a todos os organismos públicos, ao empresariado que exerce a súa actividade en Galicia e tamén a todos os galegos e galegas, para reforzar así "a cohesión social do noso pobo e tamén poñer en valor a calidade dos nosos produtos".

Actualmente, .gal ten máis de 4.300 nomes rexistrados. O dominio é xestionado pola Asociación PuntoGal, a entidade sen ánimo de lucro constituída por entidades de todos os ámbitos da sociedade galega grazas á cal Galicia conta con esta marca de identidade no mundo virtual desde o ano 2014. Durante o mes de febreiro rexistrar un novo dominio .gal poderá facerse a un prezo máximo de 15 euros por dous anos. Os rexistradores acollidos son Dinahosting, Arsys, CDMon, Blacknight e Openprovider. As condicións da promoción poderán consultarse en http://dominio.gal/promotion/ ou dirixíndose directamente ás empresas rexistradoras.

Premios tecnolóxicos e libros para os mellores textos de ata 200 palabras
A Real Academia Galega e Puntogal convocan ademais un concurso de micro-relatos para avivar a produción creativa nos novos espazos da comunicación. As persoas que desexen participar no concurso deberán enviar os textos, de ata 200 palabras, ao correo comunicacion@academia.gal do 1 ao 28 de febreiro.

O primeiro premio consistirá nun Ipad e unha cámara goPro, o segundo, nun Kindle e un disco duro externo e o terceiro (poderá haber ata tres), nun lote de libros, un dominio gratuíto durante un ano e merchandising de PuntoGal, agasallos estes últimos que tamén recibirán os dous mellores relatos. As bases completas poderán consultarse nas páxinas web dos organizadores. O xurado fará pública a súa decisión no mes de marzo.

R., 2018-01-30

Actualidad

Foto del resto de noticias (emprego-oficina.jpg) Por que o universo dos activos dixitais semella un mundo masculino? Por que a maioría de ‘influencers’ do mundo cripto que saen á palestra son homes? Está equilibrada a proporción entre homes e mulleres nos consellos de administración das empresas? Estas son algunhas das preguntas ás que se deu resposta este luns na VI Xornada de igualdade de xénero e Dereito Mercantil, actividade dirixida desde a Facultade de Ciencias Xurídicas e do Traballo polas docentes Sara Louredo e Ana Mª Aido e para a que, nesta ocasión, se contou coa participación de dúas profesoras expertas en Dereito Mercantil: Vanessa Jiménez, da Universidad de Salamanca, e Josefina Boquera, da Universidad de Valencia.
Foto de la tercera plana (20240423-xunta.jpg) Un total de 23 os equipos de 19 colexios e institutos participaron no lanzamento de satélites elaborados por parte de centros educativos galegos no marco da fase autonómica do programa da Axencia Espacial Europea Cansat 2024, que se desenvolveu no aeródromo das Gaivotas, en Cerceda. A xornada desenvolveuse arredor de tres actividades: un obradoiro de foguetes químicos e de auga impartida polo alumnado do Centro Público Integrado O Cruce (Cerceda), unha exhibición de drons a cargo de Aeromedia e o lanzamento dos satélites. O secretario xeral técnico da Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e FP, Manuel Vila, acompañou os alumnos nesta xornada.

Notas

O Centro Interdisciplinario de Investigacións Feministas e de Estudos de Xénero (CIFEX) da USC participa na organización do primeiro Congreso Internacional sobre Feminismos e Humor ‘HumorSofías’, que se desenvolverá os días 7 e 8 de maio na facultade compostelá de Filoloxía. A inscrición no encontro, organizado ademais pola Universidade Complutense de Madrid e o Middlebury College con financiamento da Deputación da Coruña, é gratuíta ate completar aforo.
Desde principios do ano 2023, persoal investigador das universidades de Vigo e Oviedo e da empresa EOSOL Ingeniería desenvolven o proxecto Antennas for Underground Communications. O seu obxectivo é proporcionar á Axencia Espacial Europea (ESA) o deseño conceptual dunha antena de comunicacións que poida funcionar no interior de covas da Lúa. A súa proposta vén de someterse con éxito a ensaios técnicos no campus de Ourense.
PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES