Los socialistas Vara y Caballero defienden un sistema de financiación con acceso igualitario a los fondos públicos para todos los ciudadanos
El secretario general del PSOE de Extremadura, Guillermo Fernández Vara, y su homólogo de Galicia, Gonzalo Caballero, han coincidido en su defensa de que el nuevo modelo de financiación permita que toda los ciudadanos tengan las mismas posibilidades de acceso a los servicios públicos esenciales con independencia del lugar donde vivan.
Nota de prensa del Gabinete de Comunicación del PSdeG:
O secretario xeral do PSdeG, Gonzalo Caballero, mantivo unha reunión de traballo co presidente de Estremadura e presidente do Consello de Política Federal do PSOE, Guillermo Fernández Vara, para abordar distintas cuestións de relevancia a nivel federal e para as dúas comunidades, así como para coñecer a súa experiencia de goberno polo miúdo.
Nun escenario no que se prevé unha reforma da Constitución e a aprobación dun novo modelo de financiamento autonómico, o líder dos socialistas galegos advertiu de que é fundamental que permita que tódolos cidadáns, con independencia de onde vivan, teñan os mesmos dereitos. Unha igualdade que, do mesmo xeito que Fernández Vara, reclamou non só entre as comunidades autónomas, senón tamén entre as cidades e os municipios máis pequenos.
É a posición totalmente compartida que manteñen os socialistas en toda España, a da loita pola igualdade e a solidaridade, e por favorecer aos sectores máis febles da poboación, como verbalizou Gonzalo Caballero, quen sinalou a importancia do financiamento autonómico para manter os servizos públicos.
Xogámonos as nosas posicións de futuro, explicou, partidario de marcar a axenda fronte aos gobernos conservadores para atender o coste dunha sanidade e unha educación públicas, gratuitas, universais e de calidade para todas as comunidades autónomas de España en termos de igualdade. Ao fío diso, recordou que prestar os servizos implica maior custe naquelas comunidades, como Galicia, máis envellecidas e cunha poboación máis dispersa.
Alén diso, Gonzalo Caballero indicou aos xornalistas que o seu encontro co tamén presidente do Consello de Política Federal do PSOE vai na liña de impulsar un partido máis forte e máis interconectado, de cara a abrir un novo ciclo político e cambiar o Goberno do Estado cando haxa eleccións.
Trátase, segundo as súas palabras, de favorecer o cambio de ciclo necesario tras anos de goberno de Mariano Rajoy, que se viu salpicado por diversos casos de corrupción e que non traballou por facer que a recuperación macro chegue ás familias. Correspóndenos convencer á cidadanía de que necesitamos un cambio en España liderado polo PSOE, proclamou.
Finalmente, ante o presidente dun goberno autonómico que considerou referente en políticas de progreso, o secretario xeral do PSdeG eloxiou o seu esforzo en materia de política social.
Fotografía: Gabinete de Comunicación del PSdeG
R., 2018-01-29
Actualidad
O equipo, eminentemente galego e cunha moi alta porcentaxe feminina, está a filmar en distintas localizacións das provincias da Coruña e Lugo, a través das que se reconstrúe o nacemento e a evolución da mítica fábrica de cerámica, que se deu en chamar a Bauhaus galega polas cores, formas e deseños vangardistas das súas creacións. Ao tempo, contarase tamén a historia de Galicia a través do seu deseño, cos seus elementos diferenciais e de calidade no centro do discurso. Outros dos escenarios polos que discorrerá Hoxe e o resto do mundo son Cervo (Lugo), onde comeza esta historia a primeiros do século XIX, Sada (A Coruña) e Santiago de Compostela, ademais doutros espazos da cidade herculina.
O CDG celebra os 40 anos da súa fundación desenvolvendo unha intensa programación que estende a súa actividade á produción e participación en 15 espectáculos e proxectos escénicos, a máis de 100 concellos de toda a Comunidade e á colaboración con entidades dunha decena de países en Europa e América. En palabras de Román Rodríguez, conselleiro de Cultura, a unidade teatral continuará avanzando nunhas liñas mestras que, desde o respecto ao pasado, poñen o foco en novas vías de encontro coa cidadanía, na accesibilidade, na proxección exterior ou na creación galega.
Notas
A Facultade de Química será entre os días 3 e 6 de setembro a sede do XI Congreso Internacional de Nanociencia e Nanotecnoloxía Analítica (XI NyNA 2024). O encontro está organizado polo grupo de investigación de Elementos Traza, Espectroscopía e Especiación (GETEE) e o Instituto de Materiais (iMATUS) da USC coa colaboración do Grupo Especializado en Ciencia e Tecnoloxías (Bio) Analíticas da Real Sociedade Española de Química (RSEQ).
Os vindeiros 9, 10 e 11 de abril celébrase na Universidade da Coruña o primeiro congreso IA & Hospitality, un espazo onde se analizará a relación presente e futura entre a Intelixencia Artificial e o turismo, un dos principais motores económicos do noso país. O programa do congreso, que terá lugar no Paraninfo da UDC, inclúe oito mesas de debate nas que se tratará dende a experiencia do cliente ata a ciberseguridade e os destinos e a IA.