Noticias

2017 se cierra con un descenso del paro en Galicia de 22.100 personas. CC.OO. y UGT lo califican de año catastrófico

El paro bajó en 22.100 personas en 2017 en Galicia, lo que supone un 10,82% menos que en 2016, según los datos de la Encuesta de Población Activa (EPA) que publica el Instituto Nacional de Estadística (INE). La tasa de paro concluye 2017 en la comunidad gallega en el 14,71%, con una rebaja en 1,58 puntos con respecto al 16,29% de 2016. Los sindicatos califican este último año de "catastrófico" y un fracaso para el empleo.

Nota de prensa del Gabinete de Comunicación de CC.OO.-Galicia:

O Sindicato Nacional de CCOO de Galicia cualifica de «catastrófico» para o emprego o último ano. Desde a organización sindical afirman que os datos da enquisa de poboación activa (EPA) do cuarto trimestre do 2017 demostran o «fracaso absoluto» da Xunta e a súa «incapacidade» para aproveitar o ciclo económico, como se fai no resto do Estado. O sindicato denuncia que o ritmo de creación de postos de traballo foi moito menor que o crecemento da economía, ao tempo que a diminución do paro se produciu á custa da caída da poboación activa.

Para a secretaria de Emprego de CCOO, Maica Bouza, a EPA confirma o que xa anticiparan os últimos datos do paro rexistrado, que o ano pasado foi «nefasto» tanto en termos trimestrais como anuais. O ano pasado creáronse só 6200 empregos, polo que a redución de 22.000 persoas desempregadas se fixo á custa dunha perda na poboación activa de 15.900 persoas. «Peor non podía ser, o noso mercado laboral non funciona».

A economía está a medrar ao redor do 3 %, pero o emprego unicamente o fai un 0,59 %. Ademais, Bouza alerta de que a creación de postos de traballo é a menor desde que mudou a tendencia: 32.000 empregos creados en 2015, 17.000 en 2016 e só 6200 en 2017. «De seguiren así as cousas, estariamos nun horizonte de destrución de emprego a medio prazo», advirte a sindicalista.

O emprego creado caracterízase por unha elevada precariedade e unha rotación «insoportable» que lles impide ás galegas e galegos desenvolveren proxectos de vida. «Velaquí o resultado da teima do Goberno galego por un modelo produtivo fracasado, baseado en actividades de baixo valor engadido», critica Bouza. A secretaria de Emprego de CCOO lamenta que Galicia siga «prisioneira» das políticas de axuste de Feijóo e da súa renuncia a apostar por un novo modelo produtivo.

Por esta razón, CCOO insta a Xunta a convocar unha reunión cos axentes sociais para abordar a situación e procurar alternativas para que os galegos e galegas «poidan vivir e traballar con dignidade no seu país».

Os datos da enquisa de poboación activa (EPA) reflicten que no cuarto trimestre de 2017 caeu a ocupación, subiu o paro e reduciuse a poboación activa.

O número de persoas ocupadas diminúe en 16.700 no cuarto trimestre de 2017 con respecto ao trimestre anterior. En proporción, a destrución de emprego foi maior en Galicia (−1,56 %) que na media estatal (−0,27 %).

A perda de emprego bate con máis forza nos homes ca nas mulleres (12.800 ocupados menos fronte a 4000 ocupadas menos) e, por grupos de idade, o colectivo máis prexudicado é o das persoas máis novas: 7300 menores de 25 anos perderon o emprego no último trimestre do ano (−16,2 %). Destruíuse emprego en todos os sectores: no primario hai 5000 persoas ocupadas menos ca no terceiro trimestre de 2017, na industria 2200 menos, na construción 800 menos e nos servizos 8700 menos. No que atangue ao tipo de xornada, o 96 % dos empregos que se perderon neste trimestre eran a xornada completa.

Canto á poboación asalariada, a perda de emprego concéntrase no sector privado (12.100 persoas asalariadas menos no sector privado e 3000 máis no sector público) e, polo tipo de contrato, no temporal (13.900 empregos temporais menos e 4800 indefinidos máis).

En termos anuais, nos tres últimos anos creouse emprego en Galicia, chegando o número de persoas ocupadas ata 1.055.800 no cuarto trimestre de 2017 (son o 88 % das que había nove anos antes). Porén, a recuperación do emprego é insuficiente porque na nosa comunidade aínda están ocupadas 140.600 persoas menos ca no 2008, das cales 107.900 son homes, e a taxa de ocupación segue sendo inferior (45,2 % no cuarto trimestre de 2017 e 49,7 % nove anos antes).

Galicia mantense por detrás da media estatal en creación de emprego. A poboación ocupada en Galicia medraba a unha taxa anual do 0,59 % no cuarto trimestre de 2017 e na media estatal facíao un 2,65 %.

A creación de emprego por conta allea está condicionado por unha elevada temporalidade: no último ano, en proporción, medrou máis o emprego temporal (+2,1 %) ca o indefinido (+1,5 %), co que a taxa de temporalidade subiu do 26,7 % no cuarto trimestre de 2016 ao 26,8 % no cuarto trimestre de 2017. O índice de rotación laboral reflicte que a rotación entre as persoas con contratos eventuais é esaxerada e aumenta. No ano 2017, cada persoa asalariada temporal asinou, de media, 4,2 contratos, fronte a 2,5 contratos nove anos antes.

A xornada parcial é outra manifestación da precariedade: o 13,1 % das persoas ocupadas no cuarto trimestre de 2017 tiñan un posto de traballo a xornada parcial. O 58 % das persoas que traballaban a xornada parcial manifestaron que tiñan ese tipo de xornada porque non atopaban un traballo a xornada completa; só un 9 % afirmou buscar ese tipo de xornada.

No cuarto trimestre de 2017 había 182.100 parados e paradas en Galicia (91.700 homes e 90.500 mulleres) e o 38 % levaban buscando un posto de traballo dous ou máis anos. A suba trimestral do paro centrouse nos homes (5500 parados máis fronte a 5100 paradas menos). En termos anuais, continúa baixando o paro (22.100 persoas paradas menos) pero, aínda así, a taxa de paro segue sendo moi alta (14,7 % no cuarto trimestre de 2017) e sobre todo a de menores de 30 anos (26,3 %).

A poboación activa reduciuse tanto na comparación trimestral (16.400 persoas activas menos) coma na anual (15.900 persoas activas menos). A perda da poboación activa está influíndo moito na mellora das estatísticas; de feito, en termos anuais, o descenso do paro é maior que a creación de emprego, co que non todas as persoas que abandonan o paro se incorporaron ao mercado de traballo.

En 66.100 fogares, todos os seus membros activos están en desemprego (son 4400 fogares máis ca no terceiro trimestre de 2017 e 3500 menos ca un ano antes) e en 32.600 fogares non entra ningún tipo de ingreso.

Nota de prensa del Gabinete de Comunicación de UGT-Galicia:

Os datos da EPA do cuarto trimestre de 2017 evidencian que, aínda que baixa o desemprego, a precariedade, con contratos estacionais, altastaxas de emprego parcial de carácter involuntario e paro de longa duración segue a ser a tónica dominante.

Entrando de cheo cos datos, estes evidencian que no cuarto trimestrede 2017, con respecto ao trimestre anterior, dáse unha contracciónda ocupación do 1,56 por cento en Galicia, 16.700 ocupados menos. Enrelación a hai un ano a ocupación mellora un 0,59 por cento nestaComunidade, aínda que moi por debaixo das cifras estatais, do 2,65por cento.

Aínda así, as cifras de ocupación son de 1.055.800 persoas, cunhataxa do 45,2 por cento (49,1 por cento no Estado), moi afastada dosvalores previos á crise, con taxas superiores ao 50 por cento.

A crise e as reformas laborais deixaron como herdanza unhaprecarización do mercado laboral e dos dereitos dos traballadores,producindo un aumento dos niveis de desigualdade.

Urxe outra política centrada nas persoas. Unha política queimplemente un plan de choque polo emprego e reduza o desemprego, quecree emprego de calidade e con dereitos e que mellore os salariospara estimular o consumo e o investimento, para que así chegue arecuperación ao conxunto da sociedade.

Unha política que mellore a protección dos desempregados, sobretodo os de longa duración e os maiores de 55 anos, que están sendoarrinconados, e que reduza os altos niveis de desigualdade eexclusión social que existe neste país.

R., 2018-01-25

Actualidad

Foto del resto de noticias (aqui-tamen-se-fala-2024.jpg) O evento, que reunirá na cidade herculina a artistas contemporáneos do talle de Grande Amore, Boyanka Kostova, Lontreira e Leria, nace co obxectivo de potenciar a música actual en galego, e se enmarca na iniciativa cultura homónima nacida no Equipo de Dinamización da Lingua Galega do instituto Rafael Dieste co obxectivo de promover o uso do galego entre a mocidade. A día de hoxe, involucra máis de 200 centros de toda a comunidade e preto de 50.000 estudantes que, a través de entrevistas, actuacións e campañas nas redes sociais, animan a rapazada a falar na lingua propia de Galicia.
Foto de la tercera plana (dron-bfa.jpg) A Business Factory Aero, o programa de incubación, aceleración e consolidación de empresas do sector aeroespacial, promovido pola Xunta de Galicia e xestionado pola Fundación CEL Iniciativas por Lugo, foi escollido pola Fundación de las Cajas de Ahorro (Funcas) e pola Universidad Rey Juan Carlos como a mellor Aceleradora en 2024 na categoría de Avanzadas. Este primeiro posto no ranking nacional supón un importante recoñecemento ao labor desenvolvido polo Goberno galego, no marco do Polo Aeroespacial de Galicia, para a retención e atracción de talento no sector e para a creación de emprego de alta cualificación na comunidade.

Notas

O Seminario de Inicio do Proxecto Caprif-CC: Comunidades activas e paisaxes resilientes a incendios forestais e cambio climático, desenvolveuse no Centro de Estudos Avanzados da USC, onde o inaugurou a vicerreitora de Titulacións e Internacionalización da USC, María José López Couso; o director da Fundación Juana de Vega, José Manuel Andrade; e o director da Fundación CEER, Ángel Miramontes.
Definida como a rama da política que se encarga das relacións entre estados, a diplomacia asociouse historicamente á actuación dos executivos nacionais. Non obstante, nun mundo marcado pola globalización, tanto os gobernos autonómicos como os locais levan a cabo iniciativas de acción exterior, do mesmo xeito que as actuacións de institucións como os parlamentos teñen unha incidencia internacional.
PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES