Noticias

El PSdeG pide al presidente de la Xunta de Galicia que traslade el escenario macroeconómico al conjunto de los gallegos

El líder socialista en Galicia, Gonzalo Caballero, avanza la creación de un "think tank" para hacer que "las mejores ideas del país" estén con el PSdeG y lamenta que la Xunta "carezca de una estrategia y unos objetivos a corto, medio y largo plazo para elaborar una política económica para el conjunto del país". Caballero pide al presidente gallego que abandone su política económica centrada en "ajustar" las cuentas públicas y aproveche el escenario macroeconómico de crecimiento para trasladarlo al "conjunto" de la sociedad gallega mejorando sus condiciones de vida.

Nota de prensa del Gabinete de Comunicación del PSdeG:

O secretario xeral do PSdeG, Gonzalo Caballero, defendeu a necesidade de aproveitar o crecemento da economía para “reactivar e dinamizar” a comunidade e que a saída da crise chegue a todos os galegos; unha materia que Feijóo ten “suspensa” porque “só se adica a axustar contas” no canto de deseñar “unha política económica ao servizo do país”.

No transcurso dun almorzo con xornalistas, o líder dos socialistas galegos puxo o foco en que é o momento de que Feijóo “rectifique” o “fracaso” da súa política económica e comence a traballar para sacar adiante outra “máis efectiva”.“Está centrado na cuestión facendística, coa consolidación fiscal e o axuste de contas como único leit motiv”, sinalou, e criticou unha política de emprego “sen rumbo” que deixa tras de si “emprego precario e baixos niveles salariais” e que deriva en que “o mellor escenario” para moitos galegos sexa chegar a ser “mileurista”.

Fronte a iso, Gonzalo Caballero mostrouse partidario de fomentar a actividade industrial, de apostar polo I+D+i e de impulsar a Galicia interior, co obxectivo en mente de “mellorar a calidade de vida dos galegos”. Convencido de que cómpre que o crecemento sexa “perceptible e real” para as familias galegas, avanzou unha liña de traballo para “impulsar” ese cambio na política económica da Xunta. Así é que anunciou o cumprimento dun dos compromisos cos que gañou as primarias do PSdeG: a creación dun think tank do que sairán “as mellores ideas” e se poñerán “ao servizo do país”.

Presentarase, como dixo, en breves datas, e nel terá especial protagonismo o “eixo económico”. “O PSdeG vai liderar os plantexamentos para a Galicia do futuro”, proclamou Gonzalo Caballero.

R., 2018-01-19

Actualidad

Foto del resto de noticias (union-europea-bandeiras.jpg) O director xeral de Relacións Exteriores e coa UE, Jesús Gamallo, participou na sesión plenaria do Comité Europeo das Rexións (CdR), onde Galicia presentou 21 emendas a catro dos ditames sometidos a aprobación. Un dos máis relevantes para a comunidade foi o ditame sobre a ferramenta de facilitación transfronteiriza. Calcúlase que a eliminación do 20% das barreiras e obstáculos xurídicos e administrativos actuais entre rexións de fronteira na UE -entre as que se atopa Galicia, que conforma unha Eurorrexión xunto co Norte de Portugal- permitiría aumentar o seu PIB nun 2% e crear nelas ata un millón de empregos.
Foto de la tercera plana (cdc-01.jpg) InnovArt 24, o maior evento en Galicia de promoción e difusión das ensinanzas artísticas, de idiomas e deportivas propicia o encontro entre as vocacións e os profesionais, e facilita que o alumnado de diferentes niveis educativos se familiaricen e tomen contacto cos eidos da arte dramática, as artes plásticas e deseño, a conservación e restauración de bens culturais, a danza, as ensinanzas deportivas, os idiomas e a música. A feira conta cunha zona de 4.100 m² no Museo Centro Gaiás, na que os visitantes poden participar en obradoiros de artes plásticas e deseño, traballos de conservación e restauración de bens culturais, actividades deportivas didácticas de música, arte dramática e danza, así como de idiomas. Tamén se ofrecen mostras e exhibicións das distintas ensinanzas, concertos, conferencias e espectáculos escénicos en directo.

Notas

Mostrar á cidadanía os resultados do traballo realizado ao longo do curso nas aulas teatrais dos tres campus da UVigo, á vez que achegar a cidade propostas escénicas chegadas desde outros países. Estes dous obxectivos conflúen na XV Mostra Internacional de Teatro Universitario de Pontevedra (Miteu), que se desenvolverá entre o 24 de abril e o 3 de maio, con cinco funcións con entrada libre no Teatro Principal, todas elas ás 20.30 horas.
A Sala Cloud do Centro de Investigación en Tecnoloxías da Información e as Comunicacións (CITIC) acollerá o vindeiro martes un novo taller do ciclo HumanIA UDC, organizado polo Consello Social e a Facultade de Humanidades da UDCe por dito centro. Baixo o título 'Perfís profesionais: Humanidades e IA', a experta en lingüística, tecnoloxía e diversidade, Cristina Aranda, cofundadora de Big Onion e Mujeres Tech, explicará as claves da cooperación entre perfís profesionais de cara ao futuro e presente da IA.
PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES