Noticias

La política gallega fija los objetivos para 2018. Los partidos coinciden en colocar el empleo y la financiación autonómica entre las prioridades

Los partidos políticos gallegos fijan sus objetivos prioritarios para el nuevo año. Crear empleo e impulsar la recuperación económica son algunas de las prioridades de a agenda política del PPdeG para 2018. En la oposición, En Marea apuesta por desenmascarar la "irrelevancia política" de Feijóo y defender servicios y empleo "dignos". El PSdeG pide a la Xunta que reclame los 321 millones que el Estado le "quita" y el BNG marca 2018 como año en el que se debe afrontar la reforma del "agotado" Estatuto de autonomía y el "injusto" modelo de financiación de Galicia.

Nota de prensa del Gabinete de Comunicación del PPdeG:

A viceportavoz do Grupo Popular, Paula Prado, fixou como principais obxectivos neste ano 2018 a creación de emprego, o impulso da recuperación económica e a mellora do Estado do Benestar. Demandou á oposición “deixar á marxe ás súas posicións ideolóxicas e traballar todos xuntos para sacar o máximo proveito aos 65 comparecentes e á extensa documentación solicitada” na Comisión de Estudo sobre política forestal e loita contra os incendios forestais.

Paula Prado indicou que o Grupo Popular “procederá á actualización das nosas iniciativas de impulso e control ao Goberno galego, coa vista posta en tres obxectivos para os que vimos traballando nesta lexislatura”. En primeiro lugar, Prado lembrou que “o obxectivo do PPdeG para a presente lexislatura é a creación de entre 80.000 e 100.000 postos de traballo, situando a taxa de paro por baixo do 10 por cento”. “Son uns obxectivos ambiciosos, pero que cada vez vemos máis cerca logo de que durante o 2017 o desemprego en Galicia baixara en case 21.000 persoas, o que supón a maior caída interanual, en termos relativos, desde hai 20 anos”. “Porén, debemos seguir traballando para que as 185.000 persoas que aínda se atopan sen emprego en Galicia poidan acceder a un posto de traballo no menor prazo de tempo posible”, dixo.

Ligado á creación de emprego, a viceportavoz popular situou como obxectivo continuar co proceso de recuperación da economía galega. Neste sentido, explicou que o PIB galego acumula xa dous anos con taxas de crecemento iguais ou superiores ao 3 por cento, “o que nos fai ser optimistas de cara a que no presente ano se cumpran os prognósticos do Goberno galego de conseguir un crecemento do 2,5 por cento, por enriba do estimado para España e Europa”.

Neste sentido, destacou que “este impulso económico que estamos a vivir estase a trasladar pouco a pouco ás familias galegas”, tal e como o puxo de manifesto a última Enquisa Estrutural de Fogares publicada polo Instituto Galego de Estatística (IGE), onde se sinala que o ingreso medio dos fogares galegos aumentou en 2016 un 4%, ata superar os 2.000 euros por primeira vez desde 2009. Esta enquisa tamén mostra unha redución do 3,2 por cento dos fogares que chegan con dificultade económica a fin de mes.

O Grupo Popular tamén porá especial énfase nas súas iniciativas na mellora do Estado do Benestar: a sanidade, a educación e a prestación dos servizos sociais. Así, lembrou que “a situación de recuperación económica permitiu ao Goberno galego incrementar este ano 380 millóns de euros o gasto social, superando os 7.100 millóns de euros”, ao tempo que subliñou que “imos traballar para chegar ás 60.000 persoas en situación de dependencia atendidas, mellorando o apoio ás familias e á infancia; e á integración das persoas en risco social”.

Paula Prado referiuse, por último, á Comisión de estudo sobre a política forestal e a loita contra os incendios forestais, sobre a que afirmou que se trata “dunha das cuestións que maior esforzo e dedicación vai ter por parte dos deputados do Grupo Popular, co obxectivo de sacar adiante unhas conclusións co maior respaldo posible dos grupos políticos”. “Para elo, mantemos a nosa man tendida para avanzar e sacar o máximo proveito tanto á extensa documentación que se ten solicitado como aos 65 comparecentes que pasarán por esta Comisión de Estudo, de xeito que entre todos sexamos capaces de concretar medidas e novas políticas que garantan o futuro dun monte galego multifuncional, vivo e dinámico, sustentable e rendible economicamente”.

Nota de prensa del Gabinete de Comunicación de En Marea:

O voceiro de En Marea, Luís Villares, e a vicevoceira Carmen Santos, mantiveron un almorzo informativo no Parlamento de Galicia durante o que adiantaron as liñas de traballo que marcarán o traballo do grupo neste ano que acaba de comezar. Así, referiuse a xustiza social que salientou Villares terá que se traducir na mellora das condicións de vida da maioría social pasando polo mantemento dun sistema sanitario digno neste país e acabar coa pobreza enerxética entre outras cuestións e que o grupo parlamentario continuará a tratar no Parlamento nas vindeiras semanas.

En segundo lugar, En Marea loitará por que se garanta un traballo digno e con dereitos. “Abonda xa de precariedade laboral” salientou Luís Villares que está a lastrar o desenvolvemento do noso país e frustra tamén as expectativas de para exercer a paternidade e maternidade o que explica de xeito moi significativo o declive de poboación que estamos a vivir. “A única forma de acabar co problema demográfico é garantir o acceso aos servizos esenciais e emprego con dereitos en todo o territorio” afirmou o voceiro de En Marea.

Luís Villares salientou o compromiso de En Marea por continuar a traballar en favor da cohesión territorial. “Foi unha tomadura de pelo absolutamente irresponsable o que se fixo coa comisión de estudo dos lumes forestais, En Marea defendeu que se falara de territorio, produción e país no seu conxunto” declarou.

O voceiro de En Marea comprometeuse polo tanto a continuar con esta liña de traballo dentro do Parlamento pero, aínda máis importante, nas rúas do noso país. Un Parlamento no que “o PP está ebrio dunha maioría absoluta que lles impide no só chegar a acordos senón escoitar á cidadanía” e no que será En Marea a que como alternativa de goberno para o noso país defenderá e loitará por que sexa escoitada.

O voceiro referiuse tamén á serie de actos que En Marea está a levar a cabo polo territorio desde a vaga de lumes, na que se teñen xa realizado catro encontros comarcais nos que se está a presentar a alternativa territorial de En Marea. Actos que continuarán por outros tantos lugares afectados polos lumes para continuar despois nas cidades.

En Marea levará ademais as súas conclusións á comisión de estudo dos lumes aínda que “o PP non vaia a aceptar nada xa que se pensan en posición da verdade cando o que teñen é unicamente unha maioría acadada hai ano e medio e que hoxe sería outro resultado xa que á cidadanía está decepcionada co Partido Popular”.

Nota de prensa del Gabinete de Comunicación del PSdeG:

O portavoz do Grupo Socialista, Xoaquín Fernández Leiceaga, acusou ao goberno central de utilizar a recadación tributaria das comunidades autónomas como “chantaxe” para o debate orzamentario. Advertiu que o recálculo das entregas a conta dos impostos recadados suporá unha diminución de 321 millóns de euros para Galicia.

Leiceaga criticou esta decisión “unilateral que rompe a lealdade institucional” en base a un “argumento falso e falaz”. O ministerio de Facenda, dixo, apunta que reducirá estas aportacións porque non están aprobados os Orzamentos para 2018 cando “non teñen nada que ver” porque se trata duns ingresos que proceden de impostos recadados en Galicia –a metade do IVE e o IRPF e o 58 por cento dos Impostos Especiais-.

O portavoz socialista explicou que o goberno central debe facer unha entrega mensual sobre o previsto das entregas a conta, que son revisadas dous anos despois, e que en xullo pasado supuxo un aumento de ingresos para Galicia. Pero, explicou, “a golpe de xaneiro nos atopamos con 321 millóns de euros menos” que xa estaban incluídos nos orzamentos da Xunta.

Fernández Leiceaga presentou unha serie de iniciativas parlamentarias para que a Xunta explique que pensa facer diante desta decisión que suprime de golpe toda a marxe orzamentaria da que dispoñía a Consellería de Facenda. Preguntou “se vai reformar o orzamento de 2018, como xa fixo en xullo para incorporar os novos ingresos, pero desta volta para reducilos”, ou se vai reducir o gasto previsto.

Esixiulle ao goberno galego que adopte unha “actitude decidida para reclamar” estas partidas logo de sinalar que o Goberno non deixa de recadar os 321 millóns de euros, senón que “queda con eles”.

Esta redución súmase á desaparición do imposto de Patrimonio en Galicia, logo de que o goberno central decidira non prorrogalo, en contra do que viña facendo cada ano dende 2013, aducindo de novo que non se teñan aprobado os orzamentos xerais. Ao non existir o decreto de prórroga “a día de hoxe non está vixente” este tributo, polo que Galicia queda sen en torno a 71 ou 72 millóns de euros sen que a Xunta se teña pronunciado.

O portavoz socialista ligou estas dúas decisións ao desleixo amosado por Feijóo e o goberno galego diante da decisión de Rajoy de adiar o debate sobre o novo modelo de financiamento que tiña que ter rematado en 2017. Lembrou que Galicia segue a ser claramente discriminada con relación ás comunidades autónomas máis ricas e aquelas que incumpren coas obrigas de déficit e débeda.

Os socialistas galegos presentaron unha iniciativa parlamentaria para urxirlle á Xunta que defenda un 10 por cento adicional de recursos para Galicia, e que garanta manter “como mínimo” o peso relativo en financiamento por habitante, evitando discriminacións e garantindo o principio de solidariedade por parte do País Vasco e Navarra.

Nota de prensa del Gabinete de Comunicación del BNG:

Crear emprego digno e mellorar as pensión, blindar os servizos públicos, frear a sangría demográfica e poñer fin á irrelevancia política á que o presidente da Xunta arrastra a Galiza son as prioridades do traballo político do BNG enumeradas pola portavoz nacional, Ana Pontón, no arranque do novo período de sesións. Para sacar adiante estas prioridades o Bloque considera imprescindible acometer dous grandes debates: novo modelo institucional e o novo sistema de financiamento.

“As nosas prioridades de traballo afectan aos graves problemas do país que só poden superarse con cambios estruturais para poder mellorar as condicións de vida dos e das galegas: En primeiro lugar o debate sobre o novo modelo institucional para dotar Galiza de capacidade de decisión sobre todas as cuestións que lle afectan e, en segundo lugar, un novo modelo de financiamento para acabar cun sistema que nos discrimina e que non garante a nosa suficiencia financeira”, explicou Pontón.

No primeiro caso, o Bloque propón crear no primeiro trimestre do ano unha ponencia parlamentaria que, “desde o sosego”, permita unha reflexión sobre o fin do modelo actual, esgotado e fracasado, e poñer en marcha unha novo marco institucional para Galiza desde o seu recoñecemento como nación. “É un debate que xa está aberto no Estado e Galiza non pode quedar como mera espectadora senón que debe ser protagonista marcando tempos e prioridades”, indicou a dirixente nacionalista.

En relación ao segundo debate, o BNG propón un concerto económico que aportaría 3.500 millóns de euros adicionais para financiar servizos públicos, activar os sectores económicos e facilitar a creación de emprego. Sen embargo, nada se sabe da alternativa do Executivo de Feijóo: “O goberno oculta información ao Parlamento e non sabemos que proposta enviou a Xunta ao Estado cando se trata dunha cuestión de máxima actualidade e relevancia para Galiza, de feito, o curso parlamentario debería iniciarse cunha comparecencia do presidente galego previo envío de toda a documentación”, demandou, “se o concerto económico é un modelo exitoso para Euskadi, non sabemos porque Feijóo non o quere para Galiza e prefire que perdamos oportunidades”.

Xunto cos dous grandes debates, -novo modelo institucional e de financiamento-, o Bloque seguirá coa campaña en contra da estafa das peaxes e pola transferencia da AP9, en demanda dunha tarifa eléctrica galega que poña fin ao espolio enerxético, pola modernización de ferrocarril no interior de Galiza, “porque fora do Eixo atlántico o servizo é decimonónico”, e en defensa dos servizos públicos, en particular contra a nova agresión contra a sanidade que supón a reforma da Lei de Sanidade aprobada en solitario polo PP para avanzar na privatización do sistema público de saúde.

R., 2018-01-08

Actualidad

Foto del resto de noticias (union-europea-bandeiras.jpg) O director xeral de Relacións Exteriores e coa UE, Jesús Gamallo, participou na sesión plenaria do Comité Europeo das Rexións (CdR), onde Galicia presentou 21 emendas a catro dos ditames sometidos a aprobación. Un dos máis relevantes para a comunidade foi o ditame sobre a ferramenta de facilitación transfronteiriza. Calcúlase que a eliminación do 20% das barreiras e obstáculos xurídicos e administrativos actuais entre rexións de fronteira na UE -entre as que se atopa Galicia, que conforma unha Eurorrexión xunto co Norte de Portugal- permitiría aumentar o seu PIB nun 2% e crear nelas ata un millón de empregos.
Foto de la tercera plana (cdc-01.jpg) InnovArt 24, o maior evento en Galicia de promoción e difusión das ensinanzas artísticas, de idiomas e deportivas propicia o encontro entre as vocacións e os profesionais, e facilita que o alumnado de diferentes niveis educativos se familiaricen e tomen contacto cos eidos da arte dramática, as artes plásticas e deseño, a conservación e restauración de bens culturais, a danza, as ensinanzas deportivas, os idiomas e a música. A feira conta cunha zona de 4.100 m² no Museo Centro Gaiás, na que os visitantes poden participar en obradoiros de artes plásticas e deseño, traballos de conservación e restauración de bens culturais, actividades deportivas didácticas de música, arte dramática e danza, así como de idiomas. Tamén se ofrecen mostras e exhibicións das distintas ensinanzas, concertos, conferencias e espectáculos escénicos en directo.

Notas

Mostrar á cidadanía os resultados do traballo realizado ao longo do curso nas aulas teatrais dos tres campus da UVigo, á vez que achegar a cidade propostas escénicas chegadas desde outros países. Estes dous obxectivos conflúen na XV Mostra Internacional de Teatro Universitario de Pontevedra (Miteu), que se desenvolverá entre o 24 de abril e o 3 de maio, con cinco funcións con entrada libre no Teatro Principal, todas elas ás 20.30 horas.
A Sala Cloud do Centro de Investigación en Tecnoloxías da Información e as Comunicacións (CITIC) acollerá o vindeiro martes un novo taller do ciclo HumanIA UDC, organizado polo Consello Social e a Facultade de Humanidades da UDCe por dito centro. Baixo o título 'Perfís profesionais: Humanidades e IA', a experta en lingüística, tecnoloxía e diversidade, Cristina Aranda, cofundadora de Big Onion e Mujeres Tech, explicará as claves da cooperación entre perfís profesionais de cara ao futuro e presente da IA.
PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES