Noticias

La oposición en el Parlamento de Galicia critica la aprobación de la Ley de Acopañamiento a los Presupuestos del PPdeG

Partidos de la oposición como el PSdeG y el BNG criticaron la aprobación en el Pleno del Parlamento de Galicia de la Ley de Acompañamiento de los Presupuestos que, según el PSdeG, modifica 20 leyes sin permitir el debate parlamentario. En la misma línea se pronuncia el BNG que considera que esta ley se utiliza como "puerta de atrás" para evitar también el debate social que necesitan las reformas importantes.

Nota de prensa del Gabinete de Comunicación del PSdeG:

A portavoz de Facenda do Grupo Socialista, Begoña Rodríguez Rumbo, dixo que a Lei de Acompañamento aos Orzamentos, aprobada co voto en contra do PSdeG, demostra a “desidia e improvisación” da Xunta de Galicia. Criticou que o goberno galego teña recorrido a este mecanismo, que debera ser excepcional, para modificar 20 leis, 12 delas presentadas polo propio Feijóo.

Criticou un xeito “prepotente” de lexislar, co que “desprezan ao Parlamento e a labor da oposición” utilizando este mecanismo para burlar os informes previos ás leis, vulnera o principio de transparencia e participación e imposibilita acadar acordos parlamentarios. Lembra que entre 2010 e 2017, Feijóo modificou un total de 396 cuestións normativas de 70 leis diferentes, excluíndo as fiscais, a través deste mecanismo.

Advertiu que esta Lei de Acompañamento “nada ten que ver cos ingresos ou gastos dos Orzamentos”, inclúe preceptos inconexos e é “desaconsellada de maneira maioritaria” pola doutrina lexislativa, provocando unha “merma na calidade política e xurídica”. Lembrou que Feijóo xa utilizou este trámite en 6 ocasións en 8 anos, polas 7 de Fraga en 15 anos e ningunha de Emilio Pérez Touriño.

Sinalou ademais que o propio PP está a “recoñecer a culpa deste Goberno pola súa desidia” cando a Lei de Acompañamento, que de por si emenda 20 leis, recibe un total de 48 emendas do grupo que sustenta ao goberno. Esta situación supón o recoñecemento de que “a Xunta non está preparada para atender a Galicia fronte a casos como a vaga de lumes”, e as súas políticas resultan “ineficaces ou inexistentes”.

A Lei foi aprobada finalmente incorporando unha emenda presentada polo grupo socialista e outras 10 transaccionadas co PP “porque somos un grupo responsable para o que o mais importante é lograr que as leis aprobadas por este Parlamento poidan ser melloradas substancialmente coas nosas aportacións”.

Nota de prensa del Gabinete de Comunicación del BNG:

A parlamentaria do BNG, Olalla Rodil cualificou de “estafa e subterfuxio” o uso que fai o Partido popular da Lei de Acompañamento. Para a nacionalista, esta lei ten un carácter excepcional e urxente que debe incluír só reformas legais indispensábeis para a correcta execución orzamentaria pero en ningún caso como “porta de atrás para non celebrar o debate parlamentario e social que precisan as reformas de calado como a Lei de prevención de incendios ou montes veciñais en man común.

Dende o ano 2009 lembrou Rodil, o Partido Popular usa a Lei de Acompañamento como “totum revolutum” ou caixón de xastre para modificar leis, “20 este ano, a través dun procedemento acelerado”. No BNG, rexeitamos este texto lexislativo, remarcou a nacionalista.

A respecto das medidas fiscais, o Partido Popular renega de adoptar outra fiscalidade máis progresiva e equitativa para garantir unha maior redistribución da riqueza. Neste sentido, defendeu as emendas presentadas polo BNG que permitirían recadar maiores recursos económicos cos que blindar e mellorar os servizos públicos, e dinamizar economicamente o noso país.

“Aplicar unha maior progresividade aos tramos autonómicos do Imposto sobre a Renda das Persoas Físicas (IRPF), con gravames adicionais para bases impoñíbeis superiores aos 60 mil euros e, sobre todo, aquelas rendas que superen os 120 mil euros”.

Ao que sumou, crear, dentro da limitada capacidade que lle recoñece o marco político actual ao Goberno galego, un imposto que grave o impacto económico, ecolóxico e social das grandes áreas comerciais e restaurar realmente o Imposto de Patrimonio gravando aqueles superiores a 300 mil euros, excluída a vivenda habitual. Estas dixo, son propostas afirmou, “con encaixe no encorsetado marco actual”.

En relación ao conxunto de medidas administrativas incluídas na Lei de Acompañamento insistimos en rexeitar este mecanismo como ferramenta para acometer reformas de calado en leis de enorme importancia como a Lei de montes veciñais en man común.

Nesta liña engadiu que a figura dos montes comunais, marcada polo seu carácter asemblear, “non pode ser reformada sen consultar as asembleas de comuneiros e a organización que as representa” e menos aínda cando o que pretende o Partido popular é abrir unha porta para entregar a súa xestión a mans privadas valéndose da declaración do monte en grave estado de abandono con criterios discrecionais.

“Desde o BNG continuamos a defender esta forma de propiedade, a necesidade de revitalizar e recuperar as asembleas comuneiras e sobre todo camiñar cara á un aproveitamento multifuncional do monte que equilibre a súa tripla vertente: económica, ecolóxica e social”.

Outras modificacións que introducen, por exemplo á Lei de depredación; aprobada este mesmo ano, hai apenas uns meses; ou a Lei de Solo, na que van vostedes pola “enésima reforma” en pouco máis dun ano, deixan en evidencia que lexislan “a impulsos e que se autoemendan por parroquias”.

Para autoemenda, recalcou Rodil, a da Lei de prevención de incendios. Recúan vostedes nalgunhas das decisións tan lesivas que adoptaron entre 2009 e 2010. Amplían as franxas de protección e xestión da biomasa despois de telas reducido por puro sectarismo político e introducen tamén mudanzas –algunhas delas despois das transaccións acordadas co noso grupo-- para redixir de maneira máis clara e coa debida seguridade xurídica, a execución subsidiaria naqueles predios sen propietario coñecido, abandonados ou repoboados con especies prohibidas. Estas recomendacións formuladas pola FEGAMP foron recollidas nas nosas emendas, non porque coincidamos coa política forestal do Partido Popular, senón porque despois do acontecido este verán e especialmente no mes outubro, o BNG asume a súa responsabilidade introducindo os cambios legais que sexan precisos para mellorar a situación actual.

No BNG temos moi clara unha cousa, o que se recolle na Lei de Acompañamento referido á prevención de incendios ou á mobilidade de terras, son “medidas conxunturais” que non van resolver un problema multicausal como son os incendios e moito menos atallar a realidade actual do monte e por iso, presentamos propostas de diálogo cando Galiza, no mes de xuño, aínda non ardía. Por carta ao presidente da Xunta e con múltiples iniciativas que defendemos neste hemiciclo. “A todo se nos dixo que non ou se nos deu a calada por resposta”.

Urxíamos o PP, xa daquela, a abordar o abandono do rural e do monte, a falta de ordenación territorial e forestal, a fortísima presenza de especies foráneas e pirófitas (eucalipto e piñeiro), o cambio climático, a seca, a desestacionalización dos incendios, a precarización das condición de traballo e do propio servizo de prevención e extinción dos lumes. “A todo dixeron que non”, concluíu Rodil.

Nota de prensa del Gabinete de Comunicación del PPdeG:

O Parlamento galego aprobou a Lei de medidas fiscais e administrativas que acompañan aos orzamentos da Xunta para 2018. A viceportavoz popular, Paula Prado, salientou as transaccións acordadas para a modificación da Lei de prevención e defensa dos incendios forestais e felicitouse “porque fomos quen de consensuar cuestións fundamentais para o futuro forestal de Galicia”.

Prado explicou que a ampla coincidencia entre as emendas presentadas polo Grupo Popular e o BNG responde a que os deputados nacionalistas fixeron un copia e pega das propostas que o vicepresiente da Xunta e a conselleira do Medio Rural trasladaron á directiva da Fegamp o 15 de novembro. “26 das 29 emendas rexistradas polo BNG referidas á política forestal son exactamente o mesmo texto que a Xunta entregou á Fegamp, polo que practicamente coinciden na súa integridade coas rexistradas polo Grupo Popular coas propostas avanzadas polo Presidente da Xunta”, sinalou.

Deste xeito, e de cara á Comisión de estudo sobre política forestal, a viceportavoz popular demandou aos grupos da oposición que “se centren e concreten o modelo de política forestal que queren, porque será importante para chegar a acordos”. “Temos claro que coinciden con nós en moitas cousas e non pasa nada por recoñecelo. Deixen de intentar aparentar que temos modelos moi diferentes porque a proba máis evidente de que están de acordo co noso modelo son as emendas presentadas a esta Lei”, indicou.

A Lei de medidas incorpora, ademais, a emisión de distintivos da actividade de arrendamento de vehículos con condutor, atendendo ás reclamacións maioritarias do sector. O Grupo Popular considera conveniente mellorar a sinalización dos vehículos destinados á prestación de servizos de alugueiro con condutor, co fin de facilitar a clarificación das dúas categorías de servizos de transporte de vehículos de turismo: a prestada mediante taxis e a desenvolta mediante vehículos de arrendamento con condutor.

Paula Prado centrou a súa intervención nas emendas presentadas polos grupos parlamentarios ao artigo 15 da Lei de medidas, dirixido á modificación da Lei 3/2007 de prevención e defensa contra os incendios forestais. Neste sentido, lembrou que “as nosas emendas recollían as propostas realizadas polo Presidente da Xunta na súa comparecencia no Parlamento do pasado mes de outubro sobre a vaga de lumes”.

“Houbo un alto grao de consenso entre os grupos parlamentarios sobre a idoneidade das medidas que se introducen”, indicou a viceportavoz popular. En concreto, sinalou que o BNG presentara 15 emendas, das que se transaccionaron 13; o PSOE presentara 10, das que 5 foron incorporadas; e En Marea formulara 7 emendas e se transaccionaron 6.

Prado explicou que a ampla coincidencia entre as emendas presentadas polo Grupo Popular e o BNG responde a que os deputados nacionalistas fixeron un copia e pega das propostas que o vicepresiente da Xunta e a conselleira do Medio Rural trasladaron á directiva da Fegamp o 15 de novembro. “26 das 29 emendas rexistradas polo BNG referidas á política forestal son exactamente o mesmo texto que a Xunta entregou á Fegamp, polo que practicamente coinciden na súa integridade coas rexistradas polo Grupo Popular coas propostas avanzadas polo Presidente da Xunta”, sinalou.

Deste xeito, e de cara á Comisión de estudo sobre política forestal, a viceportavoz popular demandou aos grupos da oposición que “se centren e concreten o modelo de política forestal que queren, porque será importante para chegar a acordos”. “Temos claro que coinciden con nós en moitas cousas e non pasa nada por recoñecelo. Deixen de intentar aparentar que temos modelos moi diferentes porque a proba máis evidente de que están de acordo co noso modelo son as emendas presentadas a esta Lei”, indicou.

A Lei de medidas incorpora, ademais, a emisión de distintivos da actividade de arrendamento de vehículos con condutor, atendendo ás reclamacións maioritarias do sector. O Grupo Popular considera conveniente mellorar a sinalización dos vehículos destinados á prestación de servizos de alugueiro con condutor, co fin de facilitar a clarificación das dúas categorías de servizos de transporte de vehículos de turismo: a prestada mediante taxis e a desenvolta mediante vehículos de arrendamento con condutor.

R., 2017-12-19

Actualidad

Foto del resto de noticias (aqui-tamen-se-fala-2024.jpg) O evento, que reunirá na cidade herculina a artistas contemporáneos do talle de Grande Amore, Boyanka Kostova, Lontreira e Leria, nace co obxectivo de potenciar a música actual en galego, e se enmarca na iniciativa cultura homónima nacida no Equipo de Dinamización da Lingua Galega do instituto Rafael Dieste co obxectivo de promover o uso do galego entre a mocidade. A día de hoxe, involucra máis de 200 centros de toda a comunidade e preto de 50.000 estudantes que, a través de entrevistas, actuacións e campañas nas redes sociais, animan a rapazada a falar na lingua propia de Galicia.
Foto de la tercera plana (dron-bfa.jpg) A Business Factory Aero, o programa de incubación, aceleración e consolidación de empresas do sector aeroespacial, promovido pola Xunta de Galicia e xestionado pola Fundación CEL Iniciativas por Lugo, foi escollido pola Fundación de las Cajas de Ahorro (Funcas) e pola Universidad Rey Juan Carlos como a mellor Aceleradora en 2024 na categoría de Avanzadas. Este primeiro posto no ranking nacional supón un importante recoñecemento ao labor desenvolvido polo Goberno galego, no marco do Polo Aeroespacial de Galicia, para a retención e atracción de talento no sector e para a creación de emprego de alta cualificación na comunidade.

Notas

O Seminario de Inicio do Proxecto Caprif-CC: Comunidades activas e paisaxes resilientes a incendios forestais e cambio climático, desenvolveuse no Centro de Estudos Avanzados da USC, onde o inaugurou a vicerreitora de Titulacións e Internacionalización da USC, María José López Couso; o director da Fundación Juana de Vega, José Manuel Andrade; e o director da Fundación CEER, Ángel Miramontes.
Definida como a rama da política que se encarga das relacións entre estados, a diplomacia asociouse historicamente á actuación dos executivos nacionais. Non obstante, nun mundo marcado pola globalización, tanto os gobernos autonómicos como os locais levan a cabo iniciativas de acción exterior, do mesmo xeito que as actuacións de institucións como os parlamentos teñen unha incidencia internacional.
PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES