Noticias

Economistas certifican la consolidación de la economía gallega y creen que la mejoría debería trasladarse al empleo y a los salarios

El Foro Económico de Galicia certifica en su último informe la recuperación de Galicia tras ocho trimestres consecutivos registrando un ritmo de crecimiento superior al 3%. Sin embargo, los economistas autores de este documento advierten de la "inestabilidad" del modelo y ponen el foco en que los salarios no mejoran al mismo ritmo que los datos macroeconómicos. Los mismos expertos señalan que se recuperaron "niveles precrisis" en términos macro, pero esta mejoría no se refleja ni en el empleo ni en las condiciones laborales.

Nota de prensa del Foro Económico de Galicia:

A economía galega mantén, por oitavo trimestre consecutivo, un crecemento superior ao 3%, amosando no terceiro trimestre do ano unha taxa de variación interanual do 3,1% (unha décima menos que no trimestre anterior). Este feito consolida unha evolución semellante á da economía española que permite que sexan xa cinco os trimestres por riba da media do conxunto do Estado.

Dende o punto de vista da demanda, tanto a demanda interna como a externa presentan unha achega positiva, sendo a interna a que explica en maior medida o crecemento neste terceiro trimestre de 2017. Pola outra banda, no lado da oferta, todas as ramas de actividade presentan taxas de variación interanuais positivas, salientando a construción que se sitúa como o sector de maior crecemento da economía galega, cun incremento do 4,2%.

NoticiaO mercado de traballo galego presenta un comportamento razoablemente positivo en termos cuantitativos atendendo á evolución dos principais indicadores laborais considerados. Non obstante, a súa evolución vese matizada polo seu peor comportamento en relación á media española, a paulatina caída da poboación activa de 25 a 34 anos, a elevada taxa de temporalidade, e o aínda elevado peso relativo do paro de longa duración.

R., 2017-12-14

Actualidad

Foto del resto de noticias (aqui-tamen-se-fala-2024.jpg) O evento, que reunirá na cidade herculina a artistas contemporáneos do talle de Grande Amore, Boyanka Kostova, Lontreira e Leria, nace co obxectivo de potenciar a música actual en galego, e se enmarca na iniciativa cultura homónima nacida no Equipo de Dinamización da Lingua Galega do instituto Rafael Dieste co obxectivo de promover o uso do galego entre a mocidade. A día de hoxe, involucra máis de 200 centros de toda a comunidade e preto de 50.000 estudantes que, a través de entrevistas, actuacións e campañas nas redes sociais, animan a rapazada a falar na lingua propia de Galicia.
Foto de la tercera plana (dron-bfa.jpg) A Business Factory Aero, o programa de incubación, aceleración e consolidación de empresas do sector aeroespacial, promovido pola Xunta de Galicia e xestionado pola Fundación CEL Iniciativas por Lugo, foi escollido pola Fundación de las Cajas de Ahorro (Funcas) e pola Universidad Rey Juan Carlos como a mellor Aceleradora en 2024 na categoría de Avanzadas. Este primeiro posto no ranking nacional supón un importante recoñecemento ao labor desenvolvido polo Goberno galego, no marco do Polo Aeroespacial de Galicia, para a retención e atracción de talento no sector e para a creación de emprego de alta cualificación na comunidade.

Notas

O Seminario de Inicio do Proxecto Caprif-CC: Comunidades activas e paisaxes resilientes a incendios forestais e cambio climático, desenvolveuse no Centro de Estudos Avanzados da USC, onde o inaugurou a vicerreitora de Titulacións e Internacionalización da USC, María José López Couso; o director da Fundación Juana de Vega, José Manuel Andrade; e o director da Fundación CEER, Ángel Miramontes.
Definida como a rama da política que se encarga das relacións entre estados, a diplomacia asociouse historicamente á actuación dos executivos nacionais. Non obstante, nun mundo marcado pola globalización, tanto os gobernos autonómicos como os locais levan a cabo iniciativas de acción exterior, do mesmo xeito que as actuacións de institucións como os parlamentos teñen unha incidencia internacional.
PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES