Noticias

La portavoz del BNG, Ana Pontón, reclama para Galicia un concierto como el vasco

La portavoz nacional del BNG, Ana Pontón, confirma la apuesta que hace la formación nacionalista gallega por un concierto como el vasco y "más soberanía". Considera que, si se publicasen los balances fiscales, revelarían que en Galicia no existe "dependencia" del Estado, lo que no beneficiaría el discurso "centralista", según la nacionalista. Ana Pontón, en su intervención en el Fórum Europa-Tribuna Galicia, denuncia la "letal irrelevancia" en la que se encuentra Galicia bajo la presidencia de un Alberto Núñez Feijóo "subordinado" a Mariano Rajoy.

Nota de prensa del Gabinete de Comunicación del BNG:

A portavoz nacional, Ana Pontón, defende máis poder económico e político para Galiza ante os dous grandes debates que están encima da mesa: Financiamento autonómico e modelo de Estado. En ambos retos, a dirixente do Bloque aposta por empoderar Galiza, no financeiro cun concerto económico similar ao de Euskadi e Navarra, e no político con autogoberno real desde o recoñecemento da nación galega, superando o actual marco institucional herdado do réxime do 78.

Concerto económico e Bases Democráticas son pois as propostas do BNG para evitar que Galiza lonxe de avanzar, retroceda. “Temos dúas alternativas: A de Feijóo converte este país en mero espectador, perdendo o tren ao que outros territorios se van subir para avanzar e prosperar. A alternativa que defende o BNG pasa por converter Galiza en protagonista dun momento histórico decisivo, para evitar perder posicións no político, no económico e no social”, apelou na súa intervención ante as 250 persoas que asistiron a conferencia organizada en Santiago polo Forum Europa.

Pontón advertiu do custe que pagan os e as galegas pola “subordinación” de Feijóo a Rajoy e polo seu seguidismo da estratexia de recentralización do PP, que fan que cada vez Galiza conte menos no conxunto do Estado. “A irrelevancia política é a gran ameza para construír un país próspero, cunha economía forte e competitiva, con emprego e salarios decentes, con servizos públicos do século XXI e cunha lingua e cultura fortes”, alegou, tras enumerar algunhas das “elevadas facturas” do entreguismo de Feijóo: Veto a AP9, espolio enerxético, retrasos no AVE, exclusión do corredor atlántico de mercadorías, liquidación do sistema financeiro galego e cero avances en autogoberno.

Para conxurar esta situación, a dirixente nacionalista aposta por ganar cotas de poder económico e político como antídoto contra a perda de status institucional e deixar atrás o lastre da dependencia. “Non temos que ter medo a ser independentes e decidir nós sobre o noso, porque o peor que nos pode pasar é esta relación asimétrica co Estado, unha relación que non é de igualdade, senón de subordinación e de dependencia, e ese problema de dependencia lastra o noso futuro no político, no económico e no social”, argumentou.

A proposta do Bloque en materia de financiamento pasa por un concerto económico que permita a xestión do 100% dos recursos do país, cunha facenda e banca públicas que dean paso a unha fiscalidade xusta, -“porque non se pode permitir que as PEMES tributen ao 25%, mentres as corporacións do IBEX 35 pagan un 5%-, e fagan chegar o crédito a familias e empresas.

“Queremos darlle a volta a situación, quitarlle a chave dos nosos recursos a Montoro para darlla aos galegos e galegas a través do seu Goberno”, explicou, tras criticar a falta de propostas da Xunta neste tema de calado, e incidindo na necesidade de botar por terra “a falsa idea de que Galiza é un país pobre que precisa da solidariedade do Estado”, por contra, “ninguén nos regala nada e aportamos máis do que recibimos”.

En relación ao debate sobre o modelo de Estado, a proposta do BNG está definida nas Bases Democráticas, “para avanzar en soberanía e autogoberno real partindo do recoñecemento pleno da nación galega e camiñar cara unha democracia avanzada e con dereitos”, salientou. Esta proposta pretende ser punto de partida para un debate “sereno” con conxunto da sociedade para definir un novo status institucional “que supere os traxes estreitos da Constitución e do Estatuto”.

Pontón pechou a súa intervención apelando á necesidade de facer política con maiúsculas, “a que representa ideas e proxectos colectivos que queren transformar a realidade”, e proclamando a súa confianza nas capacidades de Galiza apostando “por rachar co centralismo e a subordinación política”.

Fotografía: Gabinete de Comunicación del BNG

R., 2017-11-29

Actualidad

Foto del resto de noticias (union-europea-bandeiras.jpg) O director xeral de Relacións Exteriores e coa UE, Jesús Gamallo, participou na sesión plenaria do Comité Europeo das Rexións (CdR), onde Galicia presentou 21 emendas a catro dos ditames sometidos a aprobación. Un dos máis relevantes para a comunidade foi o ditame sobre a ferramenta de facilitación transfronteiriza. Calcúlase que a eliminación do 20% das barreiras e obstáculos xurídicos e administrativos actuais entre rexións de fronteira na UE -entre as que se atopa Galicia, que conforma unha Eurorrexión xunto co Norte de Portugal- permitiría aumentar o seu PIB nun 2% e crear nelas ata un millón de empregos.
Foto de la tercera plana (cdc-01.jpg) InnovArt 24, o maior evento en Galicia de promoción e difusión das ensinanzas artísticas, de idiomas e deportivas propicia o encontro entre as vocacións e os profesionais, e facilita que o alumnado de diferentes niveis educativos se familiaricen e tomen contacto cos eidos da arte dramática, as artes plásticas e deseño, a conservación e restauración de bens culturais, a danza, as ensinanzas deportivas, os idiomas e a música. A feira conta cunha zona de 4.100 m² no Museo Centro Gaiás, na que os visitantes poden participar en obradoiros de artes plásticas e deseño, traballos de conservación e restauración de bens culturais, actividades deportivas didácticas de música, arte dramática e danza, así como de idiomas. Tamén se ofrecen mostras e exhibicións das distintas ensinanzas, concertos, conferencias e espectáculos escénicos en directo.

Notas

Mostrar á cidadanía os resultados do traballo realizado ao longo do curso nas aulas teatrais dos tres campus da UVigo, á vez que achegar a cidade propostas escénicas chegadas desde outros países. Estes dous obxectivos conflúen na XV Mostra Internacional de Teatro Universitario de Pontevedra (Miteu), que se desenvolverá entre o 24 de abril e o 3 de maio, con cinco funcións con entrada libre no Teatro Principal, todas elas ás 20.30 horas.
A Sala Cloud do Centro de Investigación en Tecnoloxías da Información e as Comunicacións (CITIC) acollerá o vindeiro martes un novo taller do ciclo HumanIA UDC, organizado polo Consello Social e a Facultade de Humanidades da UDCe por dito centro. Baixo o título 'Perfís profesionais: Humanidades e IA', a experta en lingüística, tecnoloxía e diversidade, Cristina Aranda, cofundadora de Big Onion e Mujeres Tech, explicará as claves da cooperación entre perfís profesionais de cara ao futuro e presente da IA.
PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES