Noticias

El Parlamento de Galicia pide cambios en los coeficientes reductores para que se mejoren las pensiones en el marco del Pacto de Toledo

La Cámara gallega reclama de forma unánime que se estudien, en el marco del Pacto de Toledo, cambios en los coeficientes reductores para que se mejoren las pensiones. El consenso logrado tras una propuesta de En Marea transaccionada reclama que se estudien estas modificaciones en el marco del Pacto de Toledo. Se emplaza a realizar cambios en la ley de la Seguridad Social para que haya una "penalización inferior" a la que existe en la actualidad de los coeficientes reductores en jubilaciones anticipadas con 35 años cotizados y que se eliminen con una cotización de 40 años.

Nota de prensa del Gabinete de Comunicación de En Marea:

O Parlamento de Galicia vén de aprobar unha proposición non de lei de En Marea para a dignificación das pensións públicas que parte da Confederación Estatal de Asociacións e Federacións de Prexubilados e Xubilados de Telefónica, CONFEDETEL. A deputada Paula Vázquez Verao foi quen defendeu a proposta que “considera necesario estudar a modificación da actual regulación das modalidades de acceso anticipado á xubilación” e insta á Xunta a dirixirse ao Goberno do Estado para que, no marco do Pacto de Toledo, con presenza de todos os axentes e sindicatos representativos, realice as modificacións necesarias na Lei Xeral da Seguridade Social.

Trátase segundo explicou Paula Vázquez Verao, dunha iniciativa que beneficia a todas e todos como sociedade xa que o que se está a defender e o sistema público de pensións. O artigo 50 da Constitución Española recolle que:
“Os poderes públicos garantirán, mediante pensións axeitadas e periodicamente actualizadas, a suficiencia económica aos cidadáns na terceira idade. Así mesmo, e con independencia das obrigas familiares, promoverán o seu benestar mediante un sistema de servizos sociais que atenderán os seus problemas específicos de saúde, vivenda, cultura e ocio”.

Trátase polo tanto dun dereito universal que só é posible cun sistema público de pensións, que “son viables malia a propaganda interesada dos fondos privados de pensións”. “Estamos pois ante un problema político, non económico” denunciou a deputada de En Marea. Non se trata dun problema de recursos como explicou Vázquez Verao, senon que “o déficit do sistema público de pensións é unha decisión política de gobernos ao servizo do capital en detrimento dos dereitos das maiorías sociais”. “Hai que elevar o gasto público en protección social e non consideralo gasto, senón investimento; investimento en reducir e previr a pobreza. Para esto, cómpre unha política fiscal xusta e equitativa e perseguir o fraude fiscal, lonxe de permitir a evasión de impostos en Panamá ou nas Bahamas” declarou.

Paula Vázquez Verao denunciou así mesmo oscálculos falaces e interesados que se están a lanzar para que a poboación invista en fondos privados de pensións, favorecidos por desgravacións fiscais. Cabe lembrar que os fondos privados de pensións son un dos maiores negocios a nivel mundial (33,9 por cento do PIB mundial en 2013). “Deste xeito, defender as pensións é defender a democracia”.

A batalla de CONFEDETEL céntrase ademais en defender unhas pensións dignas, tamén no caso das xubilacións anticipadas, reivindicacións que van no sentido contrario do Goberno Rajoy que, en 2012, se comprometeu coas autoridades europeas a endurecer as condicións de acceso á xubilación anticipada.

No caso concreto do traballadores de Telefónica, a deputada de En Marea lembrou que se trata de persoas con longas carreiras de cotización, “que en moitos casos, sosteñen a fillos/as e/ou netos/as coas súas pensións, e que contribúen sobradamente á caixa da Seguridade Social, tanto durante a súa vida laboral como na súa etapa previa á xubilación”.

A inxustiza foi dobre para estes traballadores, por ser xubilacións teoricamente voluntarias pero forzosas de facto, tal como se pode comprobar nos Informes Anuais de Telefónica. As prexubilacións de traballadores e traballadoras no seu mellor momento profesional producíronse logo de auténtico acoso laboral, con medidas como a separación de postos directivos ou cargos, cartas ameazantes, prohibición de asistencia a reunións organizativas e de xestión, veto á participación en cursos de formación e reciclase e imposición de mobilidade xeográfica. Un máis dos escándalos de Telefónica, permitidos e amparados polos gobernos do PP, de tanta proximidade á dirección da empresa. Esta ausencia de voluntariedade destas prexubilacións foi confirmada por varias sentencias.

Dende esta realidade concreta de persoas que tiveron que abandonar a súa carreira laboral no seu mellor momento, a loita xeral de Confedetel é mellorar as condicións de vida das persoas afectadas por xubilacións anticipadas, aminorando o impacto dos coeficientes redutores, tendo en conta o aumento da esperanza de vida.

A solución para manter un sistema público de pensións sostible, con pensións dignas para todas e todos, tamén no caso das xubilacións anticipadas, pasa segundo En Marea pola creación de emprego de calidade, dunha fiscalidade progresiva máis xusta, coa finalización das desgravacións fiscais relacionadas coa contratación, polo fomento do emprego estable con salarios dignos. Todo o contrario do feito ata hoxe polos sucesivos gobernos do Estado.

R., 2017-11-22

Actualidad

Foto del resto de noticias (aqui-tamen-se-fala-2024.jpg) O evento, que reunirá na cidade herculina a artistas contemporáneos do talle de Grande Amore, Boyanka Kostova, Lontreira e Leria, nace co obxectivo de potenciar a música actual en galego, e se enmarca na iniciativa cultura homónima nacida no Equipo de Dinamización da Lingua Galega do instituto Rafael Dieste co obxectivo de promover o uso do galego entre a mocidade. A día de hoxe, involucra máis de 200 centros de toda a comunidade e preto de 50.000 estudantes que, a través de entrevistas, actuacións e campañas nas redes sociais, animan a rapazada a falar na lingua propia de Galicia.
Foto de la tercera plana (dron-bfa.jpg) A Business Factory Aero, o programa de incubación, aceleración e consolidación de empresas do sector aeroespacial, promovido pola Xunta de Galicia e xestionado pola Fundación CEL Iniciativas por Lugo, foi escollido pola Fundación de las Cajas de Ahorro (Funcas) e pola Universidad Rey Juan Carlos como a mellor Aceleradora en 2024 na categoría de Avanzadas. Este primeiro posto no ranking nacional supón un importante recoñecemento ao labor desenvolvido polo Goberno galego, no marco do Polo Aeroespacial de Galicia, para a retención e atracción de talento no sector e para a creación de emprego de alta cualificación na comunidade.

Notas

O Seminario de Inicio do Proxecto Caprif-CC: Comunidades activas e paisaxes resilientes a incendios forestais e cambio climático, desenvolveuse no Centro de Estudos Avanzados da USC, onde o inaugurou a vicerreitora de Titulacións e Internacionalización da USC, María José López Couso; o director da Fundación Juana de Vega, José Manuel Andrade; e o director da Fundación CEER, Ángel Miramontes.
Definida como a rama da política que se encarga das relacións entre estados, a diplomacia asociouse historicamente á actuación dos executivos nacionais. Non obstante, nun mundo marcado pola globalización, tanto os gobernos autonómicos como os locais levan a cabo iniciativas de acción exterior, do mesmo xeito que as actuacións de institucións como os parlamentos teñen unha incidencia internacional.
PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES