Noticias

La campaña del BNG contra la violencia de género se dirige a los agresores y a la pareja

Tres carteles, mociones en ayuntamientos y diputaciones y diversas propuestas parlamentarias para luchar contra la violencia de género conforman la campaña para visibilizar situaciones cotidianos que agraden a las mujeres. El BNG lanza la campaña del Día contra la violencia de Género dirigiéndose a los agresores a través de tres preguntas sobre la violencia normalizada en la sociedad y en el ámbito de la pareja.

Nota de prensa del Gabinete de Comunicación del BNG:

A responsable de Acción Feminista e deputada do BNG, Noa Presas presentou os tres carteis coas preguntas: “Ameazáchela, dubidas se ela quería sexo ou espiaches o seu móbil”, para poñer o acento en prácticas habituais que constitúen situacións de violencia contra as mulleres.

A parlamentaria explicou que o no día contra a violencia de xénero, as campañas van dirixidas ás vítimas pero, nesta ocasión, “dende o BNG queremos dirixirnos aos agresores” porque, a violencia machista “non son só as hostias e os golpes, non son unicamente as mortes, as raíces do patriarcado son moito máis complexas e están presentes en accións moi cotiás e moi normalizadas”.

Para o BNG, o combate contra o terrorismo machista é “unha prioridade que debe estenderse aos 365 días do ano” e hoxe a nosa campaña vai dirixida á toda a sociedade a través de mocións nos concellos nos que temos representación, propostas parlamentarias e unha intensa axenda de actos nas cabeceiras das comarcas. Neste sentido, instou á Xunta a non desperdiciar a oportunidade de destinar o 1% dos orzamentos para loitar contra a violencia machista no próximo debate dos orzamentos que se celebrará non Parlamento galego nas vindeiras semanas.

En xeral, as campañas van dirixidas ás vítimas, ou potencialmente vítimas do terrorismo machista e descansan todo o peso en como defenderse desa violencia pero dende o BNG queremos poñer o foto en quen exerce esa violencia e quen a deixa pasar, a ese sector é ao que queremos diriximos, reiterou.

Por outra parte considerou que as campañas “deben denunciar a tolerancia coa violencia” e criticou que trala violación grupal a unha moza nas festas de San Fermín os cinco implicados que se denominan “A manada” lancen mensaxes cuestionando a conduta da vítima para xustificar o acto “salvaxe” que cometeron con ela. “Non podemos permitir esta tolerancia”, recalcou Presas.

Dende hai sete anos en Galiza rexistráronse 55 feminicidios, o 60% no ámbito íntimo e o 40% fora da parella, estes datos son alarmantes e merecen un debate en profundidade. Por esta razón, o BNG celebrará o vindeiro sábado unha xornada no Parlamento galego para analizar as eivas no sistema xudicial e as medidas a aplicar contra o terrorismo de xénero.

Noa Presas instou á Xunta a “rectificar e retirar de inmediato” a campaña institucional contra a violencia de xénero. A deputada manifestou o seu rexeitamento a unha campaña que “ofende ás mulleres e as cousifica” e que insiste en manter estereotipos que inciden negativamente e alimentan a violencia. Por outra parte avanzou que o BNG pedirá explicacións do investimento da campaña da Xunta, baixo o título “O máis grande non se maltrata” cunha contía de 160 mil euros, “o triple que custaron as campañas de 2014, 2015 e 2016”, concluíu.

Fotografía: Gabinete de Comunicación del BNG

R., 2017-11-15

Actualidad

Foto del resto de noticias (union-europea-bandeiras.jpg) O director xeral de Relacións Exteriores e coa UE, Jesús Gamallo, participou na sesión plenaria do Comité Europeo das Rexións (CdR), onde Galicia presentou 21 emendas a catro dos ditames sometidos a aprobación. Un dos máis relevantes para a comunidade foi o ditame sobre a ferramenta de facilitación transfronteiriza. Calcúlase que a eliminación do 20% das barreiras e obstáculos xurídicos e administrativos actuais entre rexións de fronteira na UE -entre as que se atopa Galicia, que conforma unha Eurorrexión xunto co Norte de Portugal- permitiría aumentar o seu PIB nun 2% e crear nelas ata un millón de empregos.
Foto de la tercera plana (cdc-01.jpg) InnovArt 24, o maior evento en Galicia de promoción e difusión das ensinanzas artísticas, de idiomas e deportivas propicia o encontro entre as vocacións e os profesionais, e facilita que o alumnado de diferentes niveis educativos se familiaricen e tomen contacto cos eidos da arte dramática, as artes plásticas e deseño, a conservación e restauración de bens culturais, a danza, as ensinanzas deportivas, os idiomas e a música. A feira conta cunha zona de 4.100 m² no Museo Centro Gaiás, na que os visitantes poden participar en obradoiros de artes plásticas e deseño, traballos de conservación e restauración de bens culturais, actividades deportivas didácticas de música, arte dramática e danza, así como de idiomas. Tamén se ofrecen mostras e exhibicións das distintas ensinanzas, concertos, conferencias e espectáculos escénicos en directo.

Notas

Mostrar á cidadanía os resultados do traballo realizado ao longo do curso nas aulas teatrais dos tres campus da UVigo, á vez que achegar a cidade propostas escénicas chegadas desde outros países. Estes dous obxectivos conflúen na XV Mostra Internacional de Teatro Universitario de Pontevedra (Miteu), que se desenvolverá entre o 24 de abril e o 3 de maio, con cinco funcións con entrada libre no Teatro Principal, todas elas ás 20.30 horas.
A Sala Cloud do Centro de Investigación en Tecnoloxías da Información e as Comunicacións (CITIC) acollerá o vindeiro martes un novo taller do ciclo HumanIA UDC, organizado polo Consello Social e a Facultade de Humanidades da UDCe por dito centro. Baixo o título 'Perfís profesionais: Humanidades e IA', a experta en lingüística, tecnoloxía e diversidade, Cristina Aranda, cofundadora de Big Onion e Mujeres Tech, explicará as claves da cooperación entre perfís profesionais de cara ao futuro e presente da IA.
PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES