BNG y servicios de emergencias gallegos reclaman mejoras para evitar que se repita el caos del 15 de octubre
La portavoz nacional y del grupo parlamentario del BNG, Ana Pontón mantuvo un encuentro con representantes del dispositivo contra incendios y emergencias, SEAGA, APRODIGA y el 112 para abordar diversas medidas encaminadas a mejorar los servicios en situaciones críticas como la producida el 15 de octubre por la oleada de incendios. Pontón manifestó la necesidad de poner en marcha ?un mando único? a la hora de gestionar las emergencias.
Nota de prensa del Gabinete de Comunicación del BNG:
O obxectivo é que non se volva a repetir a situación caótica do 15 de Outubro coa vaga de lumes. No encontro, no que tamén participou o deputado , Xosé Luís Rivas, os representantes dos servizos de emerxencias trasladaron ao BNG a necesidade dun Mapa de Urxencias por isócronos, segundo afirmou, a traballadora do 112, Susana Camba, para atender aos galegos e galegas en función de onde estean situados de verdade e non en función da súa situación política.
A preguntas dos xornalistas sobre a participación dos diferentes colectivos e formación políticas como integrantes da Mesa de Emerxencias, a portavoz nacionalista afirmou non ter recibido no grupo parlamentario do BNG ningunha solicitude para asistir e recalcou que os propios traballadores e traballadoras denuncian a regresión nos diferentes dispositivos de emerxencias. Despois da xestión do accidente de Angrois, dixo, foron eliminados algúns instrumentos que permitían a coordinación, entre os que destacou o acceso á resposta das emerxencias. Durante a crise dos incendios, remarcou, os traballadores e traballadoras tiveron que recorrer a wasaps para coordinarse.
Todas as medidas para mellorar os servizos de emerxencias serán benvidas, engadiu a nacionalista, e criticou que o goberno de Núñez Feijóo fragmentara o servizo que, ao seu xuízo, provocou un retroceso ao volver a unhas brigadas municipais de extinción ineficaces. Está ben que se convoque unha Mesa de Emerxencias pero sería bo coñecer a vontade política do goberno e a súa disposición a recoñecer os erros e responsabilidades e sobre todo, se vai mudar todo aquilo que non está a funcionar.
O servizo de emerxencias é un servizo sensible que traballa para protexer ás persoas e nos últimos tempos, non se mellorou a prestación destes servizos, mesmo se está a dificultar a súa coordinación. Neste sentido, culpabilizou ao presidente da Xunta, Aberto Núñez Feijóo e ao vicepresidente Alfonso Rueda da situación caótica pola falta de coordinación provocada nos servizos de emerxencias en Galiza.
R., 2017-11-02
Actualidad
O equipo, eminentemente galego e cunha moi alta porcentaxe feminina, está a filmar en distintas localizacións das provincias da Coruña e Lugo, a través das que se reconstrúe o nacemento e a evolución da mítica fábrica de cerámica, que se deu en chamar a Bauhaus galega polas cores, formas e deseños vangardistas das súas creacións. Ao tempo, contarase tamén a historia de Galicia a través do seu deseño, cos seus elementos diferenciais e de calidade no centro do discurso. Outros dos escenarios polos que discorrerá Hoxe e o resto do mundo son Cervo (Lugo), onde comeza esta historia a primeiros do século XIX, Sada (A Coruña) e Santiago de Compostela, ademais doutros espazos da cidade herculina.
O CDG celebra os 40 anos da súa fundación desenvolvendo unha intensa programación que estende a súa actividade á produción e participación en 15 espectáculos e proxectos escénicos, a máis de 100 concellos de toda a Comunidade e á colaboración con entidades dunha decena de países en Europa e América. En palabras de Román Rodríguez, conselleiro de Cultura, a unidade teatral continuará avanzando nunhas liñas mestras que, desde o respecto ao pasado, poñen o foco en novas vías de encontro coa cidadanía, na accesibilidade, na proxección exterior ou na creación galega.
Notas
A Facultade de Química será entre os días 3 e 6 de setembro a sede do XI Congreso Internacional de Nanociencia e Nanotecnoloxía Analítica (XI NyNA 2024). O encontro está organizado polo grupo de investigación de Elementos Traza, Espectroscopía e Especiación (GETEE) e o Instituto de Materiais (iMATUS) da USC coa colaboración do Grupo Especializado en Ciencia e Tecnoloxías (Bio) Analíticas da Real Sociedade Española de Química (RSEQ).
Os vindeiros 9, 10 e 11 de abril celébrase na Universidade da Coruña o primeiro congreso IA & Hospitality, un espazo onde se analizará a relación presente e futura entre a Intelixencia Artificial e o turismo, un dos principais motores económicos do noso país. O programa do congreso, que terá lugar no Paraninfo da UDC, inclúe oito mesas de debate nas que se tratará dende a experiencia do cliente ata a ciberseguridade e os destinos e a IA.