Noticias

Feijóo dice que seguirá las recomendaciones de los servicios jurídicos sobre la AP-9 mientras el BNG anuncia un recurso al TC

El presidente de la Xunta, Alberto Núñez Feijóo, reivindica que Galicia deje de asumir el pago de parte de las bonificaciones de los peajes de Rande y A Barcala, con "un ahorro de 400 millones" hasta 2048. Rechaza "fuegos de artificio" frente a las propuestas del PSdeG y del BNG que anuncia un recurso ante el Tribunal Constitucional.

Nota de prensa del Gabinete de Comunicación del PSdeG:

O portavoz do Grupo Socialista, Xoaquín Fernández Leiceaga, acusou ao presidente da Xunta de permanecer “calado, postrado e mudo” mentres o goberno veta o debate da transferencia da AP-9 para Galicia. O responsable socialista interveu na sesión de control ao presidente da Xunta para afearlle que non teña posto en marcha “ningunha acción política” para defender a Galicia.

Fernández Leiceaga desafiou ao presidente da Xunta a presentar un conflito de competencias diante do Tribunal Constitucional ou iniciar “accións políticas” encabezando unha delegación unánime do Parlamento que vaia ao Congreso “a dicirlle a Rajoy cal é a posición de Galicia”. Criticou a renuncia do presidente da Xunta na “defensa dos intereses e da dignidade de Galicia” de forma “contundente e consensuada”.

Lamentou que “non pronuncie nin unha palabra en dirección a Galicia” mentres o goberno veta a segunda proposta da Cámara autonómica, deseñada para eliminar as consecuencias financeiras negativas para o Goberno. Censurou o veto “con premeditación, alevosía e reiteración, con falsidades e unha caste de filibusterismo parlamentario” alegando que custaría 18 millóns ao ano, demostrando que “teñen as contas mal feitas”.

O portavoz socialista censurou ademais a falla de interese do presidente da Xunta para “dicirlle aos deputados do PPdeG que voten no Congreso a favor do que vostede apoiou aquí e fagan posible a transferencia”. Aludiu así ao voto da presidenta da Cámara, a galega Ana Pastor, que serviría para romper o bloqueo do goberno ao debate desta iniciativa.

Fernández Leiceaga presentou a situación da transferencia da AP-9 como exemplo do balance do primeiro ano desta lexislatura de Feijóo, no que as decisións de Rajoy “están afectando negativamente aos intereses de Galicia” sen resposta por parte do presidente da Xunta. Engadiu a situación do financiamento da Dependencia, que afronta un novo recorte de 35 millóns en 2016, o que supoñen 152 millóns menos dende 2012.

O presidente galego, explicou, tampouco levou adiante acción política algunha para impulsar a revisión do modelo de financiamento autonómico, paralizado dende 2104, máis alá de “meter no conxelador” a Comisión técnica constituída por acordo da Cámara autonómica.

Alertou ademais dos novos orzamentos para 2018, que suporán “maiores esixencias” por parte do PNV das que impuxo en 2017, cando Galicia resultou claramente prexudicada, con 440 millóns de euros menos por parte dun goberno que deixou sen gastar máis de 2.200 millóns de investimentos dende 2012.

Lembrou que nos orzamentos para este ano o País Vasco acadou 400 millóns menos de pago polo cupo e a condonación de 1.400 millóns de débeda, ademais do impulso das infraestruturas ferroviarias para conectar o “Y” vasco e as plataformas loxísticas do porto de Bilbao coa rede europea de transporte de mercadorías. Mentres, Galicia non obtiña “nada” para a Plisan e a conexión co Porto de Vigo, ou a conexión do Porto Seco de Monforte con Venta de Baños.

Nota de prensa del Gabinete de Comunicación del BNG:

A portavoz nacional, Ana Pontón, retou ao presidente da Xunta a que, na súa condición de deputado, presente un recurso ante o Tribunal Constitucional contra o veto do Congreso ao debate da lei de transferencia da AP9. A dirixente do BNG considera que é o mínimo para defender a dignidade da Cámara e de Galiza.

“Ante o veto á transferencia da AP9 vai o deputado Feijóo presentar un recurso ante o Tribunal Constitucional, si ou non? Podo dicirlle que eu si, e defender que Galiza ten dereito a acabar coa estafa das peaxes”, avanzou Pontón, quen tamén propuxo unha declaración de reprobación da Cámara contra Ana Pastor e Mariano Rajoy “porque para que te respecten hai que facerse respectar”.

“Temos que dicirlles con claridade que non aceptamos o seu desprezo, que non aceptamos que ninguneen a este Parlamento, que non aceptamos que impidan o debate das leis que aprobamos, porque non sei se para vostede iso é democracia, pero para min é anular as competencias de Galiza recoñecidas no cativo Estatuto. Fágase respectar porque a quen están ofendendo é a todos os galegos e galegas”.

Pontón recriminou a Feijóo que non aportase “nin unha soa liña á lei de transferencia da AP9”, redactada e impulsada polo BNG, e acusou ao xefe do Executivo de mentir. “Demostre que non vai de farol na transferencia da AP9 e deixe de ser unha rémora para poder acabar coa estafa das peaxes”, tras denunciar que o ministerio de Fomento segue transferindo infraestruturas a outros territorios mentres se lle negan a Galiza.

Un ministro de Fomento, Íñigo de la Serna, que aproveitou a súa última visita fai dous días “para repetirnos que se pasa polo forro as leis aprobadas por este Parlamento, para dicirnos na cara que as decisións dos galegos e das galegas lle importan literalmente un pito e por riba di que sobra diálogo. O que sobran son as peaxes coas que nos estafan cada día, e o que sobran e a súa prepotencia”, salientou a portavoz nacionalista.

Pontón aproveitou a sesión de control ao presidente da Xunta para chamar a atención sobre a particular maneira do PP de entender a democracia.

“É sorprendente que se enchan a boca falando de democracia e despois impidan o debate da transferencia da AP9. Actúan como trileiros da linguaxe: Para vostedes democracia é impedir o debate, mentres que poñer urnas para que a xente vote é antidemocrático”, lamentou.

A dirixente do Bloque salientou que Galiza “merece un presidente que non minta, nin engane a quen sexa capaz de defender propostas que melloren a vida da xente que vivimos e traballamos aquí”, ao tempo que lamentou o uso que Feijóo fai coa confianza que lle concederon nas urnas. “Porque o que non queren os galegos e as galegas é pagar a estafa das peaxes, nin queren ver ao presidente subordinado ao PP e a Rajoy sen importarlle o que lle pase ao noso país”, concluíu.

R., 2017-09-29

Actualidad

Foto del resto de noticias (CatasdeGalicia_gala.jpg) Los viticultores, bodegueros, enólogos y sumilleres más distinguidos de Galicia se dieron cita en el Parador de Santo Estevo de Ribas de Sil para asistir a una nueva edición de las Catas Oficiales de Vinos y Aguardientes de Galicia, el evento más importante para el sector vitivinícola de la comunidad. A través de este veterano certamen, la Consellería do Medio Rural buscaba nuevamente identificar y premiar a los mejores caldos elaborados fundamentalmente con uvas de variedades autóctonas, dotados de un carácter único y una personalidad reconocible. Para esta trigésima Cata de Vinos de Galicia se batían todos los records en cuanto a número de inscritos, con 363 muestras finales de blanco y tinto.
Foto de la tercera plana (gandaria_2.jpg) A comisión territorial de seguros agrarios reuniuse hoxe na Consellería do Medio Rural e valorou os avances neste ámbito en Galicia. Entre os datos destacados, a directora xeral de Gandaría, Agricultura e Industrias Agroalimentarias, Belén do Campo, sinalou os cinco millóns de euros que este ano achegaranse para subvencionar as distintas liñas de seguros en Galicia. Trátase da cantidade máis alta dos últimos seis anos. De feito a Xunta de Galicia fixo un importante esforzo para compensar a baixada de 10 puntos porcentuais que aplicou o Ministerio a todas as liñas de seguro agás a retirada de cadáveres.

Notas

O Colexio Profesional de Enxeñaría en Informática de Galicia (CPEIG) e a Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (Amtega) organizan desde finais de xullo ata setembro un total de 30 xornadas sobre robótica, pilotaxe de drons e creación de personaxes para videoxogos enmarcadas no programa “Tech Kids” para fomentar o interese pola ciencia e a tecnoloxía entre a mocidade galega.
A Rede Galega de Música ao Vivo (RGMV) inicia mañá a nova programación para o segundo semestre do ano con dous concertos de verán, que terán lugar na sala A Ventana de Laxe, onde actuará o grupo feminino Ejazz ás 23,30 h., e no Náutico do Grove, no que soará a homenaxe ao rock hispano dos anos 60 a cargo de Los Mecánicos a partir da medianoite. Ambas citas, programadas en locais a carón da praia como parte da oferta cultural galega.
ACTUALIDAD  
PORTALES  
SERVICIOS  
ENLACES  

RSS Válido

PUBLICIDAD
Deputación de Ourense
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PROMOCIÓN
PUBLICACIONES
Publicaciones
Publicaciones Amencer
Revista Egap
Obradoiro de Artesania