El PPdeG pide a la oposición pactar la forma de reincorporar el Pazo de Meirás al patrimonio público
El portavoz parlamentario del PPdeG, Pedro Puy, mostró la disposición de su partido para llegar a un acuerdo con los demás grupos de la oposición y elaborar un informe para incorporar el Pazo de Meirás al patrimonio público gallego. Puy argumenta que el PPdeG tiene disposición de trabajar conjutamente con la oposición para adoptar una postura de consenso sobre este bien de los Franco.
Nota de prensa del Gabinete de Comunicación del PPdeG:
O portavoz do Grupo Popular, Pedro Puy, amosou a disposición do PPdeG para chegar a un acordo no Pleno desta semana e sacar adiante unha proposición non de lei para a realización dun informe xurídico e histórico que permita ver que vías existen para a incorporación do Pazo de Meirás ao patrimonio público galego.
Pedro Puy lembrou que na sesión plenaria debateranse sendas proposicións non de lei do Grupo Popular e do Grupo Socialista a través das que se insta á Xunta á realización dun estudo xurídico, en colaboración con universidades e outras entidades públicas, que analice as posibilidades e mecanismos para incorporar o Pazo de Meirás ao patrimonio público galego.
Imos coa predisposición de traballar conxuntamente cos demais grupos do Parlamento para aunar vontades e consensos que permitan sacar adiante un único texto, sinalou o portavoz popular, quen se abriu a que se estuden todas as posibilidades para a futura incorporación do Pazo de Meirás ao patrimonio público.
Así mesmo, Puy indicou que estamos a falar do ingreso no patrimonio público dun ben que foi adquirido pola familia do ditador nun momento histórico determinado, que cos parámetros actuais mesmo nunca tería sido ingresado no patrimonio persoal desa familia.
O portavoz popular tamén explicou que na sesión plenaria desta semana procederase ao debate para a súa aprobación do proxecto de lei de protección e benestar dos animais de compañía en Galicia. Neste sentido, recordou que o 50 por cento deste texto lexislativo non foi emendado polos grupos parlamentarios e outro 30 por cento chega ao debate final con acordos entre os grupos.
Puy considerou unha boa nova o acordo acadado no texto definitivo desta lei, que considerou como a máis ambiciosa e completa do territorio nacional para loitar contra o abandono e o maltrato animal, fomentar a adopción de animais abandonados e concienciar á cidadanía sobre a tenza responsable de animais.
Por último, Pedro Puy referiuse á segunda proposición de lei que defenderá o Grupo Popular no Pleno, dirixida á creación dunha Mesa do Camiño de Santiago na provincia de A Coruña, entre a Xunta e a Deputación Provincial, para impulsar o Camiño Inglés e a prolongación do Camiño de Santiago ata Fisterra e Muxía.
R., 2017-09-25
Actualidad
O equipo, eminentemente galego e cunha moi alta porcentaxe feminina, está a filmar en distintas localizacións das provincias da Coruña e Lugo, a través das que se reconstrúe o nacemento e a evolución da mítica fábrica de cerámica, que se deu en chamar a Bauhaus galega polas cores, formas e deseños vangardistas das súas creacións. Ao tempo, contarase tamén a historia de Galicia a través do seu deseño, cos seus elementos diferenciais e de calidade no centro do discurso. Outros dos escenarios polos que discorrerá Hoxe e o resto do mundo son Cervo (Lugo), onde comeza esta historia a primeiros do século XIX, Sada (A Coruña) e Santiago de Compostela, ademais doutros espazos da cidade herculina.
O CDG celebra os 40 anos da súa fundación desenvolvendo unha intensa programación que estende a súa actividade á produción e participación en 15 espectáculos e proxectos escénicos, a máis de 100 concellos de toda a Comunidade e á colaboración con entidades dunha decena de países en Europa e América. En palabras de Román Rodríguez, conselleiro de Cultura, a unidade teatral continuará avanzando nunhas liñas mestras que, desde o respecto ao pasado, poñen o foco en novas vías de encontro coa cidadanía, na accesibilidade, na proxección exterior ou na creación galega.
Notas
A Facultade de Química será entre os días 3 e 6 de setembro a sede do XI Congreso Internacional de Nanociencia e Nanotecnoloxía Analítica (XI NyNA 2024). O encontro está organizado polo grupo de investigación de Elementos Traza, Espectroscopía e Especiación (GETEE) e o Instituto de Materiais (iMATUS) da USC coa colaboración do Grupo Especializado en Ciencia e Tecnoloxías (Bio) Analíticas da Real Sociedade Española de Química (RSEQ).
Os vindeiros 9, 10 e 11 de abril celébrase na Universidade da Coruña o primeiro congreso IA & Hospitality, un espazo onde se analizará a relación presente e futura entre a Intelixencia Artificial e o turismo, un dos principais motores económicos do noso país. O programa do congreso, que terá lugar no Paraninfo da UDC, inclúe oito mesas de debate nas que se tratará dende a experiencia do cliente ata a ciberseguridade e os destinos e a IA.