Noticias

El BNG presenta las Bases Democráticas para una nueva Galicia que supere los corsés de la Constitución y el Estatuto

El BNG presenta sus nuevas "Bases Democráticas" con la "República da Galiza" como horizonte, adelantando la edad de voto a los 16 años y con la posibilidad de convocar referendos a petición del 3% del censo. El BNG también pide que se aproveche el "momento histórico" para acabar con la "dependencia de Galicia del Estado español".

Nota de prensa del Gabinete de Comunicación del BNG:

O BNG quere que Galiza sexa protagonista e non mera espectadora neste momento político “excepcional”, no que quedar parado é retroceder. Para evitalo, o Bloque presenta as Bases Democráticas, unha proposta política para superar o actual corsé da Constitución e do Estatuto, finiquitar o réxime do 78, “esgotado e fracasado”, e dotarse das ferramentas necesarias para darlle aos galegos e as galegas unha vida mellor.

“Máis aló da política do medo e da represión, é evidente que, si ou si, algo se vai mover no Estado español”, salienta a portavoz nacional, Ana Pontón, e ante este momento “histórico” o Bloque responde cunha “proposta política de calado” para superar o actual marco institucional e iniciar un novo proceso constituínte que lle permita a Galiza “camiñar sen lastres”.

“A opción non é quedarse mirando vendo que pasa porque se quedamos quietos retrocederemos como país e o BNG non vai permitir que pase. Por iso presentamos as Bases Democráticas, para superar o corsé da Constitución e do Estatuto, -que non serviron para solucionar os problemas de Galiza-, e dotarnos de novas ferramentas para conseguir un país con máis oportunidades e mellorar a vida da xente”, avanza Pontón.

Acto de presentación das Bases democráticas para unha nova GalizaAs Bases Democráticas para unha nova Galiza, presentáronse esta tarde nun acto que congregará en Santiago a máis de medio millar de responsables políticos e militantes nacionalistas, pretende ser o arranca dun debate “sereno” con toda a sociedade galega, “co resto das forzas políticas, cos colectivos económicos, sindicais, sociais e culturais para sacar adiante unha proposta que beneficie a Galiza”.

Para a dirixente do Bloque, neste momento decisivo, hai que evitar que Galiza perda posicións mentres outros territorios avanzan.

“Galiza non pode baixarse do tren das nacións, non podemos permitir un escenario no que os demais avanzan mentres este país retrocede, porque iso significa perder oportunidades nunha especie de aldraxe bis que só agudizará os nosos problemas”, como a precariedade, paro, emigración, envellecemento e despoboación ou desmantelamento dos sectores produtivos.

Por iso, as Bases Democráticas como punto de partida “para que Galiza sexa unha terra das oportunidades na que ninguén quede atrás e, neste momento decisivo, este é o debate imprescindible”, recalcou Pontón.

As Bases Democráticas, -que o BNG equipara en calado político coas Bases Constitucionais Galegas de 1977-, establece que Galiza e unha nación onde a soberanía reside no pobo galego, que dispón de pleno autogoberno e con todas as ferramentas no político, no económico e no xudicial.

A proposta nacionalista quere sentar as bases para conseguir o progreso e benestar do pobo galego, nunha democracia participativa e avanzada e con máis dereitos individuais e colectivos.

Acto de presentación das Bases democráticas para unha nova GalizaNeste sentido as bases inclúen: Establecer a idade de voto nos 16 anos, a posibilidade de realizar referendos vinculantes se o solicita o 3% do censo electoral e, tamén, de revocar cargos públicos electos implicados en situacións de corrupción. Igualmente, por lei participación e representación paritaria, garantías constitucionais ao exercido dos dereitos sexuais e reprodutivos, singularmente o da muller a decidir libremente sobre o seu corpo. Queda recoñecido por lei o dereito das mulleres a unha vida sen violencia de xénero.

No ámbito dos dereitos laborais e sociais, as Bases Democráticas recollen a implantación dunha renda social básica que garanta unhas condicións de vida dignas, unha carta de dereitos sociais avanzada para o conxunto da cidadanía, en particular para os colectivos máis vulnerables, xestión directa da Seguridade Social e garantía das pensións de xubilación por parte dos poderes públicos. Blindaxe dos servizos públicos, en particular, saúde, educación e servizos sociais.

En materia económica e de emprego: Facenda galega e política fiscal e financeira propia, decisión plena para desenvolver os sectores produtivos e xestionar os recursos do país, banca pública galega con plena capacidade normativa sobre o sector financeiro que actúe en Galiza, tarifa eléctrica galega e capacidade para emitir débeda pública.

Finalmente, clave o recoñecemento da lingua e outros sinais de identidade. O galego será o idioma vehicular no ensino e Galiza terá plena capacidade para lexislar e desenvolver o sistema educativo en todos os niveis en aras dun ensino público de calidade, laico e en galego.

Fotografía: Gabinete de Comunicación del BNG

R., 2017-09-24

Actualidad

Foto del resto de noticias (aqui-tamen-se-fala-2024.jpg) O evento, que reunirá na cidade herculina a artistas contemporáneos do talle de Grande Amore, Boyanka Kostova, Lontreira e Leria, nace co obxectivo de potenciar a música actual en galego, e se enmarca na iniciativa cultura homónima nacida no Equipo de Dinamización da Lingua Galega do instituto Rafael Dieste co obxectivo de promover o uso do galego entre a mocidade. A día de hoxe, involucra máis de 200 centros de toda a comunidade e preto de 50.000 estudantes que, a través de entrevistas, actuacións e campañas nas redes sociais, animan a rapazada a falar na lingua propia de Galicia.
Foto de la tercera plana (dron-bfa.jpg) A Business Factory Aero, o programa de incubación, aceleración e consolidación de empresas do sector aeroespacial, promovido pola Xunta de Galicia e xestionado pola Fundación CEL Iniciativas por Lugo, foi escollido pola Fundación de las Cajas de Ahorro (Funcas) e pola Universidad Rey Juan Carlos como a mellor Aceleradora en 2024 na categoría de Avanzadas. Este primeiro posto no ranking nacional supón un importante recoñecemento ao labor desenvolvido polo Goberno galego, no marco do Polo Aeroespacial de Galicia, para a retención e atracción de talento no sector e para a creación de emprego de alta cualificación na comunidade.

Notas

O Seminario de Inicio do Proxecto Caprif-CC: Comunidades activas e paisaxes resilientes a incendios forestais e cambio climático, desenvolveuse no Centro de Estudos Avanzados da USC, onde o inaugurou a vicerreitora de Titulacións e Internacionalización da USC, María José López Couso; o director da Fundación Juana de Vega, José Manuel Andrade; e o director da Fundación CEER, Ángel Miramontes.
Definida como a rama da política que se encarga das relacións entre estados, a diplomacia asociouse historicamente á actuación dos executivos nacionais. Non obstante, nun mundo marcado pola globalización, tanto os gobernos autonómicos como os locais levan a cabo iniciativas de acción exterior, do mesmo xeito que as actuacións de institucións como os parlamentos teñen unha incidencia internacional.
PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES