El BNG presenta una denuncia ante la ONU en contra del expolio del franquismo en Galicia
La líder del BNG, Ana Pontón, y la portavoz en Bruselas, Ana Miranda, presentan el miércoles 20 de septiembre en Ginebra (Suiza) una denuncia ante el Alto Comisionado de Derechos Humanos de la ONU la "impunidad" con la que actúan en el Estado español entidades que, como la Fundación Franco, "hacen apología" del régimen franquista así como la situación de "privilegio" que mantiene la familia del dictador.
Nota de prensa del Gabinete de Comunicación del BNG:
A preguntas dos medios, a portavoz nacional tamén avanzou que o mércores, 20 de setembro, o BNG presentará unha denuncia ante a ONU contra o espolio do Franquismo en Galiza en relación ao Pazo de Meirás e a outros bens roubados ao pobo galego, así como ante a impunidade coa que aínda actúa o Franquismo no Estado. Pontón indicou que ela mesma encabezará a delegación que presentará a denuncia ante a delegación da ONU en Xenebra.
Polo que significa o espolio do Pazo de Meirás que pagamos os e as galegas case que a punta de pistola e tamén contra a impunidade do fascismo en España, porque é incrible que haxa persoas perseguidas pola súa opinión, por defender a democracia e, ao mesmo tempo, se permita a exaltación do fascismo sen que haxa ningún tipo de consecuencia, denuncia.
É algo que como demócrata me indigna, ver como o Estado español fai a vista gorda fronte a unha fundación que fai exaltación dos crimes do franquismo. Chegou o momento de dicir basta xa e nunca máis franquismo.
R., 2017-09-19
Actualidad
O equipo, eminentemente galego e cunha moi alta porcentaxe feminina, está a filmar en distintas localizacións das provincias da Coruña e Lugo, a través das que se reconstrúe o nacemento e a evolución da mítica fábrica de cerámica, que se deu en chamar a Bauhaus galega polas cores, formas e deseños vangardistas das súas creacións. Ao tempo, contarase tamén a historia de Galicia a través do seu deseño, cos seus elementos diferenciais e de calidade no centro do discurso. Outros dos escenarios polos que discorrerá Hoxe e o resto do mundo son Cervo (Lugo), onde comeza esta historia a primeiros do século XIX, Sada (A Coruña) e Santiago de Compostela, ademais doutros espazos da cidade herculina.
O CDG celebra os 40 anos da súa fundación desenvolvendo unha intensa programación que estende a súa actividade á produción e participación en 15 espectáculos e proxectos escénicos, a máis de 100 concellos de toda a Comunidade e á colaboración con entidades dunha decena de países en Europa e América. En palabras de Román Rodríguez, conselleiro de Cultura, a unidade teatral continuará avanzando nunhas liñas mestras que, desde o respecto ao pasado, poñen o foco en novas vías de encontro coa cidadanía, na accesibilidade, na proxección exterior ou na creación galega.
Notas
A Facultade de Química será entre os días 3 e 6 de setembro a sede do XI Congreso Internacional de Nanociencia e Nanotecnoloxía Analítica (XI NyNA 2024). O encontro está organizado polo grupo de investigación de Elementos Traza, Espectroscopía e Especiación (GETEE) e o Instituto de Materiais (iMATUS) da USC coa colaboración do Grupo Especializado en Ciencia e Tecnoloxías (Bio) Analíticas da Real Sociedade Española de Química (RSEQ).
Os vindeiros 9, 10 e 11 de abril celébrase na Universidade da Coruña o primeiro congreso IA & Hospitality, un espazo onde se analizará a relación presente e futura entre a Intelixencia Artificial e o turismo, un dos principais motores económicos do noso país. O programa do congreso, que terá lugar no Paraninfo da UDC, inclúe oito mesas de debate nas que se tratará dende a experiencia do cliente ata a ciberseguridade e os destinos e a IA.