Noticias

La Real Academia Galega y la Xunta lamentan el fallecimiento de la escritora Xohana Torres

La escritora y miembro de la Real Academia Galega (RAG) Xohana Torres (nacida en Santiago de Compostela, 1931) falleció a los 85 años en Vigo. Tanto el Gobierno de la Xunta de Galicia como la Real Academia Galega lamentan la muerte de esta escritora a la que recuerdan como "una de las voces más destacadas de las letras gallegas contemporáneas que crecieron en la posguerra".

Nota de prensa del Gabinete de Comunicación de la Xunta de Galicia:

A Xunta de Galicia quere sumarse ao sentimento de fondo pesar que aflixe ao mundo da cultura de Galicia polo pasamento de Xohana Torres. En palabras do titular da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, “foi unha escritora plena, dinamizadora da nosa cultura e lingua, persoa que desdeñou a espera de Penélope e preferiu o periplo errante e revelador do destemido Ulises”.

Para Román Rodríguez “é de xustiza é, nesta hora, agradecerlle que fixese ao pobo galego partícipe da súa viaxe vital, que agora remata, a través de cadernos de bitácora singulares cos que aos seus lectores e lectoras nos foi permitido -palabra a palabra, verso a verso, a bordo da mesma nave-, compartir con ela a aventura. En todos os galegos e galegas permanece, para revivir a experiencia, a súa voz poética irrepetible”.

Nota de prensa de la Real Academia Galega (RAG):

A Real Academia Galega expresa o seu fondo pesar polo pasamento da escritora e académica numeraria Xohana Torres. Nada en Santiago de Compostela en 1931, finou en Vigo aos 85 anos de idade. A súa é unha das voces máis destacadas das letras galegas contemporáneas que medraron na posguerra, cuxa obra abrangue a poesía, a narrativa, o ensaio e a literatura infantil. A autora contribuíu co seu labor como escritora, mais tamén noutros espazos como o radiofónico, á reconstrución cultural de Galicia e á defensa da súa lingua.

Xohana Torres naceu en Compostela o 22 de novembro de 1931 e criouse en Ferrol, onde estaba destinado como mariño o seu pai, pero as súas raiceiras están tamén nas terras do Avia, onde a súa avoa materna, Lola, lle aprendeu a fala galega máis íntima e a cultura popular. A ela está dedicado o derradeiro libro de Xohana Torres, Elexías a Lola (2016), unha versión ampliada e enriquecida da homenaxe que xa lle rendera en Estación ao mar (1980). A edición inclúe un anaco de Eu tamén navegar, o discurso co que Xohana Torres ingresou na RAG como académica de número no ano 2001.

A vocación literaria de Xohana Torres manifestouse cedo e publicou os seus primeiros versos sendo adolescente na revista do instituto. Algúns deles, como os do poema "Soidá", formarían parte do seu primeiro libro, ao igual que "Nai", que deu a coñecer en 1953 na revista Aturuxo animada por Ricardo Carballo Calero, o seu profesor de Historia e Literatura no bacharelato. En 1955 recibiu o primeiro premio de poesía da Asociación da Prensa de Vigo, que compartiu con Celso Emilio Ferreiro, por outro poema, "A nosa primavera: toxos", e en 1957 publicou o seu primeiro libro, Do sulco (1957), na colección de poesía Illa Nova de Galaxia, acabada de crear para acubillar as novas voces das letras galegas.

Como poeta, publicou tamén Estación ao mar (1980), Premio da Crítica española en 1981, Tempo de ría (1992) e Poesías reunidas (1957-2001), así como Elexía a Lola (2016). Como dramaturga, cómpre salientar as súas contribucións ao teatro da posguerra con A outra banda do Iberr (1965), gañadora do Premio Castelao do Teatro Galego da Agrupación Cultural O Galo, e mais Un hotel de primeira sobre o río (1968). Asinou tamén a novela Adiós, María (1971), Premio Galicia do Centro Galego de Buenos Aires, e, xa no eido da literatura infantil, Polo mar van as sardiñas (1968) e Pericles e a balea (1984).

A radiofónica foi outra das linguaxes que cultivou con éxito. Nos anos de mocidade participou en diversos espazos emitidos en Radio Ferrol, onde lía textos en galego e poemas de distintos autores. Máis adiante, en 1963, dirixiría en La Voz de Vigo o primeiro programa cultural radiofónico completamente en galego, "Raíz e tempo", que acadou unha notable audiencia durante anos. Así mesmo, colaborou na gravación de discos con escolmas de Castelao e Cunqueiro.

Fotografía: http://garciateijeiro.blogspot.com.es/2013/11/escaparate-poetico-xxxi-xohana-torres.html

R., 2017-09-13

Actualidad

Foto del resto de noticias (aqui-tamen-se-fala-2024.jpg) O evento, que reunirá na cidade herculina a artistas contemporáneos do talle de Grande Amore, Boyanka Kostova, Lontreira e Leria, nace co obxectivo de potenciar a música actual en galego, e se enmarca na iniciativa cultura homónima nacida no Equipo de Dinamización da Lingua Galega do instituto Rafael Dieste co obxectivo de promover o uso do galego entre a mocidade. A día de hoxe, involucra máis de 200 centros de toda a comunidade e preto de 50.000 estudantes que, a través de entrevistas, actuacións e campañas nas redes sociais, animan a rapazada a falar na lingua propia de Galicia.
Foto de la tercera plana (dron-bfa.jpg) A Business Factory Aero, o programa de incubación, aceleración e consolidación de empresas do sector aeroespacial, promovido pola Xunta de Galicia e xestionado pola Fundación CEL Iniciativas por Lugo, foi escollido pola Fundación de las Cajas de Ahorro (Funcas) e pola Universidad Rey Juan Carlos como a mellor Aceleradora en 2024 na categoría de Avanzadas. Este primeiro posto no ranking nacional supón un importante recoñecemento ao labor desenvolvido polo Goberno galego, no marco do Polo Aeroespacial de Galicia, para a retención e atracción de talento no sector e para a creación de emprego de alta cualificación na comunidade.

Notas

O Seminario de Inicio do Proxecto Caprif-CC: Comunidades activas e paisaxes resilientes a incendios forestais e cambio climático, desenvolveuse no Centro de Estudos Avanzados da USC, onde o inaugurou a vicerreitora de Titulacións e Internacionalización da USC, María José López Couso; o director da Fundación Juana de Vega, José Manuel Andrade; e o director da Fundación CEER, Ángel Miramontes.
Definida como a rama da política que se encarga das relacións entre estados, a diplomacia asociouse historicamente á actuación dos executivos nacionais. Non obstante, nun mundo marcado pola globalización, tanto os gobernos autonómicos como os locais levan a cabo iniciativas de acción exterior, do mesmo xeito que as actuacións de institucións como os parlamentos teñen unha incidencia internacional.
PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES