Noticias

Arranca la tramitación de la ley de implantación empresarial con críticas de la oposición que la identifica con el colonialismo

La futura ley de fomento de implantación empresarial ha comenzado su tramitación en el Parlamento gallego con el apoyo en solitario del PP, después de que toda la oposición haya criticado el texto al identificarlo con el “colonialismo” y el “capitalismo de amiguetes”. Este proyecto de ley está diseñado para “simplificar, liberalizar y potenciar” y atraer empresas a Galicia mediante medidas como “reducir la burocracia” y con el objetivo de competir con el “rival más inmediato” de la Comunidad, el Norte de Portugal. El BNG pide la retirada de este proyecto.

Nota de prensa del Gabinete de Comunicación del PPdeG:

O viceportavoz do grupo popular, Miguel Tellado, reprochoulle á oposición a súa “hipocrisía” por votar en contra da toma en consideración da proposición de Lei de Implantación Empresarial, dado que entende que dá resposta a moitas das demandas que levan facendo o resto de grupos de En Marea, PSOE e BNG durante os últimos meses. Así, considera que a esquerda deixa claro que “cando fala de reindustrialización e emprego de calidade está falando por falar”.

Neste sentido, Tellado lembrou que esta proposición contempla “medidas para competir con territorios do noso entorno próximo como o Norte de Portugal, para a reindustrialización do país e a creación de emprego de calidade en sectores con alto valor engadido”, polo que cualificouna como “un dos proxectos lexislativos máis ambiciosos dos últimos anos”.

Na súa intervención, o viceportavoz popular explicou que os tres principios fundamentais polos que aposta este texto son “simplificar os procedementos administrativos, liberalizar sectores económicos e potenciar a atracción de empresas mediante diversos incentivos”.

Sobre as medidas concretas que suporía a aprobación desta Lei, Tellado destacou que “se estima que se reducirán á metade os prazos de tramitación administrativa para a posta en marcha dun proxecto industrial, dado que se integra nun só procedemento a autorización ambiental integrada, a declaración de impacto ambiental e, se fose necesario, o informe sectorial pertinente”.

Do mesmo xeito, apuntou que “se consolidan e se aumentan as condicións vantaxosas para a obtención de solo industrial e contémplanse incentivos directos ás empresas que elixan Galicia para investir”. Tellado manifestou que a Comunidade galega “non pretende competir con territorios do noso entorno pola vía de baixar os salarios ou reducir dereitos laborais”. Por isto, “o que propón o grupo popular é utilizar os instrumentos que contempla o noso autogoberno para mellorar cuestións como as restricións normativas, o tempo para o inicio dunha actividade, ou o número de procedementos para poñer en marcha unha empresa”, concretou.

Nota de prensa del Gabinete de Comunicación del BNG:

A deputada do BNG, Noa Presas anunciou o voto en contra do grupo nacionalista á lei de iniciativas empresarias defendida polo PP afirmando que o texto modificará “discrecionalmente” moitas leis como a da minería, o sector eólico, a lei de augas, a da conservación da natureza e a lei de solo para beneficiar proxectos industrias que non beneficiarán a Galiza.

A parlamentaria criticou a presentación da lei da que dixo, o PP utiliza o trámite de urxencia para “aforrar informes” como o do Consello Económico e Social” que está a elaborar o estudo sobre unha alianza no sector industrial galego, algo que parece que ao PP “non lle interesa”.

Vostedes, engadiu, baséanse nun estudo macroeconómico pero non se esforzan en facer una radiografía de cales son as necesidades do noso tecido produtivo e esquecen algo fundamental, “o modelo económico sempre alimenta o social” e non podemos entendelo separadamente porque de facelo, deixará atrás a moitos galegos e galegas aos que as cifras macroeconómicas non sacarán da precariedade.

A parlamentaria cualificou a lei como “propia dun país colonizado” baseada na enerxía, a extracción e sector forestal e alertou das posibles modificacións que o PP pretende introducir noutros textos lexislativos para que a lei de implantación industrial sexa utilizada polas empresas como “cabalo de Troia para facer o que que lles dea a gana” polo que preguntou ao Partido popular que digan se a nova lei será o salvoconduto para “Elnosa, Ence ou para que o Porto de Cabral sexa un centro comercial en vez dun monte comunal”.

A deputada recriminou ao PP non escoitar as demandas da oposición e dos sindicatos para buscar unha estratexia de país e agora pretenden, dixo, colarnos unha lei que é “un caixón de xastre” sen consenso nin participación.

A parlamentaria ofreceu o dialogo que o PP negou ás forzas políticas e sindicatos polo que pediu a retirada da lei e iniciar un proceso porque nós, “non lle compramos nin as formas nin o contido desta lei”.

Temos que saír das consecuencias da crise económica e da deslocalización das empresas e para iso temos dúas posibilidades, “impulsar un cambio no modelo produtivo con participación pública ou ben esta lei do PP que plasma o máis encarnizado neoliberalismo”.

A Lei de implantación empresarial inicia o trámite parlamentario coa toma en consideración grazas aos votos do grupo maioritario do Partido popular.

R., 2017-09-12

Actualidad

Foto del resto de noticias (union-europea-bandeiras.jpg) O director xeral de Relacións Exteriores e coa UE, Jesús Gamallo, participou na sesión plenaria do Comité Europeo das Rexións (CdR), onde Galicia presentou 21 emendas a catro dos ditames sometidos a aprobación. Un dos máis relevantes para a comunidade foi o ditame sobre a ferramenta de facilitación transfronteiriza. Calcúlase que a eliminación do 20% das barreiras e obstáculos xurídicos e administrativos actuais entre rexións de fronteira na UE -entre as que se atopa Galicia, que conforma unha Eurorrexión xunto co Norte de Portugal- permitiría aumentar o seu PIB nun 2% e crear nelas ata un millón de empregos.
Foto de la tercera plana (cdc-01.jpg) InnovArt 24, o maior evento en Galicia de promoción e difusión das ensinanzas artísticas, de idiomas e deportivas propicia o encontro entre as vocacións e os profesionais, e facilita que o alumnado de diferentes niveis educativos se familiaricen e tomen contacto cos eidos da arte dramática, as artes plásticas e deseño, a conservación e restauración de bens culturais, a danza, as ensinanzas deportivas, os idiomas e a música. A feira conta cunha zona de 4.100 m² no Museo Centro Gaiás, na que os visitantes poden participar en obradoiros de artes plásticas e deseño, traballos de conservación e restauración de bens culturais, actividades deportivas didácticas de música, arte dramática e danza, así como de idiomas. Tamén se ofrecen mostras e exhibicións das distintas ensinanzas, concertos, conferencias e espectáculos escénicos en directo.

Notas

Mostrar á cidadanía os resultados do traballo realizado ao longo do curso nas aulas teatrais dos tres campus da UVigo, á vez que achegar a cidade propostas escénicas chegadas desde outros países. Estes dous obxectivos conflúen na XV Mostra Internacional de Teatro Universitario de Pontevedra (Miteu), que se desenvolverá entre o 24 de abril e o 3 de maio, con cinco funcións con entrada libre no Teatro Principal, todas elas ás 20.30 horas.
A Sala Cloud do Centro de Investigación en Tecnoloxías da Información e as Comunicacións (CITIC) acollerá o vindeiro martes un novo taller do ciclo HumanIA UDC, organizado polo Consello Social e a Facultade de Humanidades da UDCe por dito centro. Baixo o título 'Perfís profesionais: Humanidades e IA', a experta en lingüística, tecnoloxía e diversidade, Cristina Aranda, cofundadora de Big Onion e Mujeres Tech, explicará as claves da cooperación entre perfís profesionais de cara ao futuro e presente da IA.
PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES