Noticias

El BNG advierte de que el modelo de financiación autonómica propuesto por los expertos puede dejar a Galicia con menos ingresos

“Imos para atrás como os cangrexos", advierte la portavoz nacional del BNG, Ana Pontón, en relación al informe de los expertos designados por las Comunidades Autónomas para elaborar una propuesta sobre el nuevo modelo de financiación, lo que hizo saltar las alarmas en el BNG porque entienden que la propuesta que se plantea, lejos de avanzar en la capacidad fiscal y financiera, abre la puerta a que Galicia reciba menos ingresos, lo que califica de "despropósito".

Nota de prensa del Gabinete de Comunicación del BNG:

O informe dos expertos designados polas CCAA para un novo modelo de financiamento fixo saltar as alarmas no BNG porque a proposta que se formula, lonxe de avanzar en capacidade fiscal e financeira, abre a porta a que Galiza reciba menos ingresos. “Imos para atrás como os cangrexos”, advertiu a portavoz nacional, Ana Pontón.

“É prexudicial para este país porque non aporta máis recursos, nin máis capacidade financeira para blindar servizos públicos, nin para poñer en marcha unha fiscalidade máis xusta onde paguen máis os que máis teñen”, salientou Pontón.

“É un despropósito que podamos ir a un modelo que nos deixe peor do que estamos”, sintetizou, porque por primeira vez a reforma do sistema non ven acompañada de recursos adicionais por parte do Estado, e as vías para conseguir recursos adicionais son a subida do IVE e aplicar novos copagamentos a servizos básicos. “Nun país cuxos salarios están entre os máis baixos, a proposta é subir o regresivo imposto do IVE no que paga igual unha traballadora da hostalería que Amancio Ortega”, criticou.

Ante esta situación, o Bloque pide ao Goberno que remita ao inicio do período de sesións a súa proposta para o futuro modelo de financiamento autonómico, para que sexa debatido con todas as forzas políticas. Ao mesmo tempo ratifica a súa aposta polo concerto económico que aportaría 3.500M€ adicionais a Galiza, cos que blindar e os servizos públicos e mellorar a calidade de vida dos galegos e das galegas.

Pontón considera que se trata “dun moi mal punto de partida” nunha cuestión vital na que hai moito en xogo, e chamou a atención sobre o feito de que a Xunta fose, ao lado de Asturias e Murcia, as únicas que aceptaron integramente o contido do informe fronte aos votos particulares presentados polo resto dos expertos designados polos gobernos autonómicos.

Pontón tamén fixo referencia á visita do ministro de Fomento acompañado do presidente da Xunta, en plena polémica polo segundo veto de Rajoy á transferencia da AP9.

“Hoxe o ministro non pode irse de Galiza sen levantar o vergoñento veto á AP9 demostrando respecto por este país anunciando que a transferencia se vai axilizar, porque a xestión directa desde aquí é o primeiro paso para dar un mellor servizo e acabar coa estafa das peaxes”, reclamou.

Igualmente, reclamou de Feijóo que exerza de presidente galego “e deixe de facerlle os coros ao ministro de Fomento para pasar a defender os intereses do país”.

A imaxe de Feijóo e De La Serna colocando primeiras pedras nunha autovía que leva dúas décadas de retraso “retrata a discriminación do Estado con este país. “Vemos os 1.000M€ para axilizar o AVE a Euskadi, os 3.500 M€ para rescatar as radiais madrileñas e acaba de desbloquearse o corredor do Mediterráneo e para Galiza anuncio de 11,7 quilómetros para unha autovía que tiña que estar en funcionamento fai 20 anos e cuxas obras duran máis cas do Escorial”, alegou.

Ante o “regueiro de incumprimentos do Estado”, o Bloque demanda un plan urxente de investimentos cun calendario “serio” que acabe co agravio, ao tempo que, no curto prazo, reclama “man firme” con AUDASA empezando por sancionar á concesionaria por unha xestión deficiente e abusiva, esixirlle que levante as barreiras das peaxes se as colas superan o quilómetro “porque o que non pode e facer caixa atrapando a miles de usuarias e usuarios nas peaxes”, e baixar as peaxes nos tramos en obras.

R., 2017-07-31

Actualidad

Foto del resto de noticias (Frisia_SemanaGal_Cadrada.jpg) A cidade de Leeuwarden, Frisia (Holanda), Capital da Cultura Europea de 2018, acollerá a semana do galego cun amplo programa de actividades. Grazas a Afûk (a institución que promove a lingua e cultura frisia), á Mesa pola Normalización Lingüística e á Fundación Vía Galego coa colaboración da Deputación da Coruña, do Concello de Santiago de Compostela e do Concello de Pontevedra desde o 22 ao 29 de xullo o galego será o protagonista do Pavillón das Linguas. O proxecto Pavillón das linguas (Lân fan Taal) consiste en amosar a diversidade lingüística europea e a existencia de nacións que teñen máis dun idioma, sendo a lingua o elemento máis característico que lle confire identidade propia a unha comunidade de falantes.
Foto de la tercera plana (resurrection.jpg) Máis de 81.000 persoas de 42 países abarrotaron a pasada semana o Concello de Viveiro co Resurrection Fest, xerando uns 2.000 empregos directos e indirectos, e sen ocasionar ningún tipo de incidente durante os catro días que durou a cita. Así o avanzou este mércores, na localidade mariñá, o Deputado de Relacións Institucionais, Álvaro Santos Ramos, xunto á Alcaldesa de Viveiro, María Loureiro García, e o Director do Festival, Iván Méndez Rodríguez. Santos Ramos apuntou que “un ano máis podemos cualificar de éxito rotundo o Resurrection Fest, pois durante catro días 81.350 persoas de 42 nacionalidades diferentes participaron no que xa é o festival de música metal e rock máis importante de España, e un dos máis relevantes de Europa".

Notas

Son 94 imaxes que recollen outras tantas instantáneas do ceo nocturno da man “dun grupo de soñadores que, sendo sensibles ao instinto ancestral de mirarmos cara ao ceo, se lanzaron á procura da noite a rescatar ese tesouro apagado polo malgasto de luz artificial”. Salvador Bará Viñas e Jorge Mira Pérez, profesores do Departamento de Física Aplicada da USC e coordinadores do libro, presentan nestas liñas aos nove fotógrafos e fotógrafas que achegan o seu punto de vista nesta obra editada pola USC.
A obra 'A vida salvaxe', de Gonzalo Hermo, é a gañadora da décimo sexta edición do Premio de Poesía Afundación, un certame que veñen convocando Afundación, o Centro PEN Galicia e a Consellería de Cultura e Educación co obxectivo de favorecer a creación literaria en galego. Licenciado en Filoloxía Galega e doutor en Lingüística pola Universidade de Santiago de Compostela, Gonzalo Hermo é autor dos poemarios 'Crac' e 'Celebración', polo que foi recoñecido co Premio Nacional de Poesía Joven Miguel Hernández no ano 2015 e co Premio da Crítica de poesía galega en 2014.
ACTUALIDAD  
PORTALES  
SERVICIOS  
ENLACES  

RSS Válido

PUBLICIDAD
Deputación de Ourense
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PROMOCIÓN
PUBLICACIONES
Publicaciones
Publicaciones Amencer
Revista Egap
Obradoiro de Artesania