Noticias

El BNG celebra el Día de Galicia proponiendo una ponencia parlamentaria para un nuevo estatus

En la tradicional manifestación del 25 de julio del BNG por el "Día da Patria", la portavoz nacionalista, Ana Pontón, ha anunciado que propondrán una ponencia en el Parlamento para caminar "hacia un nuevo estatus" en el que Galicia "emerja como nación" y "evitar quedarse como una región anulada políticamente y dependiente del centralismo". En Marea, Anova y Podemos celebran por separado el Día de Galicia.

Nota de prensa del Gabinete de Comunicación del BNG:

A portavoz nacional, Ana Pontón, proclamou na Praza da Quintana que o nacionalismo é máis necesario ca nunca para construír “unha Galiza das oportunidades que non deixe a ninguén atrás”, e lanzou unha mensaxe de optimismo desde un BNG “renovado e fortalecido que está en condicións de ofrecer un proxecto sólido e de futuro para os galegos e as galegas”.

“Se algún país necesita o nacionalismo é este, porque o cambio ou é galego, feito desde nós e para nós, ou é un mero recambio. Vémolo nos concellos, onde hai un cambio real? En todos e cada un dos concellos que goberna o BNG, que son o espello da Galiza que queremos”, salientou no seu discurso do Día da Patria.

E para conseguir ese país soñado, Pontón aposta por “seguir fortalecendo e sumando apoios” nesta nova etapa do Bloque, “coas portas abertas a todos os galegos e galegas que senten que hoxe, máis ca nunca, este país precisa unha gran organización que teña a súa cabeza e o seu corazón nesta terra”. Unha forza que aspira a todo, enfatizou.

“Non nos poñamos límites, porque temos un país con capacidade, porque somos unha organización con experiencia e renovada, porque temos un proxecto para darlle a Galiza un futuro mellor”, argumentou a portavoz nacional.

Pontón fixo un chamamento para traballar pola unidade de todos os galegos e galegas porque esa é a unidade “útil” que o país precisa.

“Unirnos contra a discriminación, unirnos para poder traballar e vivir con dignidade na nosa terra, unirnos para construír un país en que ninguén quede atrás, unirnos para reclamar o noso lugar, unirnos para decidir nós sobre o noso, sen pedir permiso a Madrid. Esa é a unidade útil e por ese camiño temos todo por gañar”, asegurou, nun momento de agravio sen precedentes por parte do Estado ante a submisión cómplice de Feijóo.

“Galiza está desaparecida, somos un expediente X na política estatal. E que fai ese Feijóo que en campaña tivo a revelación mariana de ser militante de Galiza? Romper ese carné e ficar co do PP. Que Rajoy di transferencia da AP-9 tirirí que te vi, Feijóo responde si, bwana, que Rajoy di AVE para 2040, Feijóo si, bwana, que di recortazo de 442M€, responde, si bwana”, ironizou.

A solución aos problemas non virá desde Madrid, nin das forzas estatais, “as vellas e as novas, as guais e as menos guais, que Galiza como caladoiro de votos máis cando toca mollarse polo país, si te he visto no me acuerdo”, criticou, tras preguntarse que fai a “esquerda española” aperte do mérito de ter sentado a Rajoy na Moncloa. “Por que non derrogan a Lei mordaza, a contrarreforma laboral ou non levantan a indecente prórroga de ENCE?”

“Por iso convido a todas as persoas que levan Galiza no corazón a que se sumen ao BNG, porque se algo é cada día máis evidente e que se algún país precisa o nacionalismo é este”, reiterou.

O Bloque ten claro que “o país soñado” non pode levantarse nin desde os “sumidoiros” do réxime do 78, nin desde unha monarquía parasita, nin desde un Estado español que ameaza a quen quere darlle a voz ao pobo. “Por que non lle aplican esa mesma vara a Rajoy e Montoro? Que respondan co seu patrimonio polo desfalco de 60.000M€ que lle regalaron á banca ou pola ilegal amnistía fiscal”, propuxo Pontón.

Pese a resistencia do centralismo, vai haber cambios profundos e Galiza non pode quedar atrás, razón pola que o BNG fai unha proposta de país para abrir un debate que permita darnos un novo estatus.

“Galiza ten que emerxer como nación, marcar o noso propio camiño e evitar ficar como rexión anulada politicamente”, alegou. “Por iso propoñemos ao resto de forzas políticas abrir unha ponencia política no Parlamento que camiñe cara un novo status que nos recoñeza como unha nación, cunha carta de dereitos sociais avanzada, facenda galega que garanta os servizos públicos, con ferramentas para modernizar a nosa economía e o pleno desenvolvemento da nosa lingua e cultura”, explicou.

Neste sentido, a dirixente do Bloque foi clara: “ficar como estamos é retroceder”. Pola contra, “debemos aspirar a todo, ter ambición de país e dotarnos de poder político real e das ferramentas para construír a Galiza que soñamos”, proclamou. Pontón propuxo un “gran pacto pola esperanza, que non é optimismo cego, senón o que nos fai estar dispostas a enfrontar os obstáculos porque sabemos que nos espera algo mellor se temos o valor de conquistalo”, concluíu.

Na Quintana, loitas sociais e laborais, como as dos traballadores e traballadoras de Ferroatlántica, sector do metal, 112, mariñeiros de Long Hope ou emigrantes retornados. Entre as delegacións asistentes: ERC, EH-Bildu, PNV, CUP, Bloc Nacionalista Valenciá, Alianza Libre Europea, Bloco de Esquerdas e PCP, Plaid Cymru, e representacións do Kurdistán, Palestina, Sáhara ou Venezuela, entre outros.

Nota de prensa del Gabinete de Comunicación de En Marea:

En Marea celebrou o seu acto do Día da Patria en Santiago, na Finca de Vistalegre. Entendemos este día como unha xornada de celebración, plural e aberta. Celebrouse baixo o lema “A Galicia que a xente queremos” e ten unha dinámica participativa. Dita dinámica consiste en pendurar dunha árbore frases e ideas sobre o país que imaxinamos. Falaron representantes de diversos movementos sociais (animalismo, LGBTI, ensino, sanidade, emigración…). A idea de que as persoas teñan todo o protagonismo correspóndese co sublema da convocatoria, A patria das comúns.

Fotografía: Gabinete de Comunicación del BNG

R., 2017-07-25

Actualidad

Foto del resto de noticias (naufragos-hugo.jpg) Hugo fala da relación do seu protagonista, un rapaz con trastorno do espectro autista, coa súa amiga Laia. Jimmy Núñez e María Roja interpretan este espectáculo, seleccionado para a primeira edición do circuíto estatal de artes escénicas para a infancia e a mocidade da ASSITEJ. Baixo o lema Voces dun mundo novo, o congreso reunirá compañías e profesionais de numerosos países arredor dunha programación artística, de relatorios e de intercambio, que este ano lles presta especial atención á participación, á amplitude de formas artísticas e á celebración do impacto comunitario. Para a configuración da carteleira de espectáculos tivéronse en conta especialmente propostas que traballan en espazos e formatos non tradicionais, inclusivas e sensoriais.
Foto de la tercera plana (turismo-5.jpg) O Instituto Nacional de Estatística (INE), publicou hoxe os datos referidos aos establecementos hoteleiros no mes de marzo, nos que a Semana Santa contribuiu a que o sector hoteleiro galego consolidase a crecente mellora da súa rendibilidade. En concreto, segundo o INE, a rendibilidade hoteleira medrou en marzo un 15%. Con estas cifras estímase que o sector hoteleiro obtivo uns ingresos totais de 21,9 millóns de euros ese mes, cifra que supera nun 23% o dato de marzo do ano pasado, que non coincidiu coa Semana Santa, que fora en abril. Tamén medrou con respecto ao valor previo á pandemia, cando se facturaron preto de 16 millóns de euros. En canto ao número de viaxeiros, o segmento hoteleiro presentou un comportamento positivo en Galicia en marzo.

Notas

A 22ª edición do Encontro Universitario de Danza da USC chega a Lugo este xoves 25 e o venres 26 coa presentación de producións de danza das compañías das universidades de Vigo, A Coruña e máis a propia da USC. As funcións, de entrada libre e de balde, serán ambos os dous días ás 20.30 horas na Caixa Negra do Museo Interactivo de Historia (MIHL). A compañía de danza da UDC abrirá este encontro o xoves 25, ás 20.30 horas, coa posta en escena de ‘… E todo o demais non importa’, unha coreografía colectiva con dirección artística de Alba Fdez. Cotelo.
A Facultade de Educación e Traballo Social do campus de Ourense acolle o I Congreso internacional sobre as diferenzas: filosofía, cultura e educación nas sociedades do século XXI, organizado polo grupo de investigación Ontoloxías da Diferenza. Fundamentos Teóricos e Repercusións Prácticas. Nel, pensadores de España e Portugal reflexionan sobre multiculturalismo, educación moral, a discusión entre a humanidade e as distintas intelixencias artificiais e as novas formas de pedagoxía.
PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES