Noticias

En Marea critica a Educación por actuar de espaldas a la comunidad escolar y la Consellería argumenta criterios de calidad

Ante la presencia de asociaciones de padres de alumnos y de profesorado, en Marea pidió la dimisión del conselleiro de Educación por su actuación en el anunciado cierre de centros en cuatro localidades gallegas: As Pontes, Outes, Ribadavia y Porriño. Educación se defiende argumentando que acomete la reorganización de los centros siguiendo criterios de calidad y mejora en las zonas afectadas.

Nota de prensa del Gabinete de Comunicación de la Xunta de Galicia:

O conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, Román Rodríguez, defendeu que o seu departamento actuou con total responsabilidade -tanto política como organizativa- á hora de deseñar para o vindeiro curso 2017/18 a reorganización escolar en catro dos 1.100 centros da rede pública, e sempre baixo a premisa de mellorar a calidade educativa nas zonas onde se leva a cabo.

Román Rodríguez explicou ante o pleno do Parlamento que dita reorganización foi deseñada tendo en conta criterios pedagóxicos, demográficos, xeográficos e de xestión responsable de recursos. “Non tomar decisións educativas e de planificación en interese do conxunto da comunidade sería irresponsable”.

O conselleiro foi debullando a casuística de cada un dos centros obxecto de reestruturación (os CPIs Monte Caxado nas Pontes, o Tomás de Lemos en Ribadavia, o Ribeira no Porriño; e o CEIP Emilio Navasqués, en Outes), cun denominador común en todos eles: as aulas resultantes das transformacións non superan en ningún caso os rateos máximos permitidos (incluso haberá aula están moi por debaixo dese rateo). Ademais, no caso dos CPI a reorganización fíxose exclusivamente naqueles lugares onde de cumprían con dúas condicións: que existe un IES moi preto do CPI obxecto de reestruturación, e que ese IES ten capacidade e dispoñibilidade para acomodar aos alumnos procedentes do Centro Público Integrado.

Polo tanto, nos tres primeiros casos (As Pontes, Ribadavia e O Porriño) os edificios educativos seguen funcionando con alumnos de infantil e primaria, mentres que os de secundaria pasan a escolarizarse nun IES próximo, nalgúns casos mesmo a carón do colexio de procedencia. O único caso onde hai un edificio que deixa de funcionar para usos educativos é o CEIP Emilio Navasqués de Outes, xa que os seus alumnos pasan a escolarizarse no CEIP de Outes, que está a 3,5 quilómetros de distancia. É dicir, que había dous colexios de liña 1 e pasa a haber un colexio de liña 2, con servizo de transporte gratuíto.

En alusión aos grupos da oposición na Cámara galega, Román Rodríguez lamentou a confusión e o alarmismo xerado ao acusar a Educación de pechar catro centros, cando o que se fai é unha transformación de natureza xurídica, ben transformando os Centros Públicos Integrados en CEIPs (casos de Ribadavia e O Porriño), integrando un CPI nun CEIP con máis capacidade (As Pontes), ou fusionado dous CEIPs.

Trátase, segundo subliñou o conselleiro, dunha decisión “técnica, responsable e sensata”, tendo en conta as peculiaridades xeográficas e demográficas existentes e o uso eficaz e eficiente dos recursos públicos dispoñibles. E, sobre todo, implica unha mellora na calidade educativa na medida en que os alumnos van ter acceso a máis e mellores oportunidades dentro do nivel educativo que lle corresponde. Isto ocorre, sobre todo, no caso dos alumnos de ESO que pasan a un instituto, onde na maioría dos casos van ter opción ao dobre itinerario (académico e aplicado), cando ata o de agora, nalgúns casos, só tiñan un. Ademais, o centro receptor pode optar en mellores condicións a proxectos, materias de libre configuración e contratos-programa entre outros.

O conselleiro entende que este tipo de cambios sempre xeren “nerviosismo e incertezas” entre as familias e entre a comunidade educativa en xeral, pero -subliñou- “as familias teñen que saber que adoptamos unha decisión que pretende dar máis oportunidades educativas para os seus fillos”. Nesta liña, desde o primeiro momento a Consellería de Educación mantivo e mantén abertas todas as liñas de diálogo coas respectivas comunidades educativas para explicar os pormenores desta reorganización en cada zona, co fin de aclarar todas as dúbidas xurdidas (horarios, transporte, comedor, programas de innovación, banco de libros,…) e garantir que o cambio xerará a menor distorsión posible ás familias.

Finalmente, Román Rodríguez lamentou o oportunismo político e partidista e o afán por xerar falsas alarmas respecto dunha decisión administrativa derivada dun exercicio de responsabilidade e mellora do sistema que, por outra parte, xa se ten tomado por gobernos anteriores. Neste senso, lembrou que en 2008 o Bipartito pechou o primeiro ciclo de ESO en 12 CEIPs, o que implicou o traslado dos alumnos a varios quilómetros de distancia e incluso a outros concellos. Isto evidencia, por tanto, un afán por tentar transformar unha acción de reorganización educativa nun problema político.

“Unha Administración responsable -concluíu o conselleiro- ten que garantir os servizos básicos alí onde hai persoas”, o que implica axustar a oferta dos servizos ás demandas reais dos cidadáns.

Nota de prensa del Gabinete de Comunicación de En Marea:

En Marea pediu a dimisión do conselleiro de Educación pola súa actuación no anunciado peche de centros en catro localidades galegas: As Pontes, Outes, Ribadavia e Porriño. Coa presenza na tribuna de invitados de nais e pais dos centros que pechou a consellería, Luca Chao pediu que o conselleiro dimita do seu cargo por ter ocultado á comunidade educativa e ao propio Parlamento de Galicia tras intervir no pleno anterior e non explicar os planos que tiña a consellería para esos colexios.

A deputada de En Marea asegurou na súa intervención o carácter ocultista con que se está xestionando a Consellería de Educación, ademais de ignorar ao Parlmento "Ignoran ás familias, ignoran aos sindicatos, ignoran ao profesorado, ignoran as nenas e nenas que non queren que lles pechen as escolas. Mesmo ignoran aos seus concelleiros e concelleiras, por exemplo nas Pontes, avergoñados de formar parte do seu partido".

Tamén sinalou Chao que o que a consellería denomina "reorganización" vai prexudicar á comunidade escolar de todos os centros afectados. "estes peches son un erro. Son un erro porque pechar escolas supón que outras van estar ateigadas, supón que nas aulas onde antes tiñamos vinte estudantes agora teremos 30, supón que o profesorado non vai dar abasto, supón que haxa unha atención menos personalizada. E iso, sábeo ben, redunda en prexuízos para quen máis precisa. Pechar escolas supón menor calidade para o ensino público. Supón, en definitiva, menos dereitos".

Luca Chao sinalou na súa intervención no Parlamento que a política do PP está clara respecto á Educación "Dende que vostedes chegaron ao goberno o ensino público acumulou unha perda de 195 millóns de euros. 195 millóns de euros menos que teñen implicacións claras. Vostedes son os responsables de que o ensino público galego conte hoxe con 1200 docentes menos. Teñen tamén o récord de ter pechado en 8 anos 116 escolas e 562 aulas suprimidas. E isto sen sumar os deste ano. Todo en base a criterios económicos que non ven máis aló de aforros curtopracistas e comprometen o futuro de comarcas enteiras".

A deputada tamén se referiu ao xeito en que o goberno disimulaba as decisións de pechar con outras denominacións,"criterios pedagóxicos, unha auténtica burla coa que tratan de disimular o despropósito deste ano polo cal deciden pechar a escola de Navascués en Outes e o Monte Caxado nas Pontes. Seica agora aforrar non queda ben e prefiren falar de criterios pedagóxicos. Hai que ver coa neolinguaxe do partido popular. Onde hai peches vostedes falan de extincións, onde hai recortes vostedes falan de optimizar recursos e onde hai criterios políticos e económicos vostedes falan de criterios pedagóxicos".

Representantes das Anps e do profesorado dos centros que pechará a consellería explicaron que estaban "indignadas coas palabras do conselleiro de Educación sobre a situación dos centros". En primeiro lugar, porque a consellería "en ningún momento se puxo en contacto con nós antes do peche, nin co profesorado nin coas anpas". Tamén explicaron nais do centro de Outes que o explicado no pleno non se correspondía coa realidade porque coa anpa dese centro non se puxo ninguén en contacto e mesmo que "o deputado do PP e tenente alcalde de Outes explicounos que non quería falar con nós porque estabamos moi nerviosas". As nais tamén lamentaron que as razóns "pedagóxicas" as que aluden en Educación "tampouco foron consultadas co profesorado ou coas anpas dos centros".

Fotografía: Gabinete de Comunicación de En Marea

R., 2017-07-11

Actualidad

Foto del resto de noticias (aqui-tamen-se-fala-2024.jpg) O evento, que reunirá na cidade herculina a artistas contemporáneos do talle de Grande Amore, Boyanka Kostova, Lontreira e Leria, nace co obxectivo de potenciar a música actual en galego, e se enmarca na iniciativa cultura homónima nacida no Equipo de Dinamización da Lingua Galega do instituto Rafael Dieste co obxectivo de promover o uso do galego entre a mocidade. A día de hoxe, involucra máis de 200 centros de toda a comunidade e preto de 50.000 estudantes que, a través de entrevistas, actuacións e campañas nas redes sociais, animan a rapazada a falar na lingua propia de Galicia.
Foto de la tercera plana (dron-bfa.jpg) A Business Factory Aero, o programa de incubación, aceleración e consolidación de empresas do sector aeroespacial, promovido pola Xunta de Galicia e xestionado pola Fundación CEL Iniciativas por Lugo, foi escollido pola Fundación de las Cajas de Ahorro (Funcas) e pola Universidad Rey Juan Carlos como a mellor Aceleradora en 2024 na categoría de Avanzadas. Este primeiro posto no ranking nacional supón un importante recoñecemento ao labor desenvolvido polo Goberno galego, no marco do Polo Aeroespacial de Galicia, para a retención e atracción de talento no sector e para a creación de emprego de alta cualificación na comunidade.

Notas

O Seminario de Inicio do Proxecto Caprif-CC: Comunidades activas e paisaxes resilientes a incendios forestais e cambio climático, desenvolveuse no Centro de Estudos Avanzados da USC, onde o inaugurou a vicerreitora de Titulacións e Internacionalización da USC, María José López Couso; o director da Fundación Juana de Vega, José Manuel Andrade; e o director da Fundación CEER, Ángel Miramontes.
Definida como a rama da política que se encarga das relacións entre estados, a diplomacia asociouse historicamente á actuación dos executivos nacionais. Non obstante, nun mundo marcado pola globalización, tanto os gobernos autonómicos como os locais levan a cabo iniciativas de acción exterior, do mesmo xeito que as actuacións de institucións como os parlamentos teñen unha incidencia internacional.
PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES