Noticias

El BNG pide al Gobierno gallego llegar a un acuerdo de país para cambiar la política forestal

Ana Pontón, portavoz nacional del BNG, tiende la mano a la Xunta de Galicia para cambiar la política forestal gallega con el fin de frenar el "monocultivo de eucalipto", y que ésta deje de estar "al servicio de una multinacional pastera". A las puertas de Ence, la nacionalista Ana Pontón insiste en que "convertir Galicia en un gran eucaliptal" favorece que "los incendios sean cada vez mayores".

Nota de prensa del Gabinete de Comunicación de la Xunta de Galicia:

A portavoz nacional, Ana Pontón, optou por desprazarse ata a sede de ENCE en Pontevedra para responderlle á dirección da pasteira sobre as “bondades” do eucalipto para a loita contra os lumes, e demandarlle ao presidente da Xunta que a política forestal do país a determine Galiza e non esta multinacional.

“A política forestal non a pode decidir ENCE desde o seu consello de administración comprando vontades con ex altos cargos do PP, porque o país precisa un cambio forestal, e desde o BNG tendemos a man para que ese cambio se produza”, alegou a dirixente nacionalista, “o grave é que semella que a única man que quere coller Feijóo é a de ENCE, non sei se porque aspira tamén el a acabar sentado nese consello de administración”.

Pontón quixo contestar in situ ás declaracións “tan pouco amistosas” da pasteira contra a portavoz nacionalista e tamén á campaña de manipulación en relación ao impacto do eucalipto no medio ambiente e no problema dos incendios. “Converter Galiza nun gran eucaliptal é converter o noso monte nun polvorín”, reafirmou, ao tempo que manifestaba o seu pasmo pola tese medioambiental difundida pola multinacional nun comunicado de prensa.

“A súa tese é que os eucaliptos son cortalumes, o que ten a mesma credibilidade que escoitar a Bárcenas dicir que os sobres en B son unha maneira de loitar contra a corrupción”, ironizou, “será unha teoría desenvolvida por algúns dos grandes expertos medio ambientais que sentan no consello de administración como a ex ministra do PP Isabel Tocino, ou o ex conselleiro de PP Carlos del Álamo, “os únicos que ven no eucalipto unha antídoto contra os lumes”.

Neste sentido, o Bloque recomenda á cúpula da pasteira algún dos informes nos que se recolle a eucaliptización como un problema para o medio ambiente e causa dos incrementos dos incendios, “informes oficiais do Goberno central das etapas do PP”, indicou Pontón tras criticar a práctica das portas xiratorias, “seguro que veremos novas incorporacións do PP que hoxe sentados no Consello da Xunta e no Consello de Ministros”. Igualmente, denunciou a prórroga de Rajoy á multinacional “para que siga contaminando a Ría de Pontevedra”.

O BNG propón un cambio radical da política forestal e de xestión do monte “porque quen marca as directrices é ENCE interesada en converter Galiza nun gran eucaliptal”. “Ese non é o modelo que lle interesa ao país porque perdemos oportunidades, capacidade de crear riqueza e emprego e poñemos en risco o territorio”, salientou Pontón.

“Por moito que lle moleste a dirección da pasteira, desde o Bloque imos seguir dicindo as verdades, do que significa unha política forestal ao servizo dunha multinacional que contamina a ría de Pontevedra e hipoteca o monte”, indicou, ao tempo que reiteraba a oferta de “man tendida para sacar adiante un gran acordo de país que deixe atrás o modelo do monocultivo do eucalipto e abra nova etapa para un aproveitamento integral do monte, favorecer a biodiversidade e combater os lumes”, argumentou.

Pontón tamén reclamou a Feijóo “que deixe de tirar balóns fora”, porque a Xunta debe garantir o cumprimento da lei e non “buscar culpables” cando se trata de executar a normativa das franxas de seguridade contra os incendios.

Fotografía: Gabinete de Comunicación de la Xunta de Galicia

R., 2017-07-10

Actualidad

Foto del resto de noticias (naufragos-hugo.jpg) Hugo fala da relación do seu protagonista, un rapaz con trastorno do espectro autista, coa súa amiga Laia. Jimmy Núñez e María Roja interpretan este espectáculo, seleccionado para a primeira edición do circuíto estatal de artes escénicas para a infancia e a mocidade da ASSITEJ. Baixo o lema Voces dun mundo novo, o congreso reunirá compañías e profesionais de numerosos países arredor dunha programación artística, de relatorios e de intercambio, que este ano lles presta especial atención á participación, á amplitude de formas artísticas e á celebración do impacto comunitario. Para a configuración da carteleira de espectáculos tivéronse en conta especialmente propostas que traballan en espazos e formatos non tradicionais, inclusivas e sensoriais.
Foto de la tercera plana (turismo-5.jpg) O Instituto Nacional de Estatística (INE), publicou hoxe os datos referidos aos establecementos hoteleiros no mes de marzo, nos que a Semana Santa contribuiu a que o sector hoteleiro galego consolidase a crecente mellora da súa rendibilidade. En concreto, segundo o INE, a rendibilidade hoteleira medrou en marzo un 15%. Con estas cifras estímase que o sector hoteleiro obtivo uns ingresos totais de 21,9 millóns de euros ese mes, cifra que supera nun 23% o dato de marzo do ano pasado, que non coincidiu coa Semana Santa, que fora en abril. Tamén medrou con respecto ao valor previo á pandemia, cando se facturaron preto de 16 millóns de euros. En canto ao número de viaxeiros, o segmento hoteleiro presentou un comportamento positivo en Galicia en marzo.

Notas

A 22ª edición do Encontro Universitario de Danza da USC chega a Lugo este xoves 25 e o venres 26 coa presentación de producións de danza das compañías das universidades de Vigo, A Coruña e máis a propia da USC. As funcións, de entrada libre e de balde, serán ambos os dous días ás 20.30 horas na Caixa Negra do Museo Interactivo de Historia (MIHL). A compañía de danza da UDC abrirá este encontro o xoves 25, ás 20.30 horas, coa posta en escena de ‘… E todo o demais non importa’, unha coreografía colectiva con dirección artística de Alba Fdez. Cotelo.
A Facultade de Educación e Traballo Social do campus de Ourense acolle o I Congreso internacional sobre as diferenzas: filosofía, cultura e educación nas sociedades do século XXI, organizado polo grupo de investigación Ontoloxías da Diferenza. Fundamentos Teóricos e Repercusións Prácticas. Nel, pensadores de España e Portugal reflexionan sobre multiculturalismo, educación moral, a discusión entre a humanidade e as distintas intelixencias artificiais e as novas formas de pedagoxía.
PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES