Nota de prensa del Gabinete de Comunicación de En Marea:
O voceiro de En Marea, Luís Villares, denunciou o caos e falla de proxecto político do Goberno de Núñez Feijóo que está a provocar a parálise do noso país. A folga do transporte, o peche de centros educativos no rural, ou a negativa do PP de Madrid para levar a cabo a transferencia da AP-9 son algúns dos exemplos destacados por Villares na súa comparecencia ante os medios desta mañá. O PP en Galicia converteu a súa maioría absoluta nun total desgoberno declarou.
Feijóo non está a solucionar os problemas de Galicia, do único que se ocupa é da súa carreira política afirmou o voceiro de En Marea que lamentou que o Goberno collera vacacións antes de tempo aínda que asegurou que para En Marea leva de vacacións desde dende o mesmo momento que entrou a gobernar.
O voceiro de En Marea asegurou que o ninguneo ao que está sendo sometido Feijóo en Madrid produce rubor e vergoña engadindo que non só ningunean ao PP galego senón á vontade de todo un país como o galego.
Pero a actuación caótica do goberno galego non só se deixa sentir fora de Galicia senón tamén dentro do país como sinalou Villares tomando como exemplo o plan de transportes presentado pola Xunta de Galicia co que pretende incomunicar todo o rural e contra o que se ten manifestado patronal, usuarios e sindicatos. Outra mostra é o plan de peche de escolas anunciado pola Consellería e que supón igualmente pechar o futuro no rural.
Temos un Goberno incapaz de xestionar os problemas reais do noso país. Existen unha Galicia que existe só na cabeza do Partido Popular e outra que é a Galicia real declarou Villares.
Fronte a isto, o voceiro de En Marea destacou o programa alternativo que formula En Marea no Parlamento e na rúa. Vimos de presentar unha proposta de ensino rural que se ocupa do ensino, dereitos e do transporte lembrou. Tamén no referido á AP9, o voceiro volveu a insistir que o obxectivo de En Marea pasa por lograr a transferencia pero tamén recuperar para o público esta infraestrutura.
En Marea ten un plan de goberno para Galicia e as súas maiorías sociais fronte ao desgoberno e a ineficacia do PP que converteu a súa maioría nunha actuación caótica concluíu Villares.
Nota de prensa del Gabinete de Comunicación del BNG:
A portavoz nacional, Ana Pontón, cualificou de mundo ao revés o resultado en materia de reparto do nivel de débeda e de déficit aprobados polo Consello de Política Fiscal e Financeira (CPFF), que serán ratificados nun consello de ministros extraordinario. O Estado non ten competencias en sanidade, educación, servizos sociais e outras cuestións que inciden directamente na vida das persoas, pero ese aparello de Estado resérvase a maior capacidade de gasto por esa dobre vía, mentres afoga ás comunidades autónomas e aos concellos, alegou.
Por capricho do señor Montoro, ese especialista en amnistías fiscais ilegais,- ironizou-, o Estado resérvase a maior parte da capacidade de gasto mentres que continúa apertándolle o cinto aos galegos e as galegas en sanidade, educación, dependencia, entre outros, un disparate, denuncia a dirixente do Bloque, que pide insubmisión.
Non é lóxico que aquelas administracións que teñen un impacto maior na vida das persoas sexan precisamente as que se lle reduce a capacidade de acadar recursos para atender esas necesidades, alega, por iso, deberíamos declararnos insubmisos fronte aos recortes que nos impón o señor Montoro, porque o que nos está pedindo e que sigamos apertándolle o cinto aos galegos e as galegas.
Para o Bloque, hai que mudar un sistema que impón recortes na capacidade de actuación do Goberno galego a través deses corsés do déficit e a débeda pública, ao tempo que se reafirma na necesidade dun novo modelo de relación económica co Estado, o concerto económico, que daría a Galiza 3.500 millóns de euros adicionais
É insostible unha distribución do teito de gasto que penaliza ás administracións que teñen un maior impacto na vida das persoas, xa que resulta evidente que o reparto aprobado no CPFF limita a capacidade dos gobernos autonómicos e dos concellos para incidir na prestación de servizos e nas medidas para fomentar a creación de emprego.
Por contra, o que se aumenta é a capacidade do Estado para obter recursos adicionais para seguir pagando o rescate bancario ou incrementar o gasto militar con cartos públicos. E unha decisión inxusta e centralista que vai contra os interese da maioría social, mentres o presidente da Xunta intenta convencernos de que este reparto é un bo negocio para Galiza, de novo poñendo os intereses do PP por diante dos da maioría social deste país.
A dirixente nacionalista tamén se referiu ao conflito do transporte público consecuencias da cascada de decisión erróneas adoptadas polo Goberno da Xunta, e avanzou que vai pedir a comparecencia en pleno da conselleira Ethel Vázquez que, á vista da situación orixinada, demostra que non é unha boa interlocutora e que carece dun deseño de transporte público para Galiza.
O goberno está xestionando moi mal este asunto, poñendo en risco emprego, continuidade do emprego, das pequenas e medianas empresas galegas do sector, e as liñas de servizo de transporte público, sintetizou.