Noticias

El Gobierno central insiste en vetar la tramitación de la transferencia de la AP-9 a Galicia

El Ministerio de Fomento insiste en rechazar el traspaso de la AP-9 a la Administración autonómica gallega, argumentando su negativa en la incidencia presupuestaria que tendría el traspaso, con pagos que cifra "en un mínimo" de 554 millones. La Xunta de Galicia mantiene su postura de "reclamar la titularidad" de esta infraestructura viaria porque "sería beneficiosa". La oposición acusa al PP de "mentiras" y "puras hipótesis" y exige una respuesta a Feijóo para "demostrar que no está detrás" de esta "maniobra".

Nota de prensa del Gabinete de Comunicación del PSdeG:

O portavoz do Grupo Socialista, Xoaquín Fernández Leiceaga, cualificou de “inaceptable” e “inadmisible” o novo veto do Goberno de Rajoy á transferencia da AP-9 a Galicia. Así llelo comunicou a Moncloa á Mesa do Congreso onte mesmo en contra da Proposición de Lei aprobada por unanimidade no Parlamento de Galicia apelando a que afecta aos orzamentos.

Fernández Leiceaga lembrou que a Lei galega foi modificada precisamente para garantir que non modificara os orzamentos, e reclamoulle ao presidente galego que “deixe de tomarlle o pelo aos galegos e as galegas votando unha cousa en Galicia e facendo outra no Congreso”. Dixo que “a única maneira que ten de demostrar que non está detrás desta burda manobra é desbloqueando o debate desta iniciativa”.

Explicou que a iniciativa ten que ser agora tomada a trámite pola Mesa do Congreso, onde os socialistas contan con dous votos, e hai outros dous de Podemos -suman os catro que xa estiveron a favor no anterior intento de tramitar esta Lei-. Enfronte atópanse os tres votos do PP e os dous de Ciudadanos, que son os que bloquearon o debate previamente.

O portavoz socialista apuntou ao voto da presidenta do Parlamento, a galega Ana Pastor, ex conselleira de fometo e que “ata onde sabemos forma parte do PP de Pontevedra” e que, dixo, “queremos que o PP vote a favor desta iniciativa, pero só co seu voto sería suficiente para desbloquear a tramitación desta norma”.

Advertiu que “Feijóo non pode mirar para outro lado, non pode dicir unha cousa en Galicia e facer en Madrid a contraria”, furtándolle a Galicia a posibilidade de recabar a competencia sobre a AP-9, o que supón “o primeiro paso para conseguir unha rebaixa significativa das peaxes”. Explicou que esta vía constitúe “a rúa maior de Galicia”, unindo 6 áreas urbanas e o 70 por cento da poboación da Comunidade Autónoma.

Nota de prensa del Gabinete de Comunicación de En Marea:

O vicevoceiro de En Marea no Parlamento de Galicia, Antón Sánchez, reclamou unha resposta contundente do presidente Feijóo ó último informe do Goberno do Estado que veta o debate no Congreso da Proposición de Lei sobre a transferencia da titularidade as competencias da AP9 á Xunta, aprobada por unanimidade no Parlamento de Galicia. “Este veto demostra que Feijóo ou ben é cómplice desta tomadura de pelo ao pobo galego ou é un cero á esquerda en Madrid e non pinta nada como presidente de Galicia, pois non exerce como tal.”

Ademais, Antón Sánchez asegurou que o “informe está cheo de mentiras e baseado en hipóteses falsas, pois os letrados do Parlamento elaboraron a iniciativa facendo especial fincapé no cumprimento do artigo 134 da Constitución”. “É unha cuestión de vontade política”, lembrou “que evidencia que estamos gobernados aquí e en Madrid por xente antidemocrática e sen escrúpulos”.

“Volven facer referencia aos custes do rescate cando na Proposición de Lei se eliminou esa posibilidade, multiplicando a facturación bruta anual polos anos que quedan de concesión”, denunciou Sánchez, para quen este informe é “unha tomadura de pelo ao pobo galego”. O vicevoceiro de En Marea puxo como exemplo a hipótese formulada non informe de que a transferencia á Xunta podería vulnerar o compromiso de financiar as obras de ampliación de Rande e dos accesos a Santiago cun incremento das peaxes durante os vindeiros 20 anos. “É un argumento falaz, pois saben que habería unha comisión mixta que velaría por estes cumprimentos, aínda que non esteamos dacordo con eles”.

Pola súa banda, a deputada de En Marea no Congreso, Alexandra Fernández, afirmou en relación ao Informe desfavorábel de Fomento que “o Goberno de Rajoy utiliza argucias, argumentos peregrinos e falsos para xustificar outra negativa á transferencia da AP-9”.

Alexandra Fernández acusou ao Goberno de “falta de vontade política". "Non é unha negativa en base a criterios economicistas como volta a decir no Informe, porque temos que lembrarlle que esta proposición de lei do Parlamento galego non falaba de rescate económico, falaba da transferencia. Está claro que o que queren é que a AP-9 continúe en mans de AUDASA para beneficiar intereses empresariais. Esa é a política do PP, mirar polo negocio dos amigos mentras prexudica ao ben colectivo que neste caso son os galegos e as galegas”.

Nota de prensa del Gabinete de Comunicación del BNG:

O BNG ve no segundo veto do Goberno de Rajoy ao debate da transferencia da AP9 un novo agravio para Galiza e unha nova proba da irrelevancia política de Feijóo en Madrid, ao tempo que lembra que é a Mesa do Congreso a que decide sobre a toma en consideración desta lei órgano no que tamén teñen responsabilidade outras forzas políticas nun contexto se maioría absoluta do PP.

Desde Combarro, a portavoz nacional, Ana Pontón, indicaba que o ministro de Fomento, “está comprando todos os boletos para que o declaremos persoa non grata neste país, porque o informe que ven de remitir ao Congreso é unha nova mostra do agravio e do desprezo co que se trata a Galiza desde Madrid”.

Deste agravio, alegou, “é responsable o presidente da Xunta pola súa incapacidade para defender os nosos intereses, que no pasado xustificou e seguro volverá xustificar este informe, o que conduce a que Galiza sexa máis irrelevante e demostra cada día que Feijóo non pinta nada en Madrid”.

Para o BNG é evidente que o equilibrio das contas públicas, -como volve alegar o Goberno central ignorando os cambios introducidos polo Parlamento galego na segunda lei remitida ao Congreso, - non se rompe pola transferencia da AP9 senón, en todo caso, “polo rescate bancario, polo rescate das radiais madrileñas ou das amnistías fiscais ilegais aprobadas por Montoro”.

En todo caso, indicou Pontón, o PP “ten unha responsabilidade” porque é a Mesa do Congreso a que ten a decisión de tramitar a Lei de transferencia da AP9 e, sobre a súa toma en consideración “agardo que unha deputada galega como Ana Pastor non volva cometer unha traizón con este país, que non volva pasar por riba de todos os galegos e galegas sendo cómplice dun novo agravio”.

Ademais, Pontón lembra que o PP non ten maioría absoluta no órgano de dirección da Cámara baixa e que hai outras forzas políticas que van ter a responsabilidade sobre a toma en consideración desta lei.

“Imos ver que pasa a vindeira semana no Congreso pero esta situación de dobre intento de veto non podemos asumila con normalidade, e Galiza ten que seguir facendo presión para que realmente consigamos o traspaso da AP9” como primeiro paso para “poñer fin á situación de ter unha das peaxes máis caras do Estado cando temos un dos salarios máis baixos”.

R., 2017-06-30

Actualidad

Foto del resto de noticias (aqui-tamen-se-fala-2024.jpg) O evento, que reunirá na cidade herculina a artistas contemporáneos do talle de Grande Amore, Boyanka Kostova, Lontreira e Leria, nace co obxectivo de potenciar a música actual en galego, e se enmarca na iniciativa cultura homónima nacida no Equipo de Dinamización da Lingua Galega do instituto Rafael Dieste co obxectivo de promover o uso do galego entre a mocidade. A día de hoxe, involucra máis de 200 centros de toda a comunidade e preto de 50.000 estudantes que, a través de entrevistas, actuacións e campañas nas redes sociais, animan a rapazada a falar na lingua propia de Galicia.
Foto de la tercera plana (dron-bfa.jpg) A Business Factory Aero, o programa de incubación, aceleración e consolidación de empresas do sector aeroespacial, promovido pola Xunta de Galicia e xestionado pola Fundación CEL Iniciativas por Lugo, foi escollido pola Fundación de las Cajas de Ahorro (Funcas) e pola Universidad Rey Juan Carlos como a mellor Aceleradora en 2024 na categoría de Avanzadas. Este primeiro posto no ranking nacional supón un importante recoñecemento ao labor desenvolvido polo Goberno galego, no marco do Polo Aeroespacial de Galicia, para a retención e atracción de talento no sector e para a creación de emprego de alta cualificación na comunidade.

Notas

O Seminario de Inicio do Proxecto Caprif-CC: Comunidades activas e paisaxes resilientes a incendios forestais e cambio climático, desenvolveuse no Centro de Estudos Avanzados da USC, onde o inaugurou a vicerreitora de Titulacións e Internacionalización da USC, María José López Couso; o director da Fundación Juana de Vega, José Manuel Andrade; e o director da Fundación CEER, Ángel Miramontes.
Definida como a rama da política que se encarga das relacións entre estados, a diplomacia asociouse historicamente á actuación dos executivos nacionais. Non obstante, nun mundo marcado pola globalización, tanto os gobernos autonómicos como os locais levan a cabo iniciativas de acción exterior, do mesmo xeito que as actuacións de institucións como os parlamentos teñen unha incidencia internacional.
PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES