Noticias

Protesta en la capital de Galicia por el cierre de centros educativos y en contra de la reordenación del mapa de centros planteada por la Xunta

Padres, alumnos y vecinos de localidades como As Pontes, Ribadavia y O Porriño, entre otras, se concentraron en protesta por la reordenación del mapa de centros educativos planteada por la Consellería de Educación e Ordenación Universitaria de la Xunta de Galicia, y dada a conocer coincidiendo con el final del curso académico. Núñez Feijóo defiende la reordenación de espacios y dice que no se cierran aulas. En Marea, BNG, PSdeG y la Plataforma en Defensa do Ensino piden explicaciones y una reunión urgente con el conselleiro de Educación.

Nota de prensa del Gabinete de Comunicación del BNG:

A portavoz do BNG, Ana Pontón anunciou que o BNG pedirá a dimisión do conselleiro de Educación, Román Rodríguez na vindeira sesión plenaria do Parlamento galego, “a nova coitelada ao ensino galego esixe a dimisión do conselleiro”, afirmou a líder do BNG na concentración fronte á Xunta celebrada hoxe en protesta polo peche de centros escolares en diversas localidades galegas.

A consellería de Educación, afirmou a líder do BNG, actúa “con mala fe” e acaba de darlle unha coitelada pola espalda ao ensino público galego e anunciou que o BNG continuará apoiando á comunidade educativa porque defender o ensino público, recalcou, “é defender o futuro dos nenos e nenas da Galiza de mañá”.

Pontón reiterou o apoio do BNG á comunidade educativa e ás nais e país que queren manter uns centros que “funcionaban” e que hoxe se ven obrigados a reivindicar o seu mantemento. A Xunta ante esta demanda “xusta” non pode facer ouvidos xordos nin contar “máis milongas” como viñeron facendo ao longo desta última semana. Neste sentido, lamentou a campaña “de mentiras” iniciada pola consellería de Educación e a Xunta de Núñez Feijóo”.

Cando escoitamos ao conselleiro falar de reorganización e non de peche de colexios, lémbrame a Cristobal Montoro defendendo unha amnistía fiscal á que denominou plan para buscar recursos ocultos e que finalmente foi declarada ilegal. O mesmo acontece agora, o peche de colexios é “unha inmoralidade” e un ataque máis para seguir desmantelando o ensino público galego no que o Partido popular é un verdadeiro “experto”.

Temos que destinar máis investimento para o ensino e por iso hoxe reclamamos a “dimisión do conselleiro de Educación, que se manteñan os centros escolares que queren pechar e que a Xunta deixe de xogar co futuro dos nenos e nenas”.

Para Pontón é “unha inmoralidade” pechar centros de ensino públicos pero tamén o é utilizar a escusa da crise para seguir cunha política de continuos recortes cando paralelamente o PP segue destinando miles e miles de euros para financiar centros privados”. Nesta liña lembrou que a Xunta blindaba máis de “1.600 M€ para centros privados durante os próximos anos”.

A concentración contra o peche de centros escolares celebrada hoxe fronte a consellería de Educación en San Caetano, Santiago de Compostela, tamén asistiu a portavoz de educación do BNG, Olalla Rodil e responsables políticos desta formación.

Nota de prensa del Gabinete de Comunicación del PSdeG:

O portavoz do Grupo Socialista, Xoaquín Fernández Leiceaga, denunciou “premeditación e alevosía” por parte da Consellería de Educación na reorganización e peche de catro centros educativos anunciada un día antes do remate do curso escolar. Así o dixo na concentración de protesta convocada hoxe fronte á sede da Xunta, en San Caetano.

O responsable socialista censurou a “inaceptable forma de proceder” do conselleiro, que agardou a que pasara a súa comparecencia no Pleno do Parlamento para tomar esta decisión. Lembrou a solicitude de comparecencia presentada pola oposición o pasado venres e dixo que “debe comezar por explicarse na Cámara, e se non o fai dende logo demostrará que non está capacitado para dirixir a Consellería”.

Acusouno de “furtarlle ao Parlamento un debate necesario sobre a recomposición da planta de centros” e en lugar diso “procede por sorpresa e cando remata o curso para levar adiante un recorte da oferta de centros non xustificado”.

Reclamou “criterios obxectivos e claros para definir onde se precisan centros e ónde é necesario proceder ao axuste” xa que con decisións como esta, apuntillou, “dá a impresión de que a discrecionalidade e a improvisación son norma da Xunta de Galicia”.

Fernández Leiceaga participou, xunto cos deputados do Grupo Socialista, na concentración celebrada hoxe en protesta pola reubicación e peche dos centros de A Pobra, As Pontes, Ribadavia e Porriño.

Nota de prensa del Gabinete de Comunicación del PPdeG:

A deputada do Grupo Popular Teresa Egerique demandou aos grupos da oposición que “deixen de enredar” coa reorganización escolar que a Consellería de Educación vai levar adiante o vindeiro curso nos concellos de As Pontes, Ribadavia, Porriño e Outes, porque “en ningún caso se vai pechar ningún centro nin unidade escolar, mantendo aos alumnos escolarizados nas súas propias poboacións”.

Teresa Egerique subliñou que esta decisión responde a “unha planificación realizada pola Consellería tendo en conta criterios pedagóxicos, demográficos, xeográficos e de xestión responsable de recursos, respectando en todos os casos os rateos máximos permitidos de alumno por aula”.

En concreto, a deputada explicou que a Consellería vai acometer unha reorganización escolar de cara ao vindeiro curso que unicamente pasa por escolarizar ao alumnado de secundaria de tres centros públicos integrados (CPI) en institutos de educación secundaria (IES). “Nos casos de As Pontes, Ribadavia e O Porriño dase as circunstancias de que existe un IES preto dun CPI e ese IES ten capacidade e dispoñibilidade para acomodar aos alumnos procedentes do CPI”, engadiu.

“Como xa se avanzou desde a propia Consellería, non están previstos outros traslados de aulas de secundaria de CPI a institutos, pero se os houbera estarían vinculados a estes dous requisitos, que agora mesmo se dan nestes centros mencionados, pero non noutros existentes en Galicia”, manifestou.

Egerique subliñou que “esta reorganización escolar que se realiza nalgúns concellos, que practicamente se reduce a modificacións de carácter administrativo, ten o único obxectivo de mellorar a calidade educativa para o alumnado e a atención á diversidade”.




Fotografía: Gabinete de Comunicación del BNG

R., 2017-06-29

Actualidad

Foto del resto de noticias (aqui-tamen-se-fala-2024.jpg) O evento, que reunirá na cidade herculina a artistas contemporáneos do talle de Grande Amore, Boyanka Kostova, Lontreira e Leria, nace co obxectivo de potenciar a música actual en galego, e se enmarca na iniciativa cultura homónima nacida no Equipo de Dinamización da Lingua Galega do instituto Rafael Dieste co obxectivo de promover o uso do galego entre a mocidade. A día de hoxe, involucra máis de 200 centros de toda a comunidade e preto de 50.000 estudantes que, a través de entrevistas, actuacións e campañas nas redes sociais, animan a rapazada a falar na lingua propia de Galicia.
Foto de la tercera plana (dron-bfa.jpg) A Business Factory Aero, o programa de incubación, aceleración e consolidación de empresas do sector aeroespacial, promovido pola Xunta de Galicia e xestionado pola Fundación CEL Iniciativas por Lugo, foi escollido pola Fundación de las Cajas de Ahorro (Funcas) e pola Universidad Rey Juan Carlos como a mellor Aceleradora en 2024 na categoría de Avanzadas. Este primeiro posto no ranking nacional supón un importante recoñecemento ao labor desenvolvido polo Goberno galego, no marco do Polo Aeroespacial de Galicia, para a retención e atracción de talento no sector e para a creación de emprego de alta cualificación na comunidade.

Notas

O Seminario de Inicio do Proxecto Caprif-CC: Comunidades activas e paisaxes resilientes a incendios forestais e cambio climático, desenvolveuse no Centro de Estudos Avanzados da USC, onde o inaugurou a vicerreitora de Titulacións e Internacionalización da USC, María José López Couso; o director da Fundación Juana de Vega, José Manuel Andrade; e o director da Fundación CEER, Ángel Miramontes.
Definida como a rama da política que se encarga das relacións entre estados, a diplomacia asociouse historicamente á actuación dos executivos nacionais. Non obstante, nun mundo marcado pola globalización, tanto os gobernos autonómicos como os locais levan a cabo iniciativas de acción exterior, do mesmo xeito que as actuacións de institucións como os parlamentos teñen unha incidencia internacional.
PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES