Noticias

Feijóo dice que Ana Botín estudiará mantener la marca del Banco Pastor y pide que se investigue lo ocurrico en esta operación

El presidente de la Xunta, Alberto Núñez Feijóo, ha revelado que, "72 horas" después de que se ratificase la compra del Banco Popular por el Banco Santander, remitió un escrito a la presidenta Ana Patricia Botín, con varias peticiones, entre ellas "mantener la marca del Banco Pastor. Ana Pontón (BNG) pregunta a Feijóo dónde estaba mientras liquidaban el Pastor, "en Babia?".

Nota de prensa del Gabinete de Comunicación del BNG:

Cunha moeda dun euro entre os dedos a portavoz nacional, Ana Pontón, arrancaba simbolicamente a súa interpelación ao presidente da Xunta: “Unha moeda dun euro que ao común dos mortais non nós chega para pagar un café, chegoulle a Ana Patricia Botín para facerse cos restos do sistema financeiro galego metendo na súa cesta da compra o Banco Popular-Pastor”.

Con esa moeda dun euro, enfatizou, “gana a grande banca e perde Galiza”, porque desaparece unha entidade galega bicentenaria, porque as PEMES e ás familias quedan sen un punto de apoio crediticio, porque hai 60.000 aforradores e aforradoras estafadas pola banca e o polo Goberno e porque hai máis de 1.000 empregos directos en xogo.

Ante esta situación, a dirixente do Bloque propuxo ao presidente da Xunta facer unha fronte común con tres obxectivos concretos: Garantir o emprego e a marca do Pastor, esixir unha solución para as 60.000 persoas que viron reducidos a cero as súas accións e investigar esta nova estafa bancaria ampliando o obxecto de investigación da actual Comisión parlamentaria das caixas de aforro, “sen vetos e sen limitacións”.

Igualmente, o BNG propón a creación dunha banca pública galega, hoxe máis necesaria ca nunca, que podería facerse co moito menos do 0,000001% dos 60.000M€ do rescate da banca privada a costa do erario público.

Pontón acusou a Feijóo de ser “cómplice necesario” da desaparición do sistema financeiro galego porque, lembrou, cando o dirixente do PPdG chegou a Monte Pío existían Caixa Nova, Caixa Galicia, Banco Galego e Banco Pastor. “Hoxe non queda nada, outro logro que sumar a súa estupenda xestión”, ironizou, mentres no mesmo contexto Euskadi e Catalunya manteñen a Kutxa e La Caixa, “proba evidente de que non estamos ante un problema de competencias, como alegou, senón de incompetencia”.

“Onde estaba vostede mentres liquidaban ao Pastor señor Feijóo, en Babia? Desde logo, onde non estaba era defendendo os intereses de Galiza”, recriminou Pontón, tras criticar a inactividade do xefe do Executivo ante un tema “que non pode despacharse pedindo sensibilidade ao Banco Santander, que é tanto como pedirlle ao lobo que non pape ás ovellas”.

A dirixente do Bloque preguntouse por qué non se evitou a absorción do Pastor, “pois a vista está que foi unha pésima decisión”, por qué non se evitou a caída do Popular suspendendo a súa cotización en bolsa, “como tres días despois fixeron con Liberbank”, e por qué non se evitou que miles de galegas e galegos “teñan que volver aos xulgados a reclamar os aforros da súa vida”.

Pontón inicio a sesión plenaria expresando a oposición nacionalistas á decisión do presidente do Parlamento de acumular as preguntas formuladas polo BNG e por En Marea “porque trampea e desvirtúa a única ocasión de control que temos desde a oposición ao presidente do Goberno”, alegou.

R., 2017-06-21

Actualidad

Foto del resto de noticias (union-europea-bandeiras.jpg) O director xeral de Relacións Exteriores e coa UE, Jesús Gamallo, participou na sesión plenaria do Comité Europeo das Rexións (CdR), onde Galicia presentou 21 emendas a catro dos ditames sometidos a aprobación. Un dos máis relevantes para a comunidade foi o ditame sobre a ferramenta de facilitación transfronteiriza. Calcúlase que a eliminación do 20% das barreiras e obstáculos xurídicos e administrativos actuais entre rexións de fronteira na UE -entre as que se atopa Galicia, que conforma unha Eurorrexión xunto co Norte de Portugal- permitiría aumentar o seu PIB nun 2% e crear nelas ata un millón de empregos.
Foto de la tercera plana (cdc-01.jpg) InnovArt 24, o maior evento en Galicia de promoción e difusión das ensinanzas artísticas, de idiomas e deportivas propicia o encontro entre as vocacións e os profesionais, e facilita que o alumnado de diferentes niveis educativos se familiaricen e tomen contacto cos eidos da arte dramática, as artes plásticas e deseño, a conservación e restauración de bens culturais, a danza, as ensinanzas deportivas, os idiomas e a música. A feira conta cunha zona de 4.100 m² no Museo Centro Gaiás, na que os visitantes poden participar en obradoiros de artes plásticas e deseño, traballos de conservación e restauración de bens culturais, actividades deportivas didácticas de música, arte dramática e danza, así como de idiomas. Tamén se ofrecen mostras e exhibicións das distintas ensinanzas, concertos, conferencias e espectáculos escénicos en directo.

Notas

Mostrar á cidadanía os resultados do traballo realizado ao longo do curso nas aulas teatrais dos tres campus da UVigo, á vez que achegar a cidade propostas escénicas chegadas desde outros países. Estes dous obxectivos conflúen na XV Mostra Internacional de Teatro Universitario de Pontevedra (Miteu), que se desenvolverá entre o 24 de abril e o 3 de maio, con cinco funcións con entrada libre no Teatro Principal, todas elas ás 20.30 horas.
A Sala Cloud do Centro de Investigación en Tecnoloxías da Información e as Comunicacións (CITIC) acollerá o vindeiro martes un novo taller do ciclo HumanIA UDC, organizado polo Consello Social e a Facultade de Humanidades da UDCe por dito centro. Baixo o título 'Perfís profesionais: Humanidades e IA', a experta en lingüística, tecnoloxía e diversidade, Cristina Aranda, cofundadora de Big Onion e Mujeres Tech, explicará as claves da cooperación entre perfís profesionais de cara ao futuro e presente da IA.
PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES