Noticias

Los sindicatos acusan a la Xunta de provocar la paralización de los autobuses tras no alcanzarse un acuerdo para desconvocar la huelga

CCOO, UGT y CIG mantienen la convocatoria de huelga en el sector de transporte de viajeras y viajeros en autobús. Los paros tendrán lugar los días 20 y 21 de junio y se repetirán cada martes y miércoles. De este modo los sindicatos protestan cpmtra la congelación de las condiciones laborales en el ámbito y también contra la reordenación del mapa del transporte que propone la Xunta, que califican de "ERE encubierto". La Xunta pide a los sindicatos que reconsideren el paro por el impacto que tendrá entre los trabajadores o las excursiones escolares.

Nota de prensa del Gabinete de Comunicación de la Xunta de Galicia:

A Xunta mantén a súa oferta de diálogo e negociación sobre a primeira fase do Plan de transporte público de Galicia, unha iniciativa que ten como único obxectivo garantir os servizos aos cidadáns e os postos de traballo no sector. Este plan é a resposta do Goberno galego á decisión de parte das empresas de transporte a non seguir prestando máis de 500 liñas de autobús a partir do mes de agosto.

A Consellería de Infraestruturas e Vivenda mantén as portas abertas e reitera a súa plena disposición a revisar coas centrais sindicais os aspectos laborais dos 42 contratos do Plan de transporte público, co obxectivo de acadar solucións de consenso que ofrezan as garantías que demandan os representantes dos traballadores.

Así mesmo, o Goberno galego manifesta tamén, novamente, que está aberto a analizar as propostas que desexen presentar as empresas representadas polas diferentes federacións de transportistas de Galicia.

O Plan elaborado polo Goberno galego supón unha reordenación do actual sistema de concesións de transporte naquelas zonas afectadas polas renuncias empresariais. As liñas de transporte agrúpanse nun total de 42 contratos comarcais economicamente viables que terán vixencia ata 2019.

A principal novidade deste sistema radica na integración das liñas de transporte escolar no marco xurídico do transporte regular, unha modalidade a efectos únicos de xestión, que blindando e reforzando a atención prioritaria das necesidades dos alumnos, permite multiplicar as posibilidades de mobilidade da poboación rural.

Entre as grandes vantaxes deste plan está o feito de que todas as liñas de transporte escolar que se integren no transporte regular en Galicia contarán cun monitor acompañante, situándose por riba das exixencias legais.

Ademais, a posta en marcha da primeira fase do novo Plan de transporte público de Galicia permitirá mellorar o funcionamento deste servizo en preto de 200 concellos galegos. Neles máis que duplicarase o número de paradas de autobús xeral e 1,7 millóns de persoas terán unha parada a menos de 500 metros da súa casa.

A integración do transporte escolar no transporte regular funciona desde hai anos con normalidade noutras comunidades de España, como Castela e León, Asturias, País Vasco e Navarra.

Esta integración constitúe a tendencia xeral nos plans de futuro do resto de autonomías, na procura dunha optimización e racionalización da oferta de servizos de transporte público, un obxectivo especialmente xustificado no caso de Galicia, onde a atención das necesidades de mobilidade da poboación está marcada pola alta dispersión da poboación e onde se estima que as rutas de transporte escolar representan o 40% do total do Estado.

Outra das características do Plan é o seu deseño orientado á realidade do tecido empresarial galego do sector do transporte, xa que os contratos requiren dunha media de 13 autobuses para poder realizar os servizos que recollen, ao tempo que se abre a posibilidade de que as empresas concurran aos mesmos a través dunha UTE.

O Diario Oficial de Galicia fai pública hoxe a orde pola que se establecen os servizos mínimos para as xornadas de folga convocadas e que se establecen nun 40% para os servizos xerais e do 100% para o transporte escolar.

En todo caso, o Goberno galego solicita que as centrais sindicais reconsideren a convocatoria de folga prevista para mañá e o mércores, xa que ao coincidir coa última semana do curso escolar poderá afectar aos alumnos que tiñan programadas excusións, así como dificultar os desprazamentos dos traballadores.

Nota de prensa del Gabinete de Comunicación de CC.OO.-Galicia:

Os sindicatos reprochan a «intransixencia» da patronal, que mantén bloqueados os convenios —no caso de Ourense, desde o 2012—. Así mesmo, censuran que o anteproxecto da Xunta debuxa un panorama de «precarización e recortes» —por exemplo, priman as xornadas parciais.

O reponsable do sector de transporte por estrada de CCOO, Marcos Pérez, reprochoulle ao Goberno galego de «falta de visión» e acusou a Xunta de «non medir o impacto social» da devandita reordenación, que «deixará sen servizo a moitas localidades, que ficarán incomunicadas».

O voceiro de CCOO alerta do impacto sobre o emprego que terá a medida. Segundo os cálculos de Pérez, ata o ano 2019 poderían desaparecer case o 30% dos postos de traballo, ao redor de mil empregos. Ante a magnitude das cifras, non dubidou en cualificar de «ERE encuberto» a medida.

R., 2017-06-19

Actualidad

Foto del resto de noticias (emprego-oficina.jpg) Por que o universo dos activos dixitais semella un mundo masculino? Por que a maioría de ‘influencers’ do mundo cripto que saen á palestra son homes? Está equilibrada a proporción entre homes e mulleres nos consellos de administración das empresas? Estas son algunhas das preguntas ás que se deu resposta este luns na VI Xornada de igualdade de xénero e Dereito Mercantil, actividade dirixida desde a Facultade de Ciencias Xurídicas e do Traballo polas docentes Sara Louredo e Ana Mª Aido e para a que, nesta ocasión, se contou coa participación de dúas profesoras expertas en Dereito Mercantil: Vanessa Jiménez, da Universidad de Salamanca, e Josefina Boquera, da Universidad de Valencia.
Foto de la tercera plana (20240423-xunta.jpg) Un total de 23 os equipos de 19 colexios e institutos participaron no lanzamento de satélites elaborados por parte de centros educativos galegos no marco da fase autonómica do programa da Axencia Espacial Europea Cansat 2024, que se desenvolveu no aeródromo das Gaivotas, en Cerceda. A xornada desenvolveuse arredor de tres actividades: un obradoiro de foguetes químicos e de auga impartida polo alumnado do Centro Público Integrado O Cruce (Cerceda), unha exhibición de drons a cargo de Aeromedia e o lanzamento dos satélites. O secretario xeral técnico da Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e FP, Manuel Vila, acompañou os alumnos nesta xornada.

Notas

O Centro Interdisciplinario de Investigacións Feministas e de Estudos de Xénero (CIFEX) da USC participa na organización do primeiro Congreso Internacional sobre Feminismos e Humor ‘HumorSofías’, que se desenvolverá os días 7 e 8 de maio na facultade compostelá de Filoloxía. A inscrición no encontro, organizado ademais pola Universidade Complutense de Madrid e o Middlebury College con financiamento da Deputación da Coruña, é gratuíta ate completar aforo.
Desde principios do ano 2023, persoal investigador das universidades de Vigo e Oviedo e da empresa EOSOL Ingeniería desenvolven o proxecto Antennas for Underground Communications. O seu obxectivo é proporcionar á Axencia Espacial Europea (ESA) o deseño conceptual dunha antena de comunicacións que poida funcionar no interior de covas da Lúa. A súa proposta vén de someterse con éxito a ensaios técnicos no campus de Ourense.
PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES