Noticias

El BNG insiste en atribuir el agravio de los Presupuestos Generales del Estado con Galicia a la falta de peso político de Feijóo

Los Presupuestos del Estado son regresivos en el ámbito social, prevén los mismos ingresos que antes de la crisis económica pero mantienen los recortes, aumentan el gasto militar y priorizan el pago de la deuda, por encima del bienestar de los ciudadanos. Estas son algunas de las críticas del BNG a las cuentas públicas del Estado que, según Ana Pontón, son insufientes para Galicia, lo que achaca, una vez más, a la "falta de peso político" del presidente gallego Núñez Feijóo.

Nota de prensa del Gabinete de Comunicación del BNG:

A portavoz nacional do BNG, Ana Pontón censurou os Orzamentos do Estado dos que dixo, “prevén os mesmos ingresos que no ano 2007, antes da crise económica, pero manteñen os recortes nas políticas sociais, aumentan os gasto militares e priorizan o pagamento da débeda por riba do benestar dos cidadáns. Pontón atribuíu o agravio a Galiza “á falta de peso político de Feijóo”.

Parafraseando unha canción de Manu Chao afirmou que “Galiza está muda e desaparecida”. Esta falta de peso político, dixo provoca que Galiza teña un recortazo de máis de 400 M€ e que non son produto da falta de recursos, é unha decisión política, recalcou. Neste sentido, explicou que Rajoy aumenta en 7.000 millóns de euros o gasto militar, concede unha “chuvia de millóns” para Euskadi e o Corredor do Mediterráneo, ou para Canarias e mentres tanto en Galiza, “ temos a cifra máis baixa de investimentos do século XXI”.

A portavoz do BNG responsabiliza a Núñez Feijóo e a súa “estratexia de submisión e servilismo a Rajoy” que Galiza sexa discriminada e padeza o maior recortazo deste século e que “os interese de Galiza non pinten nada no Estado”. Se no Estado en troques de estar o PP, estivera outra forza política, Feijóo estaría botando as man a cabeza ante este novo “agravio ao noso país”. Feijóo, vendeulle a moto a todos os galegos e galegas durante a campaña electoral cando afirmaba “Galiza primeiro” e agora comprobamos que é certo pero, “colocando a Galiza primeiro pola cola”.

Ana Pontón apelou a un cambio de rumbo para situar na axenda política a Galiza co obxecto de mellorar as condicións de vida dos galegos e galegas. “Urxe unha defensa firme de Galiza, inversións xustas do Estado, un modelo de concerto económico que nos permitiría contar con 3.500 M€ cada ano e unha tarifa eléctrica galega que nos compense por ser produtores”. Os vascos, explicou, aforrarán 50 M€ nas súas empresas graza a tarifa e nós que somos excendentarios en produción de enerxía eléctrica, “non temos ningún beneficio”.Pontón sumou a reivindicación dunha tarifa eléctrica galega, a modernización do ferrocarril, o saneamento das rías galegas e investimento en I+D+i para sacar a Galiza da “cola do Estado”.

A portavoz nacionalista amosou as súas dúbidas ante a transferencia da AP-9 que achacou á “falta de interese das forzas estatais”. Os atascos producidos estes meses, dixo, agudizaránse no verán polo que o BNG proporá na vindeira sesión plenaria catro medidas para que os galegos e galegas non teñamos que pagar peaxes por quedar atrapados durante horas dentro da AP-9: “Sancións polos atascos producidos nestes meses, a posta en marcha dun protocolo para abrir as barreiras cando se produzan colas de mínimo un Qm, rebaixa das peaxes mentres continúan as obras de ampliación da autoestrada e recuperar os postos de traballo suprimidos durante os últimos anos”.

Fotografía: Gabinete de Comunicación del BNG

R., 2017-05-29

Actualidad

Foto del resto de noticias (aqui-tamen-se-fala-2024.jpg) O evento, que reunirá na cidade herculina a artistas contemporáneos do talle de Grande Amore, Boyanka Kostova, Lontreira e Leria, nace co obxectivo de potenciar a música actual en galego, e se enmarca na iniciativa cultura homónima nacida no Equipo de Dinamización da Lingua Galega do instituto Rafael Dieste co obxectivo de promover o uso do galego entre a mocidade. A día de hoxe, involucra máis de 200 centros de toda a comunidade e preto de 50.000 estudantes que, a través de entrevistas, actuacións e campañas nas redes sociais, animan a rapazada a falar na lingua propia de Galicia.
Foto de la tercera plana (dron-bfa.jpg) A Business Factory Aero, o programa de incubación, aceleración e consolidación de empresas do sector aeroespacial, promovido pola Xunta de Galicia e xestionado pola Fundación CEL Iniciativas por Lugo, foi escollido pola Fundación de las Cajas de Ahorro (Funcas) e pola Universidad Rey Juan Carlos como a mellor Aceleradora en 2024 na categoría de Avanzadas. Este primeiro posto no ranking nacional supón un importante recoñecemento ao labor desenvolvido polo Goberno galego, no marco do Polo Aeroespacial de Galicia, para a retención e atracción de talento no sector e para a creación de emprego de alta cualificación na comunidade.

Notas

O Seminario de Inicio do Proxecto Caprif-CC: Comunidades activas e paisaxes resilientes a incendios forestais e cambio climático, desenvolveuse no Centro de Estudos Avanzados da USC, onde o inaugurou a vicerreitora de Titulacións e Internacionalización da USC, María José López Couso; o director da Fundación Juana de Vega, José Manuel Andrade; e o director da Fundación CEER, Ángel Miramontes.
Definida como a rama da política que se encarga das relacións entre estados, a diplomacia asociouse historicamente á actuación dos executivos nacionais. Non obstante, nun mundo marcado pola globalización, tanto os gobernos autonómicos como os locais levan a cabo iniciativas de acción exterior, do mesmo xeito que as actuacións de institucións como os parlamentos teñen unha incidencia internacional.
PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES