Noticias

La CRTVG reorganiza su estructura directiva con 16 nombramientos y 15 ceses

Alfonso Sánchez Izquierdo, director general de la CRTVG, reorganiza la estructura directiva de la Corporación Radio e Televisión de Galicia con 16 nombramientos, 15 ceses y cinco grandes áreas de funcionamiento. Con estos cambios, Sánchez Izquierdo asegura que se pretende "un mejor funcionamiento del servicio público" en la "nueva etapa digital", potenciando "la proyección multimedia".

Nota de prensa de la CRTVG:

O director xeral da CRTVG nomeu o novo equipo directivo dos medios públicos galegos, e anunciou a remodelación da estrutura funcional da Corporación Radio e Televisión de Galicia, que pasa a estar organizada en cinco grandes áreas: área de Xestión Corporativa, área de Información e Documentación, área de Contidos, área de Soporte Tecnolóxico e Medios, e área de Innovación e Negocio. Xunto ao nomeamento dunha Adxunta ao director xeral créase a Oficina do/a Director/a Xeral, na que pasa a integrarse o departamento de Proxección Social.

A motivación desta reorganización é a necesidade de adaptar plenamente a CRTVG a unha nova dinámica produtiva, de proxección e comercialización no marco da dixitalización das canles públicas, un proceso que implica incrementar a eficiencia da televisión e da radio galegas así como dos seus soportes dixitais.

Para isto, a nova estrutura da CRTVG foi deseñada cun carácter más orgánico, áxil e horizontal cara a potenciar a condición integral e a proxección multimedia do servizo público.

Nova organización en cinco grandes áreas

1) Área de Xestión Corporativa. Nesta área intégrase unha nova directora de Recursos Humanos, Susana Fernández Veiguela, licenciada en Dereito e avogada laboralista en prestixiosos bufetes do sector privado. A área, que segue dirixida por Miguel Rodríguez Barrio, abrangue Asesoría Xurídica, o departamento Económico e Contabilidade, e Recursos Humanos.

2) Área de Información e Documentación. Será dirixida por Concepción Pombo Romero, xornalista e actual redactora xefa de Informativos. Pilar Bermúdez, ata o de agora directora de Informativos, pasa a ser Directora Operativa, con responsabilidades directas na Radio Galega. Esta área será un dos nodos centrais da organización en canto á elaboración, xestión, arquivo e difusión dos contidos informativos, tanto da TVG como da Radio Galega.

3) Área de Contidos. Estará dirixida por Fernando R. Ojea, quen foi director de Proxección Social os últimos oito anos. Esta área integra o antigo departamento de Programación e terá responsabilidades en relación a todos os contidos non informativos da Corporación. Rosa María Sierra, ata agora subdirectora da Radio Galega, será a subdirectora de Programación e Emisións.

4) Área de Soporte Tecnolóxico e Medios. A súa directora será Sara González Otero, licenciada en Física e Enxeñeira Superior en Electrónica, de traxectoria profesional internacional no ámbito da enxeñería. Responsabilizarase do funcionamento das infraestruturas e sistemas técnicos e tecnolóxicos, así como dos recursos e procesos técnicos de produción e realización. A subdirección de Medios será exercida por Carlos Carballo, xornalista cunha longa traxectoria como directivo de empresas do sector audiovisual, e profesional da CRTVG.

5) Área de Innovación e Negocio. Será dirixida por José Pereira Fariña, ata agora Vicerrector de Comunicación da Universidade de Santiago de Compostela. A nova área integrará o servizo de Xestión Comercial e de Marketing e outro, de nova creación, o servizo de Entorno Dixital.

6) Ademais, noméanse como Adxunta ao director xeral a Rosa Vilas Núñez, ata agora directora xerente da RTVG, e como director de Proxección Social ao xornalista Xaime Arias Rodríguez, que vén desempeñando o seu traballo para varios medios desde Nova York.

O director xeral, Alfonso Sánchez Izquierdo, informou ao Consello de Administración da CRTVG desta nova estrutura e dos nomeamentos, que entrarán en vigor o vindeiro 1 de xuño. Sánchez Izquierdo enmarcou a remodelación “na necesidade de responder ao profundo cambio de modelo dos medios galegos, inmersos nun proceso transformador que vai garantir o futuro da CRTVG e a sostibilidade dun servizo público de calidade para á sociedade galega, un servizo adaptado á nova era dos medios multiplataforma”.

O director xeral da CRTVG tamén salientou “o traballo desenvolvido polo equipo directivo que ata o día de hoxe liderou a organización nestes últimos nove anos, e ao cal agradezo a súa implicación, valía profesional e absoluto compromiso”. De feito, Sánchez Izquierdo insistiu en que “os parámetros básicos actuais da CRTVG, tanto de audiencia como de calidade informativa, así como de xestión ou equilibrio financeiro, están nas primeiras posicións entre os sistemas públicos de comunicación de España”.

Fotografía: CRTVG

R., 2017-05-23

Actualidad

Foto del resto de noticias (aqui-tamen-se-fala-2024.jpg) O evento, que reunirá na cidade herculina a artistas contemporáneos do talle de Grande Amore, Boyanka Kostova, Lontreira e Leria, nace co obxectivo de potenciar a música actual en galego, e se enmarca na iniciativa cultura homónima nacida no Equipo de Dinamización da Lingua Galega do instituto Rafael Dieste co obxectivo de promover o uso do galego entre a mocidade. A día de hoxe, involucra máis de 200 centros de toda a comunidade e preto de 50.000 estudantes que, a través de entrevistas, actuacións e campañas nas redes sociais, animan a rapazada a falar na lingua propia de Galicia.
Foto de la tercera plana (dron-bfa.jpg) A Business Factory Aero, o programa de incubación, aceleración e consolidación de empresas do sector aeroespacial, promovido pola Xunta de Galicia e xestionado pola Fundación CEL Iniciativas por Lugo, foi escollido pola Fundación de las Cajas de Ahorro (Funcas) e pola Universidad Rey Juan Carlos como a mellor Aceleradora en 2024 na categoría de Avanzadas. Este primeiro posto no ranking nacional supón un importante recoñecemento ao labor desenvolvido polo Goberno galego, no marco do Polo Aeroespacial de Galicia, para a retención e atracción de talento no sector e para a creación de emprego de alta cualificación na comunidade.

Notas

O Seminario de Inicio do Proxecto Caprif-CC: Comunidades activas e paisaxes resilientes a incendios forestais e cambio climático, desenvolveuse no Centro de Estudos Avanzados da USC, onde o inaugurou a vicerreitora de Titulacións e Internacionalización da USC, María José López Couso; o director da Fundación Juana de Vega, José Manuel Andrade; e o director da Fundación CEER, Ángel Miramontes.
Definida como a rama da política que se encarga das relacións entre estados, a diplomacia asociouse historicamente á actuación dos executivos nacionais. Non obstante, nun mundo marcado pola globalización, tanto os gobernos autonómicos como os locais levan a cabo iniciativas de acción exterior, do mesmo xeito que as actuacións de institucións como os parlamentos teñen unha incidencia internacional.
PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES