Noticias

UGT y CC.OO. animan a los trabajadores a salir a la calle el Primero de Mayo para reclamar empleo estable y salarios justos

Los sindicatos UGT y CC.00. presentaron en la capital de Galicia los actos de movilización que preparan para conmemorar el Primero de Mayo y en las que reclamarán "empleo estable, salarios justos, pensiones dignas y más protección social". A Coruña acoge la manifestación central en Galicia en contra de los "mensajes triunfalistas" sobre la economía.

Nota de prensa del Gabinete de Comunicación de UGT:

O S.N. de CCOO de Galicia e UGT-Galicia fan un chamamento á cidadanía galega a participar nos actos e mobilizacións convocados para este Primeiro de Maio nos que se demandará emprego estable, salarios xustos, pensións dignas e máis protección social.

José Antonio Gómez Gómez e Xosé Manuel Sánchez Aguión, os secretarios xerais de UGT e CCOO en Galicia, presentaron en Santiago en rolda de prensa este Primeiro de maio e fixeron fincapé en que xa non hai escusas, cando día tras día escoitamos mensaxes triunfalistas da marcha da economía, en contrapartida vemos como a maioría da cidadanía esta sendo unha unha mera espectadora desta melloría. Incidiron en que ambos sindicatos esixen que sexa unha protagonista máis da mesma.

Constataron que a tímida mellora da situación do emprego está ensombrecida por máis e máis precariedade; aqueles que teñen un posto de traballo están a ver día tras día diminuídos os seus ingresos, ter un traballo xa non garante ter unha vida digna; ingresos que tamén ven diminuídos os pensionistas deste país que nos peores momentos da crise foron un dos principais valuartes para sustentar a moitas familias; e aqueles que continúan en situación de desemprego, moitos aínda, ven como resulta cada vez máis difícil acceder aos instrumentos de protección social habilitados e cando o fan as contías son cada vez menores.

É preciso que os os traballadores poidan vivir dignamente co que perciben polo seu traballo e que aqueles que non teñen un posto de traballo poidan acceder a un en condicións dignas. Os datos están aí. Aínda que a economía medra, Galicia segue sen recuperar emprego. Algo está fallando. O crecemento económico é evidente. O PIB xerado en Galicia no 2016 medrou, en relación ao 2007, previo ao estalido da crise, en 1.611 millóns de euros.

É evidente que o crecemento está a ser significativo pero non vai da man dunha mellora do emprego. De feito, entre o cuarto trimestre de 2007 e o cuarto trimestre de 2016 perdéronse en Galicia más de 146.000 ocupados. Galicia está entre as comunidades autónomas que máis emprego perde nestes anos, só superada por Estremadura e Valencia. O desemprego subiu neste mesmo período en 107.800 persoas, un 111,8 por cento máis.

Pero é que hai unha realidade aínda máis preocupante. A situación límite de moitas familias galegas a causa do paro de longa duración que se converteu xa nun elemento estrutural e que está a xerar situacións de pobreza e exclusión social. Os datos son desoladores. O paro de longa duración pasou de representar o 27,7 por cento no 2007 ao 58,2 por cento na actualidade.

Baixando un chanzo máis, analizando a situación das persoas que levan máis de dous anos e tres en situación de desemprego atopámonos con que no 2007 eran un total de 16.000 as persoas que estaban nesta situación e no 2016 esta cifra elévase a 88.000 persoas. Pero é que baixando un chanzo máis, aqueles que xa levan catro ou máis anos no paro, a cifra é de 49.100 persoas, o que supón que a cuarta parte das persoas no desemprego en Galicia levan catro ou máis anos nesta situación.

Xa son moitas as persoas, con familias detrás, que non conseguen escapar da lacra do desemprego e a realidade evidencia que canto máis tempo nesta situación máis difícil é saír da mesma. É evidente que os mecanismos articulados pola Xunta en materia de emprego non funcionan. Urxe que a Administración galega poña enriba da mesa todas as medidas necesarias para romper o círculo vicioso do desemprego que se instaurou no mercado laboral galego.

Pero é que, a pesar desta complexa realidade, a Xunta reduciu a dotación orzamentaria en políticas activas de emprego en máis de 137 millóns de euros dende o ano 2008. A este recorte de fondos hai que sumarlle o recorte en prestacións e o endurecemento no acceso ás mesmas, imposta polo Goberno central. De feito, en Galicia quedan fóra do sistema de protección 110.000 persoas en situación de desemprego. A día de hoxe a taxa de cobertura non supera os 52,7 puntos.

En cando á baixada da remuneración dos asalariados, dicir que ao desagregar o PIB en termos de renda atopámonos con que dende o cuarto trimestre de 2007 ata o terceiro trimestre de 2016 dáse unha perda de remuneración pasando do 46,7 por cento do PIB ao 43,4. E, neste contexto, as mulleres seguen a levar a peor parte. A taxa de actividade das mulleres galegas está a cola do Estado; a taxa de temporalidade entre as mulleres galegas é case catro puntos superior á dos homes; a taxa de paro segue sendo superior a das mulleres, en 1,3 puntos, e tan só o 43,3 por cento das mulleres en paro perciben prestacións, fronte ao 56,7 por cento dos homes. E que dicir dos mozos que vense obrigados a abandonar Galicia na busca dun futuro mellor ante a falta de expectativas de cara ao seu futuro.

E, todo isto, ten unhas consecuencias dramáticas, as desigualdades, a pobreza e o aumento progresivo da exclusión social, afectando a máis do 22 por cento da poboación. E isto xa nono din só os sindicatos, o din tamén o FMI, a Comisión Europea e a OCDE. Mentres a economía medra a maioría da poboación, a clase traballadora, segue sumida nunha profunda crise económica, de emprego e de expectativas.

Os secretarios xerais de CCOO e UGT en Galicia denunciaron que “véndennos unha situación de bonanza que as familias non perciben. Esta situación non é sostible e non é xusta. Chegou o momento no que os traballadores deben beneficiarse do crecemento económico con máis e mellor emprego”.

Para isto, ambos sindicatos demandan:

A derrogación das reformas laborais que veñen de instalar a precariedade como norma de contratación e que só fomentaron a desigualdade e a perda de dereitos.

É preciso poñer en marcha un plan de choque polo emprego con recursos.

É imprescindible devolver o equilibrio de forzas na negociación colectiva, para que os sindicatos e empresarios poidamos negociar en igualdade de condicións.

Reformar o sistema de prestacións por desemprego para facer que chegue a todas as persoas en situación de desemprego;

Esiximos un SMI suficiente e estable, chegando aos 1.000 euros a finais da lexislatura.

Demandamos unha Lei de igualdade salarial.

Tamén é urxente derrogar a reforma das pensións de 2013. As pensións teñen que subir por riba do IPC.

Hai que acometer unha reforma fiscal integral que consiga máis ingresos e reparta mellor os esforzos, así como, loitar contra a fraude fiscal.

É preciso poñer en marcha unha prestación de ingresos mínimos para todas aquelas persoas que querendo traballar non poden facelo.

Urxe tamén a recuperación progresiva do gasto en sanidade, educación, protección social e axuda á dependencia e poñer en marcha un Plan Estratéxico para a Industria.

Concluíron que todo isto pode facerse e que xa non hai escusas. Aínda que, sen embargo, tanto os orzamentos xerais do Estado como os de Galicia para o 2017 non van nesta liña, senón que insisten nas receitas fracasadas do pasado. Neste senso, ambos sindicatos consideran que a etapa dos recortes e a precariedade laboral ten que rematar xa.

Fotografía: Gabinete de Comunicación de UGT

R., 2017-04-26

Actualidad

Foto del resto de noticias (union-europea-bandeiras.jpg) O director xeral de Relacións Exteriores e coa UE, Jesús Gamallo, participou na sesión plenaria do Comité Europeo das Rexións (CdR), onde Galicia presentou 21 emendas a catro dos ditames sometidos a aprobación. Un dos máis relevantes para a comunidade foi o ditame sobre a ferramenta de facilitación transfronteiriza. Calcúlase que a eliminación do 20% das barreiras e obstáculos xurídicos e administrativos actuais entre rexións de fronteira na UE -entre as que se atopa Galicia, que conforma unha Eurorrexión xunto co Norte de Portugal- permitiría aumentar o seu PIB nun 2% e crear nelas ata un millón de empregos.
Foto de la tercera plana (cdc-01.jpg) InnovArt 24, o maior evento en Galicia de promoción e difusión das ensinanzas artísticas, de idiomas e deportivas propicia o encontro entre as vocacións e os profesionais, e facilita que o alumnado de diferentes niveis educativos se familiaricen e tomen contacto cos eidos da arte dramática, as artes plásticas e deseño, a conservación e restauración de bens culturais, a danza, as ensinanzas deportivas, os idiomas e a música. A feira conta cunha zona de 4.100 m² no Museo Centro Gaiás, na que os visitantes poden participar en obradoiros de artes plásticas e deseño, traballos de conservación e restauración de bens culturais, actividades deportivas didácticas de música, arte dramática e danza, así como de idiomas. Tamén se ofrecen mostras e exhibicións das distintas ensinanzas, concertos, conferencias e espectáculos escénicos en directo.

Notas

Mostrar á cidadanía os resultados do traballo realizado ao longo do curso nas aulas teatrais dos tres campus da UVigo, á vez que achegar a cidade propostas escénicas chegadas desde outros países. Estes dous obxectivos conflúen na XV Mostra Internacional de Teatro Universitario de Pontevedra (Miteu), que se desenvolverá entre o 24 de abril e o 3 de maio, con cinco funcións con entrada libre no Teatro Principal, todas elas ás 20.30 horas.
A Sala Cloud do Centro de Investigación en Tecnoloxías da Información e as Comunicacións (CITIC) acollerá o vindeiro martes un novo taller do ciclo HumanIA UDC, organizado polo Consello Social e a Facultade de Humanidades da UDCe por dito centro. Baixo o título 'Perfís profesionais: Humanidades e IA', a experta en lingüística, tecnoloxía e diversidade, Cristina Aranda, cofundadora de Big Onion e Mujeres Tech, explicará as claves da cooperación entre perfís profesionais de cara ao futuro e presente da IA.
PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES