Noticias

Los socialistas gallegos presentan en el Congreso una proposición no de ley para evitar que las eléctricas incrementen 43 millones de euros en la factura de la luz de los gallegos

El portavoz de Industria del grupo socialista, Abel Losada, registra una proposición de ley de modificación de la legislación 24/2013 del sector eléctrico para presentar en la Mesa del Congreso de los Diputados. Los socialistas exigen cambiar la ley para impedir que las grandes eléctricas podan trasladar el coste de los impuestos ambientales autonómicos a las facturas de los consumidores.

Nota de prensa del Gabinete de Comunicación del PSdeG:

Precisamente esta lexislación fará que nos próximos meses os galegos e galegas paguen ata 43 millóns de euros máis nos recibos da luz tras unha sentenza do Tribunal Supremo, como xa advertiron hai uns días os socialistas.

Abel Losada explicou que esta lexislación “discriminatoria” prexudica só aos consumidores das grandes zonas produtoras como Galicia. Así, os consumidores galegos verán incrementada a súa factura polos custos ambientais das grandes empresas, mentres por exemplo os madrileños –unha comunidade con grande consumo pero que non produce practicamente enerxía- non teñen que asumir estes custos. Así, os galegos e galegas sofren un “dobre pago”, económico e en termos de saúde e calidade de vida, nunha “inxustiza flagrante”.

O socialista denunciou que co PP pasamos do “quen contamina, paga” a que “quen consume págalle a quen contamina”, o que é “unha absoluta perversión do que debe ser a loita contra o cambio climático e a implantación de enerxías renovables, que son os principios habituais nos países occidentais”. Esta situación deixa en evidencia “a debilidade política de Feijóo en relación coa política enerxética de Rajoy”. Feijóo foi “cómplice” desta lexislación coa que os ministros Soria e Cañete “construíron un modelo enerxético favorable ás grandes empresas produtoras de enerxía tradicional” fronte a´s renovables, un modelo que Feijóo secundou co “fracaso” do seu concurso eólico.

Losada lembrou que a lexislación actual “protexe ás eléctricas e as súas contas de resultados notables”, e apuntou que en 2016 as tres grandes empresas de enerxía tiveron beneficios de case 6.000 millóns de euros. “Pensamos que era necesario ir máis aló e dar con esta proposición de lei unha sinal de acción política fronte ao Goberno de España, algo que debería ter feito Feijóo e que lamentablemente non fixo”, explicou.

En concreto, a proposta socialista pretende suprimir dous artigos (16.4 e 17.6) e modificar un terceiro (17.7) que permiten trasladar os impostos ambientais de ámbito autonómico aos consumidores. “Esperamos que o PP defenda os intereses de Galicia e das comunidades excedentarias e que apoien esta proposición de lei”, expresou o socialista, que lembra que este é “o paso máis forte que se pode dar en termos políticos”, pero necesario porque “Galicia é dobremente prexudicada” con esta lei. Esperamos que o PP resposte fóra da posverdade e dentro da realidade”, ironizou.

R., 2017-04-11

Actualidad

Foto del resto de noticias (naufragos-hugo.jpg) Hugo fala da relación do seu protagonista, un rapaz con trastorno do espectro autista, coa súa amiga Laia. Jimmy Núñez e María Roja interpretan este espectáculo, seleccionado para a primeira edición do circuíto estatal de artes escénicas para a infancia e a mocidade da ASSITEJ. Baixo o lema Voces dun mundo novo, o congreso reunirá compañías e profesionais de numerosos países arredor dunha programación artística, de relatorios e de intercambio, que este ano lles presta especial atención á participación, á amplitude de formas artísticas e á celebración do impacto comunitario. Para a configuración da carteleira de espectáculos tivéronse en conta especialmente propostas que traballan en espazos e formatos non tradicionais, inclusivas e sensoriais.
Foto de la tercera plana (turismo-5.jpg) O Instituto Nacional de Estatística (INE), publicou hoxe os datos referidos aos establecementos hoteleiros no mes de marzo, nos que a Semana Santa contribuiu a que o sector hoteleiro galego consolidase a crecente mellora da súa rendibilidade. En concreto, segundo o INE, a rendibilidade hoteleira medrou en marzo un 15%. Con estas cifras estímase que o sector hoteleiro obtivo uns ingresos totais de 21,9 millóns de euros ese mes, cifra que supera nun 23% o dato de marzo do ano pasado, que non coincidiu coa Semana Santa, que fora en abril. Tamén medrou con respecto ao valor previo á pandemia, cando se facturaron preto de 16 millóns de euros. En canto ao número de viaxeiros, o segmento hoteleiro presentou un comportamento positivo en Galicia en marzo.

Notas

A 22ª edición do Encontro Universitario de Danza da USC chega a Lugo este xoves 25 e o venres 26 coa presentación de producións de danza das compañías das universidades de Vigo, A Coruña e máis a propia da USC. As funcións, de entrada libre e de balde, serán ambos os dous días ás 20.30 horas na Caixa Negra do Museo Interactivo de Historia (MIHL). A compañía de danza da UDC abrirá este encontro o xoves 25, ás 20.30 horas, coa posta en escena de ‘… E todo o demais non importa’, unha coreografía colectiva con dirección artística de Alba Fdez. Cotelo.
A Facultade de Educación e Traballo Social do campus de Ourense acolle o I Congreso internacional sobre as diferenzas: filosofía, cultura e educación nas sociedades do século XXI, organizado polo grupo de investigación Ontoloxías da Diferenza. Fundamentos Teóricos e Repercusións Prácticas. Nel, pensadores de España e Portugal reflexionan sobre multiculturalismo, educación moral, a discusión entre a humanidade e as distintas intelixencias artificiais e as novas formas de pedagoxía.
PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES