Noticias

Ana Pontón pide a Feijóo que los diputados gallegos del PP en Madrid voten en contra del Presupuesto propuesto por el Gobierno central

La portavoz nacional del BNG, Ana Pontón, reclama una vez más un concierto económico para Galicia. Una petición que, según la portavoz nacionalista, "tiene más sentido que nunca" ante el "recortazo de 442 millones de euros" en la inversión para la comunidad recogido en el borrador de los Presupuestos Generales del Estado (PGE). El BNG inicia una campaña informativa ciudadana porque cree que el actual modelo de financiación "perjudica a los gallegos porque no permite tener los recursos necesarios para atender los servicios del país".

Nota de prensa del Gabinete de Comunicación del BNG:

A portavoz nacional, Ana Pontón, ironizou sobre a comisión de seguimento orzamentaria anunciada polo presidente da Xunta, tras coñecerse que Galiza soporta o maior recorte nos investimentos do Estado no que vai do século. “Unha comisión de seguimento de que, de seguimento do recortazo de 442M€?”, se preguntaba Pontón, quen considera “inconcibible que xusto cando imos pagar máis impostos o que nos devolva Rajoy é este recortazo”.

Neste contexto, Pontón pide a Feijóo “que sexa valente e lle plante cara a Rajoy en defensa dos intereses deste país, como fai a súa homóloga en Valencia por exemplo, que xa dixo non a eses orzamentos, o que fai aínda máis incomprensible que aquí o presidente da Xunta non sexa capaz de rechistar”.

A dirixente do Bloque fixo unha proposta moi concreta ao xefe do Executivo para emendar a situación, tendo en conta o número de deputados e deputadas populares electas por Galiza no Congreso. “Unha soa deputada de Nova Canaria chega para que haxa un incremento dos investimentos nese territorio, por iso retamos a Feijóo a que poña Galiza por diante na defensa dos nosos intereses e que lle diga aos representantes galegos, incluída a Ana Pastor, que digan que non aceptan un recortazo que cercena proxectos importantes como a modernización do ferrocarril, o saneamento das rías, a creación de emprego”. “Non podemos calar ante unha tomadura de pelo”.

Pola contra, a portavoz nacionalista critica que, lonxe de contestar á discriminación, o presidente da Xunta “considere colmadas as súas aspiracións” aínda que se execute menos dos 924M€ consignados para Galiza, cifra que supón unha diminución do 32,4%. “Un dobre recortazo, o de Rajoy de 442M€, e o de Feijóo que, como debe parecerlle moito o que nos deixan di que se conformaría con menos”, salientou.

A dirixente nacionalista fixo estas declaracións nun acto dentro da campaña de difusión social da proposta de concerto económico que defende o BNG como alternativa ao actual sistema de financiamento autonómico, que fai perder a Galiza 3.500 M€.

“O concerto económico na práctica supón darlle a volta a tortilla, na vez de recadar Montoro e decidir como reparte, sexamos os galegos e as galegas quen recademos os nosos impostos e decidamos as prioridades”, explicou Pontón, que ve no proxecto de orzamentos do Estado un argumento máis a favor da proposta nacionalista de financiamento.

Fotografía: Gabinete de Comunicación del BNG

R., 2017-04-07

Actualidad

Foto del resto de noticias (union-europea-bandeiras.jpg) O director xeral de Relacións Exteriores e coa UE, Jesús Gamallo, participou na sesión plenaria do Comité Europeo das Rexións (CdR), onde Galicia presentou 21 emendas a catro dos ditames sometidos a aprobación. Un dos máis relevantes para a comunidade foi o ditame sobre a ferramenta de facilitación transfronteiriza. Calcúlase que a eliminación do 20% das barreiras e obstáculos xurídicos e administrativos actuais entre rexións de fronteira na UE -entre as que se atopa Galicia, que conforma unha Eurorrexión xunto co Norte de Portugal- permitiría aumentar o seu PIB nun 2% e crear nelas ata un millón de empregos.
Foto de la tercera plana (cdc-01.jpg) InnovArt 24, o maior evento en Galicia de promoción e difusión das ensinanzas artísticas, de idiomas e deportivas propicia o encontro entre as vocacións e os profesionais, e facilita que o alumnado de diferentes niveis educativos se familiaricen e tomen contacto cos eidos da arte dramática, as artes plásticas e deseño, a conservación e restauración de bens culturais, a danza, as ensinanzas deportivas, os idiomas e a música. A feira conta cunha zona de 4.100 m² no Museo Centro Gaiás, na que os visitantes poden participar en obradoiros de artes plásticas e deseño, traballos de conservación e restauración de bens culturais, actividades deportivas didácticas de música, arte dramática e danza, así como de idiomas. Tamén se ofrecen mostras e exhibicións das distintas ensinanzas, concertos, conferencias e espectáculos escénicos en directo.

Notas

Mostrar á cidadanía os resultados do traballo realizado ao longo do curso nas aulas teatrais dos tres campus da UVigo, á vez que achegar a cidade propostas escénicas chegadas desde outros países. Estes dous obxectivos conflúen na XV Mostra Internacional de Teatro Universitario de Pontevedra (Miteu), que se desenvolverá entre o 24 de abril e o 3 de maio, con cinco funcións con entrada libre no Teatro Principal, todas elas ás 20.30 horas.
A Sala Cloud do Centro de Investigación en Tecnoloxías da Información e as Comunicacións (CITIC) acollerá o vindeiro martes un novo taller do ciclo HumanIA UDC, organizado polo Consello Social e a Facultade de Humanidades da UDCe por dito centro. Baixo o título 'Perfís profesionais: Humanidades e IA', a experta en lingüística, tecnoloxía e diversidade, Cristina Aranda, cofundadora de Big Onion e Mujeres Tech, explicará as claves da cooperación entre perfís profesionais de cara ao futuro e presente da IA.
PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES