Noticias

El BNG pide a la Consellería do Mar que reaccione ante el Brexit dado el importante coste que implicará para la flota gallega

La diputada y portavoz de pesca del BNG achacó a la Consellería de Mar "dejadez" para defender el sector pesquero gallego, permitir la introducción de productos foráneos e impulsar la acuicultura en detrimento de otras actividades. Demanda "una posición proactiva" y negociar a favor de la pesca gallega. El BNG pide en el Parlamento de Galicia a la Consellería do Mar que reaccione ante el Brexit y el coste que supone para la flota, que no espere a que otros "muevan ficha" sino que tenga una "posición proactiva" en este tema.

Nota de prensa del Gabinete de Comunicación del BNG:

Tras a comparecencia da conselleira do Mar, Rosa Quintana, a deputada do BNG, Montse Prado criticou a “xestión negativa” para o sector desenvolvido durante dúas lexislaturas polo Partido popular. A parlamentaria tamén se referiu ao “Brexit” e as consecuencias sobre a flota pesqueira galega polo que pediu unha “posición proactiva” e non agardar a que outros “movan ficha”. O goberno galego, recalcou, debe reivindicar o papel e importancia do sector pesqueiro para o noso país e poñerse en disposición para negociar. No Gran Sol explicou, faenan 57 barcos con 800 tripulantes galegos que crean moitos postos de traballo indirectos en terra ademais dos 140 barcos de capital galego faenando con bandeiras “inglesas, francesas e irlandesas” e mentres sobras 14.000 toneladas de rape cada ano, os barcos de bandeira galega non teñen esa capacidade para pescar, de aí a necesidade de abandeirarse noutros países para alcanzar unha cota máis ampla. A parlamentaria demandou tamén unha solución para os mariñeiros que cotizan na Seguridade Social francesa.

Do Reino Unido, engadiu, tamén dependen os barcos das Malvinas que teñen a súa base en Marín ou Vigo con máis de 30.000 tripulantes, neste contexto preguntou que tipo de acordo negociará a Unión Europea co Reino Unido e como vai ser regulado o tráfico de persoas e mercadorías?. “Plántese en Madrid e non consintan que se repita o que pasou coa pesca galega, non permitan que o Brexit volva a prexudicar a nosa flota e converta nun desastre maior o noso mar e ao noso sector, non permitan que Galiza volva a ser moeda de cambio para beneficiar outros estados europeos”.

Na súa intervención, Prado lembrou que os mariñeiros do certo permaneceron acampados durante 100 días diante da consellería e reprochou a titular de Mar non ter dialogado co sector a pesar das reiteradas peticións realizadas pero si falou, dixo, “con aqueles que concordan coas súas políticas”, esa é a política do “ordeno e mando”.

A nacionalista preguntou á conselleira Quintana cal é situación real do sector porque despois de dúas lexislaturas o balance non corresponde ao optimismo mostrado na comparecencia, “moitas persoas abandonaron o sector pesqueiro, non hai renovación xeracional nin rendas dignas para os traballadores e traballadoras do mar, a etiquetaxe non favorece os produtos pesqueiros galegos e Galiza perdeu peso en materia pesqueira”.

Dende o BNG cualificamos de “negativa” a xestión da consellería dende o ano 2009, 30 barcos do Gran Sol despezados, 415 embarcación tamén despezadas, no cerco pasaron de 98 barcos a 43, e a renda das mariscadoras está por debaixo do salario mínimo interprofesional. Esta realidade non vai parella, dixo, co optimismo do seu discurso que ademais non vai acompañado nin sequera dos orzamentos.

R., 2017-03-21

Actualidad

Foto del resto de noticias (aqui-tamen-se-fala-2024.jpg) O evento, que reunirá na cidade herculina a artistas contemporáneos do talle de Grande Amore, Boyanka Kostova, Lontreira e Leria, nace co obxectivo de potenciar a música actual en galego, e se enmarca na iniciativa cultura homónima nacida no Equipo de Dinamización da Lingua Galega do instituto Rafael Dieste co obxectivo de promover o uso do galego entre a mocidade. A día de hoxe, involucra máis de 200 centros de toda a comunidade e preto de 50.000 estudantes que, a través de entrevistas, actuacións e campañas nas redes sociais, animan a rapazada a falar na lingua propia de Galicia.
Foto de la tercera plana (dron-bfa.jpg) A Business Factory Aero, o programa de incubación, aceleración e consolidación de empresas do sector aeroespacial, promovido pola Xunta de Galicia e xestionado pola Fundación CEL Iniciativas por Lugo, foi escollido pola Fundación de las Cajas de Ahorro (Funcas) e pola Universidad Rey Juan Carlos como a mellor Aceleradora en 2024 na categoría de Avanzadas. Este primeiro posto no ranking nacional supón un importante recoñecemento ao labor desenvolvido polo Goberno galego, no marco do Polo Aeroespacial de Galicia, para a retención e atracción de talento no sector e para a creación de emprego de alta cualificación na comunidade.

Notas

O Seminario de Inicio do Proxecto Caprif-CC: Comunidades activas e paisaxes resilientes a incendios forestais e cambio climático, desenvolveuse no Centro de Estudos Avanzados da USC, onde o inaugurou a vicerreitora de Titulacións e Internacionalización da USC, María José López Couso; o director da Fundación Juana de Vega, José Manuel Andrade; e o director da Fundación CEER, Ángel Miramontes.
Definida como a rama da política que se encarga das relacións entre estados, a diplomacia asociouse historicamente á actuación dos executivos nacionais. Non obstante, nun mundo marcado pola globalización, tanto os gobernos autonómicos como os locais levan a cabo iniciativas de acción exterior, do mesmo xeito que as actuacións de institucións como os parlamentos teñen unha incidencia internacional.
PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES