Nota de prensa del Gabinete de Comunicación de En Marea:
O viceportavoz de En Marea, Antón Sánchez, e o deputado Manuel Lago, presentaron en rolda de prensa a proposta de traballo do seu grupo na comisión de investigación das Caixas na esixirán por unha banda que se entregue a documentación negada na anterior lexislatura como foi a carta de encargo onde a Xunta definía a KPMG o que pedía para auditoría que supostamente avalaría a fusión das caixas e que desapareceu curiosamente do expediente entregado na comisión da anterior lexislatura. E por outra banda , os informes dos técnicos de Facenda aos que aludiu Marta Fernández Currás na súa resposta por escrito e que tampouco estaban na aportación aportada.
O viceportavoz parlamentario de En Marea, Antón Sánchez, lamentou que o Partido Popular continúe na súa teima de ocultar o acontecido coas caixas de aforros galegas acusándoos de querer controlar con man férrea tanto os tempos como a información o que da o tipo de concepción que ten o PP da democracia e do Parlamento.
O grupo parlamentario de En Marea solicitará así mesmo a información relativa ao proceso de privatizacións do desenvestimento acelerado o que se traduce por vender rápido que foi xustificado en base a un informe dunha auditora de McKinsey, ben coñecida por actuar a nivel mundial pola privatización e as portas xiratorias, informe que non se coñeceu nin houbo acceso no Parlamento. Por este motivo, En Marea solicita tamén a comparecencia do responsable desta auditoría e este informe así como o caderno de vendas, a comparecencia do presidente do FROB naquel momento, e a do propio Núñez Feijóo xa que é incomprensible que o 40 por cento do aforro galego fose vendido sen que a Xunta soubese o se quixo dicir nada ao respecto.
O deputado Manuel Lago pola súa banda aportou tres datos relevantes á hora de tratar o acontecido coas Caixas de aforro. O primeiro deles o feito de que a auditoría realizada tres meses despois da venda para coñecer o valor do banco, cifrouno en 2.587 millóns de euros, o que implica que tres meses despois da súa venda a Escotet por 1.000 millóns o seu valor calculábase en máis de 2.500 euros. Outro dos datos aportados foi a conta de resultados de Abanca que superou os 2.796 millóns de euros despois de desbotar activos como por exemplo a venda de R.
Por último, Manuel Lago referiuse ao feito de que na operación de venda o FROB asumiu o 85 por cento dos custes dunha serie de continxencias que se podan producir nos anos consecutivos, sendo a máis dolorosa a relativa a asumir as cláusulas chan a partir do 2008 o que implica que o FROB terá que pagar 220 millóns de euros para pagar as cláusulas chan. Non terá que pagar Abanca polas cláusulas chan senón que será á cidadanía quen se faga cargo destes pagos denunciou o deputado de En Marea.
Manuel Lago rematou a súa intervención afirmando que a liquidación precipitada dos aforros dos galegos e galegas foi unha decisión de oligopolio financeiro español e a complicidade do PSOE e PP de liquidar caixas de aforros. Non imos dicir que non houbo erros de xestión porque si os houbo e supuxeron perdas millonarias pero na comisión demostraremos que dos 10.000 millóns de euros cerca do 80 por cento non é da conta de resultados senón decisións do Banco de España ao servizo do oligopolio financeiro para acabar coas caixas de aforro concluíu Lago.