Noticias

El BNG reclama una Ley Gallega de Educación y destinar el 7% del PIB a esta área

La portavoz parlamentaria afirma que "la LOMCE nació muerta" y que debe ser derogada como reclaman todos los agentes de la comunidad educativa. Denuncia los continuos recortes en materia de enseñanza que tuvieron graves consecuencias en Galicia, por lo que apuesta por "una Ley gallega de educación" y con el objetivo de destinar a la enseñanza el 7% del PIB gallego.

Nota de prensa del Gabinete de Comunicación del BNG:

A portavoz do grupo parlamentaria e do BNG, Ana Pontón afirmou que a LOMCE representa o programa ideolóxico do Partido popular para un “sistema educativo clasista, segregador, mercantilista e españolista” ademais dos continuos recortes en materia de ensino que tiveron graves consecuencias en Galiza polo que apostou por “unha Lei galega de educación” cun plan especial de recuperación de investimento perdido ao longo da crise, e marcando o obxectivo de destinar ao ensino o 7% do PIB. Para isto, recalcou, sería básico contar cun “concerto económico para blindar investimento en educación”.

Ante os medios de comunicación, a nacionalista lembrou que dende o ano 2009 o ensino sufriu un “recorte acumulado de 1.900 M€ en Galiza” que supuxo a eliminación de 2.000 postos de traballo de profesores e profesoras e 49 escolas públicas pechadas fronte a 243 de nova creación no ensino concertado.

Por outra banda, explicou que 4.000 alumnas/os non poden acceder ao ciclo que desexan e 3.000 familias non conta con praza pública en escolas até 3 anos. O 40% do alumnado tampouco obtivo axudas para os libros de texto “gratis” como acontecía no ano 2009.

A portavoz do BNG explicou que durante os anos de crise, a maioría dos países da OCDE mantiveron a mesma inversión en educación polo que é preciso “facer unha inversión extra”. A respecto da LOMCE lembrou que é a Lei con maior rexeitamento social, “regresiva, ataca gravemente ao ensino igualitario e integrador e vai contra a normalización lingüística”. Galiza estivo á cabeza das mobilizacións contra a LOMCE e as revalidas e mesmo este ano xa levamos dúas folgas que expresan o rexeitamento da sociedade galega a unha lei “que naceu morta” e que debe ser “derrogada”.

Asemade salientou que na actualidade o Congreso iniciou un debate sobre o futuro da educación no que “Galiza non pode ser unha mera observadora”. É urxente contar “cunha posición galega” para defender “o dereito ao ensino, a educación pública e de calidade e cunha clara aposta polo galego como lingua vehicular”.

A portavoz parlamentaria reclamou outro marco para o sistema educativo galego e demandou da Xunta de Galiza “un papel activo” para conseguilo. Entre as propostas do BNG para avanzar na recuperación do investimento perdido ao longo da crise e preciso, dixo, marcar como obxectivo: contar cun concerto económico para destinar ao ensino o 7% do PIB. Unha posición galega de país ante o pacto de Estado sobre educación. Reclamar máis competencias e que os efectivos para o ensino sexan decisión da Xunta e non do goberno do Estado. “Garantir que o número de profesorado sexa decidido na Galiza” con competencias exclusivas en educación en e materia de bolsas.

Finalmente, a portavoz nacionalista reiterou a necesidade dunha “lei Galega de Educación” que garantan o dereito a universal a unha educación pública de calidade, que incremente as prazas públicas en todos os centros, elimine os concertos, prohiba a segregación do alumando por sexo e garanta o galego como lingua vehicular. “Esta lei ten que facerse co consenso e participación social e coa constitución dunha mesa de diálogo entre Xunta, sindicatos do ensino, asociacións estudantís e movementos de renovación pedagóxica e partidos políticos”.

R., 2017-03-13

Actualidad

Foto del resto de noticias (union-europea-bandeiras.jpg) O director xeral de Relacións Exteriores e coa UE, Jesús Gamallo, participou na sesión plenaria do Comité Europeo das Rexións (CdR), onde Galicia presentou 21 emendas a catro dos ditames sometidos a aprobación. Un dos máis relevantes para a comunidade foi o ditame sobre a ferramenta de facilitación transfronteiriza. Calcúlase que a eliminación do 20% das barreiras e obstáculos xurídicos e administrativos actuais entre rexións de fronteira na UE -entre as que se atopa Galicia, que conforma unha Eurorrexión xunto co Norte de Portugal- permitiría aumentar o seu PIB nun 2% e crear nelas ata un millón de empregos.
Foto de la tercera plana (cdc-01.jpg) InnovArt 24, o maior evento en Galicia de promoción e difusión das ensinanzas artísticas, de idiomas e deportivas propicia o encontro entre as vocacións e os profesionais, e facilita que o alumnado de diferentes niveis educativos se familiaricen e tomen contacto cos eidos da arte dramática, as artes plásticas e deseño, a conservación e restauración de bens culturais, a danza, as ensinanzas deportivas, os idiomas e a música. A feira conta cunha zona de 4.100 m² no Museo Centro Gaiás, na que os visitantes poden participar en obradoiros de artes plásticas e deseño, traballos de conservación e restauración de bens culturais, actividades deportivas didácticas de música, arte dramática e danza, así como de idiomas. Tamén se ofrecen mostras e exhibicións das distintas ensinanzas, concertos, conferencias e espectáculos escénicos en directo.

Notas

Mostrar á cidadanía os resultados do traballo realizado ao longo do curso nas aulas teatrais dos tres campus da UVigo, á vez que achegar a cidade propostas escénicas chegadas desde outros países. Estes dous obxectivos conflúen na XV Mostra Internacional de Teatro Universitario de Pontevedra (Miteu), que se desenvolverá entre o 24 de abril e o 3 de maio, con cinco funcións con entrada libre no Teatro Principal, todas elas ás 20.30 horas.
A Sala Cloud do Centro de Investigación en Tecnoloxías da Información e as Comunicacións (CITIC) acollerá o vindeiro martes un novo taller do ciclo HumanIA UDC, organizado polo Consello Social e a Facultade de Humanidades da UDCe por dito centro. Baixo o título 'Perfís profesionais: Humanidades e IA', a experta en lingüística, tecnoloxía e diversidade, Cristina Aranda, cofundadora de Big Onion e Mujeres Tech, explicará as claves da cooperación entre perfís profesionais de cara ao futuro e presente da IA.
PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES