Noticias

Se estrena en la capital de Galicia 'A cabeza do dragón', primera obra de Valle-Inclán que se representa en gallego

Entre los días 3 y 11 de marzo se representa en el Teatro Principal de Santiago de Compostela la obra de Valle-Inclán titualda 'A cabeza de dragón', que "pasará a la historia" por ser la primera pieza de Valle-Inclán que se representa en gallego. Tras su presentación en Compostela, la obra dirigida por Quico Cadaval viajará por Galicia y Portugal con 30 representaciones.

Nota de prensa del Gabinete de Comunicación de la Xunta de Galicia:

Producións Teatràis Excéntricas estrea o venres 3 de marzo no Teatro Principal de Santiago ‘A cabeza do dragón’, primeira versión en galego dunha peza de Ramón María del Valle-Inclán. Tras a liberación dos dereitos da obra do autor arousán, a compañía compostelá escolleu esta farsa esperpéntica para poñer en escena a Valle nun espectáculo de oito actrices e actores, con Quico Cadaval na dirección.

A Axencia Galega das Industrias Culturais (Agadic) colabora nesta estrea a través da Rede Galega de Teatros e Auditorios, circuíto no que se inclúen as tres primeiras funcións de ‘A cabeza do dragón’ no Principal, onde permanece dúas semanas: días 3, 4, 5, 9, 10 e 11 de marzo, ás 20.30 horas.

Así o destacou hoxe Jacobo Sutil, director da Agadic, quen participou na presentación da estrea xunto á Martiño Noriega, alcalde de Santiago; Quico Cadaval, director da montaxe, e todo o seu equipo artístico. Sutil tamén explicou que o apoio da Agadic a este primeiro Valle en galego materialízase, así mesmo, a través da subvención que a compañía recibiu para poñer en pé esta proposta a través da convocatoria de axudas á produción escénica de 2016, na modalidade de gran formato.

O responsable da Agadic cualificou de fito para o noso teatro esta estrea, ao tempo que expresou o seu desexo de que a esta lle sigan outras moitas oportunidades para normalizar o tratamento en galego do repertorio de Valle-Inclán. Neste sentido, aproveitou para anunciar que o Centro Dramático Galego comezará a ensaiar esta mesma semana o seu ‘Martes de Carnaval’, que inclúe as pezas ‘As galas do defunto’ e ‘A filla do capitán’, cara á súa estrea o 20 de abril no Salón Teatro, tamén en Santiago.

Iván Marcos, Yelena Molina, Víctor Mosqueira, Patrica Vázquez, María Costas, Josito Porto, Marcos Orsi e o propio Quico Cadaval interpretan a historia da viaxe ao corazón do dragón que se narra en todas as culturas do mundo. Trátase dunha fábula que Valle-Inclán manipulou brillantemente con elementos actuais, crítica social, brincadeiras políticas ou anacronismos argumentais para levala cara ao esperpento.

No 80º aniversario da morte do gran escritor galego, ‘A cabeza do dragón’ que propón Excéntricas móvese entre a influencia xaponesa e a tradición da farsa europea para construír un espectáculo cheo de máscaras e combates acrobáticos. A crear esta atmosfera contribúen a escenografía e a iluminación de Baltasar Patiño, o vestiario e o deseño gráfico de Suso Montero, a música composta ad hoc por Javier María López e gravada polo Taller Atlántico Contemporáneo (TAC) baixo a batuta de Diego García, e as coreografías de loitas e combates ideadas por Iván Marcos, entre outras achegas.

As entradas para as seis representacións da nova produción de Excéntricas en Santiago están xa á venda no Teatro Principal, aberto de martes a xoves de 18.00 a 21.00 horas e de venres a domingo (só para as funcións do día) de 18.00 a 20.00 horas. Tamén se poden adquirir na web entradas.abanca.com ou no teléfono 902 434 443.

Tras a súa estadía Compostela, ‘A cabeza do dragón’ emprenderá unha ampla xira galego-portuguesa para a que xa ten confirmadas unha vintena de datas na Coruña, O Barco de Valdeorras, Cangas, Carballo, Muros, Vigo, Oleiros, Ames, Noia, A Pobra do Caramiñal, A estrada, Rianxo, Cariño, Lalín, Matoshinhos (Portugal), Narón e A Illa de Arousa, moitas delas cofinanciadas pola Agadic e os concellos como parte da programación da Rede Galega de Teatros e Auditorios.

Fotografía: Gabinete de Comunicación de la Xunta de Galicia

R., 2017-02-27

Actualidad

Foto del resto de noticias (mit_ribadavia.jpg) A Mostra Internacional de Teatro de Ribadavia remata cun récord de asistencia de espectadores, chegando case ao 100% da ocupación das localidades no Castelo e cunha participación masiva nas rúas e nas actividades paralelas. O Premio do público recaeu na compañía A PANADARÍA, co espectáculo ELISA E MARCELA, superando por décimas á segunda máis votada, a mexicana Los Colochos con Mendoza. Esta edición destacou pola media alta de asistencia e valoración dos espectáculos, tamén pola proxección internacional e pola repercusión que a MIT está tendo en diversos ámbitos, do económico ao social.
Foto de la tercera plana (xogar_en_verde.jpg) A Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio fomentará que os eventos deportivos sexan cada vez máis sustentable, grazas a liña de acción Xogar en Verde. Trátase dunha iniciativa dentro da campaña Verdear é a actitude, posta en marcha pola Xunta de Galicia, co fin de afrontar os retos e valores de sustentabilidade. A conselleira de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio, Beatriz Mato, visitou esta mañá un taller de fomento de recollida selectiva, no que participaron aos rapaces do campus da Asociación de Fútbol Aficionado da Coruña.

Notas

Case setenta concellos teñen proxeccións cinematográficas este verán nas súas programacións a través do circuíto cultural da Deputación da Coruña. O programa Visións da Rede Cultural leva un amplo abano de películas en 66 proxeccións ata fin de agosto. Parques, prazas ou xardíns de maneira especial convértense neste verán en salas abertas de proxeccións para o programa Visións da Rede Cultural da Deputación da Coruña.
A Amtega convoca a XI edición do Premio ao Mellor Proxecto Universitario con Licenza Libre co obxectivo de achegar aos universitarios galegos ao software libre e ás posibilidades de emprego que lles pode abrir a publicación ou colaboración con proxectos libres. O premio está dotado con 2.250 euros, repartidos nun primeiro premio de 1.500€ e nun segundo de 750 euros, grazas á achega do CIXUG e do GPUL, respectivamente.
ACTUALIDAD  
PORTALES  
SERVICIOS  
ENLACES  

RSS Válido

PUBLICIDAD
Deputación de Ourense
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PROMOCIÓN
PUBLICACIONES
Publicaciones
Publicaciones Amencer
Revista Egap
Obradoiro de Artesania