Noticias

El PSdeG urge que se convoquen las oposiciones en educación con la tasa de reposición de 2016

El portavoz parlamentario del PSdeG, Xoaquín Fernández Leiceaga, pide a la Xunta que convoque con urgencia la oferta pùblica de empleo -OPE- en Educación ajustándose a la tasa de reposición de 2016 que permite cubrir el 100% de las plazas perdidas por jubilaciones o fallecimientos. El dirigente socialista denuncia el "chantaje" político de la Xunta al condicionar esta OPE a los Presupuestos Generales del Estado. El PPdeG dice que no aprobar los presupuestos tienen "consecuencias" y pide a todos los partidos trabajar con "responsabilidad".

Nota de prensa del Gabinete de Comunicación del PSdeG:

O portavoz do Grupo Socialista, Xoaquín Fernández Leiceaga, dixo que a negativa de Feijóo a convocar oposicións en Galicia responde á súa “incapacidade política” e “escaso peso” no seu partido. Criticou que ceda diante da “chantaxe política” do Goberno central, que liga as OPEs á aprobación dos Orzamentos sen base legal.

Si que ten base legal, explicou, a taxa de reposición do cen por cen aínda vixente –ligada a uns orzamentos que están prorrogados- e que obriga a convocar todas aquelas prazas que teñan quedado vacantes. Sinalou ademais a OPE complementaria como vía para cambiar as prazas precarias por outras estables e comezar a recuperar os postos de traballo amortizados coa escusa da crise.

Engadiu que Feijóo “non soamente pode, senón que debe convocar unha OPE en educación e sanidade por un mínimo dun cen por cen das prazas vacantes” para cubrir a taxa de reposición, o que é “a súa única responsabilidade”. Urxiu á convocatoria das prazas de ensino nun prazo máximo de 3 semanas para chegar a tempo ao próximo curso escolar, no mes de setembro.

Reclamou “unha acción rápida e decidida” do goberno galego para salvar un proceso de “precarización sen precedentes dos servizos públicos”, e puntualizou que “non suporía incremento do gasto” porque “trátase de transformar precarios en estables”.

Apuntou que en Galicia hai actualmente 15.000 persoas preparando exames para ensino, unha cifra que “posiblemente se multiplique por dous” ao sumar os de sanidade e servizos sociais. Con esta estratexia, dixo, están garantindo o “deterioro dos servizos públicos, incentivan ás privatizacións e precarizan as condicións laborais” de a lo menos 7.000 traballadores da sanidade pública e ou tras 4.000 no ensino.

Acusou a Feijóo de intentar deixar “no tellado de outros” a responsabilidade sobre unha convocatoria de oposicións que en realidade “descansa no tellado do seu partido, do seu goberno e do seu propio, se tivera o peso que di ter”. O presidente do goberno e o ministro de Facenda, dixo, toman como “reféns” a comunidades autónomas, aos usuarios dos servizos públicos e a milleiros de opositores coas súas ameazas de cuestionar as convocatorias nos tribunais.

Dixo que a negativa a convocar prazas “depende da súa vontade”, xa que o goberno central “pode tramitar un decreto Lei para fixar novas taxas de reposición en comunidades autónomas e concellos”. Este mecanismo, sinalou, foi o que utilizou precisamente para modificar o Salario Mínimo Interprofesional e actualizar as pensións, que unicamente tería que pasar polo Congreso, onde non atoparía “ningún problema”.

O responsable socialista sinalou que a resposta do goberno e do presidente galego, responde a unha “deriva recentralizadora” por parte do goberno de Rajoy en contra dos servizos públicos. A súa imposición de taxas de reposición leoninas, explicou, alimentou a precarización e os recortes durante a crise e “nunha fase de expansión supón un corsé que asfixia” aos servizos públicos.

R., 2017-02-27

Actualidad

Foto del resto de noticias (CatasdeGalicia_gala.jpg) Los viticultores, bodegueros, enólogos y sumilleres más distinguidos de Galicia se dieron cita en el Parador de Santo Estevo de Ribas de Sil para asistir a una nueva edición de las Catas Oficiales de Vinos y Aguardientes de Galicia, el evento más importante para el sector vitivinícola de la comunidad. A través de este veterano certamen, la Consellería do Medio Rural buscaba nuevamente identificar y premiar a los mejores caldos elaborados fundamentalmente con uvas de variedades autóctonas, dotados de un carácter único y una personalidad reconocible. Para esta trigésima Cata de Vinos de Galicia se batían todos los records en cuanto a número de inscritos, con 363 muestras finales de blanco y tinto.
Foto de la tercera plana (gandaria_2.jpg) A comisión territorial de seguros agrarios reuniuse hoxe na Consellería do Medio Rural e valorou os avances neste ámbito en Galicia. Entre os datos destacados, a directora xeral de Gandaría, Agricultura e Industrias Agroalimentarias, Belén do Campo, sinalou os cinco millóns de euros que este ano achegaranse para subvencionar as distintas liñas de seguros en Galicia. Trátase da cantidade máis alta dos últimos seis anos. De feito a Xunta de Galicia fixo un importante esforzo para compensar a baixada de 10 puntos porcentuais que aplicou o Ministerio a todas as liñas de seguro agás a retirada de cadáveres.

Notas

O Colexio Profesional de Enxeñaría en Informática de Galicia (CPEIG) e a Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (Amtega) organizan desde finais de xullo ata setembro un total de 30 xornadas sobre robótica, pilotaxe de drons e creación de personaxes para videoxogos enmarcadas no programa “Tech Kids” para fomentar o interese pola ciencia e a tecnoloxía entre a mocidade galega.
A Rede Galega de Música ao Vivo (RGMV) inicia mañá a nova programación para o segundo semestre do ano con dous concertos de verán, que terán lugar na sala A Ventana de Laxe, onde actuará o grupo feminino Ejazz ás 23,30 h., e no Náutico do Grove, no que soará a homenaxe ao rock hispano dos anos 60 a cargo de Los Mecánicos a partir da medianoite. Ambas citas, programadas en locais a carón da praia como parte da oferta cultural galega.
ACTUALIDAD  
PORTALES  
SERVICIOS  
ENLACES  

RSS Válido

PUBLICIDAD
Deputación de Ourense
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PROMOCIÓN
PUBLICACIONES
Publicaciones
Publicaciones Amencer
Revista Egap
Obradoiro de Artesania