Noticias

La Real Academia Galega (RAG) presenta la 'Primavera das Letras' dedicada a Carlos Casares

Se presentó la "Primavera das Letras", una web en la que la Real Academia Gallega aporta recursos sobre el autor homenajeado en cada Día das Letras Galegas 2017. Con Carlos Casar como protagonista, el nuevo espacio en la red incluye una biografía del escritor, unidades didácticas para diferentes edades sobre su trabajo o un listado de recursos en la red.

Nota de prensa de la Real Academia Galega (RAG):

A biblioteca do CEIP Carlos Casares de Nigrán, capitaneada pola galiña azul que lle deu nome en 1968 ao seu primeiro libro infantil, acolleu a presentación do proxecto web Primavera das Letras dedicado a Carlos Casares. A Real Academia Galega celebrou así en Vilariño, o lugar onde o escritor estableceu o seu fogar en 1983 e onde escribiu unha parte importante da súa obra, o seu primeiro acto dentro da programación deseñada arredor do Día das Letras Galegas de 2017. Fíxoo da man da comunidade escolar do centro, a primeira en coñecer os novos contidos de academia.gal/primaveradasletras. A través deste portal, o profesorado de infantil e primaria, os pais e nais e o propio alumnado poderá acceder a propostas didácticas e lúdicas, parte delas interactivas, para se mergullar no universo literario e vital do escritor.

As actividades deseñáronse cun enfoque interdisciplinario e están relacionadas con distintos contidos do currículo escolar, de tal xeito que permiten traballar na aula, ou na casa, non só aspectos lingüísticos e literarios, senón tamén contidos e competencias de coñecemento do medio natural e social, historia ou educación artística. Como novidade, nesta segunda edición de Primavera das Letras haberá un concurso no que os centros educativos poderán contarlle á Academia como celebran o Día das Letras Galegas.

Tras a boa acollida da primeira edición deste proxecto, dedicada a Manuel María, a RAG decidiu adiantar a chegada da Primavera das Letras, de acordo con outro dos seus obxectivos: promover que a aprendizaxe arredor do Día das Letras Galegas non se limite aos días previos ao 17 de maio. Os materiais iranse publicando desde hoxe mesmo ata as vésperas desta data. Entre as propostas xa dispoñibles, figuran unha actividade interactiva centrada en Nigrán e fichas para coñecer o Entroido do Ourense natal do autor e poñerlle cores.

O centro escollido para a presentación leva o nome de Carlos Casares desde pouco tempo despois do seu pasamento. Con este xesto rendeulle homenaxe "ao veciño que traía os seus fillos a este colexio" e que "soubo amar a súa lingua e mirar para fóra, para compartir e aprender", expresou a directora, Ana Domínguez. A mestra foi a encargada de conducir o acto, no que un grupo de estudantes de 5º e 6º interpretaron un anaco d'A galiña azul, que marcou un fito na literatura en galego para os máis pequenos. Coa exposición de exemplares d'O principiño en máis de sesenta linguas que pertenceron á colección do homenaxeado como pano de fondo, o público tamén puido escoitar un fragmento da obra de Antoine de Saint-Exupéry en versión orixinal francesa e a súa tradución ao galego de Casares, nas voces dunha nai e unha alumna.

O presidente da Academia, Xesús Alonso Montero, salientou o empeño que o equipo docente deste CEIP pon en que o alumnado se achegue á literatura a través da escrita de Casares, que é, dixo, "unha maneira de que queden comprometidos para sempre coa literatura galega". Non en van, "foi capaz de entender os nenos e, polo tanto, escribir sobre e para os nenos", destacou. Casares é ademais autor de varias das "obras máis sólidas da narrativa galega", asegurou en referencia a Deus sentado nun sillón azul ou O sol do verán.

Carlos Casares escribiu estes dous libros no seu fogar de Vilariño, "o lugar onde viviu máis tempo e tamén onde máis tempo pasou escribindo", recordou pola súa banda Hakan Casares, fillo do autor, membro da Fundación Carlos Casares e exalumno do colexio, quen lle agradeceu tamén á RAG que escollese esta localidade para celebrar o primeiro dos seus actos dentro da programación prevista arredor do Día das Letras Galegas 2017 pola importancia que tivo na súa vida e obra. Na súa casa de Nigrán escribiu tamén miles das súas columnas para a prensa, que adoitaba redactar polas tardes, ou a colección infantil d'O Toribio.

O secretario da Academia, Henrique Monteagudo, foi o encargado de presentar a nova edición da páxina web de Primavera das Letras que, como o ano pasado, volve estar dedicado a un autor "que se presta moito para traballar co alumnado de infantil e primaria". No acto tamén tomaron a palabra o alcalde de Nigrán, Juan González, e a responsable do Equipo de Dinamización Lingüística do colexio, Vanesa Vargas. Como convidado especial acudiu igualmente o director do Instituto de Estudos Miñoráns, Xulián Maure, acompañado doutros membros desta asociación referente da cultura da comarca do Val Miñor.

R., 2017-02-24

Actualidad

Foto del resto de noticias (pedro_duque_ninos.jpg) El astronauta Pedro Duque ha estado en Santiago de Compostela para participar en la inauguración de la jornada educativa Stemlab Galicia, en la que cerca de 3.000 alumnos de 18 centros educativos han mostrado y compartido sus creaciones relacionadas con ciencia y tecnología. Galicia entrará en la red de oficinas de educación de la Agencia Espacial Europea para fomentar las vocaciones científicas juveniles.
Foto de la tercera plana (yotubeiros.jpg) Youtubeir@s es una iniciativa organizada por los servicios de normalización lingüística de los ayuntamientos de la Baña, Ames, Carballo, Ourense, Pontevedra, Ribadeo, Santiago, Teo y O Grove, las universidades de A Coruña, Santiago y Vigo y la Diputación de A Coruña. O Teatro Colón da Coruña acolleu a gala de entrega dos Premios Youtubeir@s conducida pola compañía teatral A Panadaría.

Notas

O presidente da Xunta acompañou á S.M. a raíña Dona Sofía ao acto de celebración do centenario da Real Institución Benéfico Social Padre Rubinos. Afirma que a entidade dunha nación ou comunidade non só se mide por magnitudes económicas, senón sobre todo polo que se podería denominar produto interior de solidariedade.
A Xunta canaliza a súa achega a esta mostra internacional de documentais a través da convocatoria de subvencións a festivais audiovisuais. O programa deste ano estende a súa duración a seis días, do 26 de abril ao 1 de maio, ademais de aumentar o número de actividades e os filmes de estrea, entre outras novidades.
ACTUALIDAD  
PORTALES  
SERVICIOS  
ENLACES  

RSS Válido

PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICIDAD
Deputación de Ourense
PROMOCIÓN
PUBLICACIONES
Publicaciones
Publicaciones Amencer
Revista Egap
Obradoiro de Artesania