Noticias

El BNG reivindica que el Panteón de Galegos Ilustres sea de nuevo un espacio civil y laico y la Xunta reivindica una ley de consenso

El conselleiro de Educación e Cultura de la Xunta defiende que la "solución" para la gestión del Panteón de Galegos Ilustres es una ley consensuada en el Parlamento que reconozca el espacio en el que reposan los restos de personalidades como Rosalía de Castro o Castelao. El BNG apuesta por recuperar este espacio compostelano como un lugar "civil y laico".

Nota de prensa del Gabinete de Comunicación de la Xunta de Galicia:

O conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, Román Rodríguez, invitou a lograr un consenso no Parlamento de Galicia para elaborar unha lei autonómica que recoñeza o Panteón de Galegos Ilustres como o cuarto símbolo de Galicia, xunto co himno, coa bandeira e co escudo. En resposta a unha pregunta do BNG, o responsable do departamento de Cultura da Xunta de Galicia explicou que “é na Cámara de representación dos galegos e galegas onde ten que xurdir o consenso arredor de algo que tende a converterse en símbolo de Galicia”.

Neste sentido, o conselleiro lembrou que toda proposta relativa ao Panteón debe ter como punto de partida a Proposta de lei elaborada en 2011 pola comisión interinstitucional coordinada polo Consello da Cultura Galega e, así mesmo, debe contar, tal e como recordou, co consenso e apoio de todas as institucións implicadas.

Deste xeito, avanzou que a Xunta de Galicia apoiará e colaborará na solución que, froito do máximo consenso posible, se aprobe no Parlamento galego, postura que, de feito, xa quedaba recollida no propio programa electoral do PPdeG. Así mesmo, Román Rodríguez animou ao BNG a sumarse a unha iniciativa de consenso que permita potenciar e recoñecer o Panteón de Galicia como un elemento singular da identidade galega.

En todo caso, tamén lembrou a negociación realizada no seu día pola Consellería de Cultura e Turismo co Arcebispado de Santiago para garantir o acceso público xeral a este espazo patrimonial esencial para Galicia, despois dun proceso xudicial que estableceu a súa titularidade a favor da Igrexa, e non do Concello. Nos últimos anos –subliñou– o Goberno galego traballou co obxectivo de garantir tanto a apertura ao público do Panteón, como o seu uso en condicións de plena normalidade por parte de toda a cidadanía.

Nota de prensa del Gabinete de Comunicación del BNG:

O BNG volveu reclamar no Parlamento galego o uso civil, laico e titularidade pública do Panteón de Galegos Ilustres ante a imposibilidade de poder visitalo sen a pertinente autorización do Arcebispado de Santiago.

A través dunha pregunta parlamentaria ao goberno, a deputada do BNG, Olalla Rodil considerou paradóxico que non exista ningún problema para bautizar o actual aeroporto de Santiago de Compostela co nome da poeta nacional, Rosalía de Castro, e sen embargo, o Panteón de Galegos Ilustres, “un dos principais símbolos de Galiza” que acolle a tumba da figura clave do rexurdir cultural galego non poida ser visitada con liberdade sen a conseguinte autorización do Arcebispado de Santiago.

A deputada insistiu na necesidade de ofrecer unha solución ao actual emprazamento do Panteón polo que volveu a preguntar se existe algunha medida, por parte do goberno galego, para que de novo, o “panteón sexa de titularidade pública e cun uso civil e laico” porque coa titularidade da Igrexa, “non está sendo así”, recalcou Rodil.

Pola súa parte, o conselleiro Román Rodríguez respondeu que a Xunta está disposta a un acordo conxunto con todas as forzas políticas para unha “lei autonómica que recoñeza o Panteón de Galegos Ilustres como símbolo da Cultura galega” e como xa figura no propio programa electoral do Partido popular ao que a nacionalista replicou que é necesario buscar unha solución a un espazo que na súa orixe xa foi concebido como un espazo de “titularidade pública e laico” e polo tanto, reiterou, debe recuperar esa consideración.

Por outra parte, lembrou que o Museo do Pobo galego, situado no mesmo enclave que o Panteón é de titularidade pública, neste sentido, reclamou tamén esta condición para o Panteón de Galegos Ilustres. “Debe ser público, laico, de interese cultural, posto en valor e promovido para o seu coñecemento”.

Fotografía: Gabinete de Comunicación del BNG

R., 2017-02-22

Actualidad

Foto del resto de noticias (campus_auga_ourense.jpg) Os proxectos do Campus da Auga (Ourense) a Edar de Vigo e as instalacións de Finsa, en Santiago, veñen de ser distinguidos na categoría de Arquitectura. Nesta convocatoria dos Premios de Arquitectura e Rehabilitación de Galicia, promovidos pola Consellería de Infraestruturas e Vivenda, estes tres proxectos comparten galardón neste mesmo apartado. Nesta mesma categoría de Arquitectura, o xurado concedeu ademais mencións aos proxectos dunha vivenda unifamiliar en Cee e dun apartamento en Noia. Na categoría de Rehabilitación o premio foi para a recuperación da curtiduría de Pontepedriña de Arriba, en Santiago, na que se instalou o Centro de Formación en rehabilitación.
Foto de la tercera plana (instrumentos.jpg) O ciclo de músicas en espazos de interese cultural da Consellería de Cultura e Educación, Espazos Sonoros, viaxa o domingo 23 a vila ourensá de Castrelo de Miño para ofrecer un obradoiro de achegamento á música antiga no que, ademais, se vai visitar o taller de luthería Vaz Música Antiga, situado en Astariz, unha pequena aldea do mesmo concello. Ismael Vaz, o artesán que trae á vida instrumentos doutras épocas será o anfitrión dos 60 participantes na iniciativa aos que lles amosará como traballa a madeira para construír instrumentos a semellanza dos antigos, como violas de gamba ou fídulas, con ferramentas do século XVII que fixo el mesmo.

Notas

Por terceiro ano consecutivo Regueifas de Ciencia, a serie de debates en formato Oxford arredor de temas científicos controvertidos, volve celebrarse na Facultade de Ciencias da Comunicación. Será o día 27 cando teña lugar a primeira, cunha sesión sobre a validez e seguridade da enerxía nuclear. O equipo favorable á enerxía nuclear contará con físico de neutrinos e profesor no IKERBASQUE Juan José Gómez Cadenas e co catedrático de física atómica e nuclear na USC, Bernardo Adeva Andany.
El Festiclown Palestina 2018, organizado por Pallasos en Rebeldía y dirigido por el clown Iván Prado, se celebra desde el pasado 17 de septiembre y hasta el día 30, por quinto año, con la ‘mision’ de llevar risas y música a los corazones, teatros y plazas, de los palestinos de Cisjordania. Durante cuatro días la ciudad de Nablus vió sus calles invadidas de arte y esperanza y cientos de niñas y niños vivieron la magia del circo en sus colegios.
ACTUALIDAD  
PORTALES  
SERVICIOS  
ENLACES  

RSS Noticias RSS Válido

PUBLICIDAD
Deputación de Ourense
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PROMOCIÓN
PUBLICACIONES
Publicaciones
Publicaciones Amencer
Revista Egap
Obradoiro de Artesania