Noticias

Constituida en el Parlamento de Galicia la comisión de investigación sobre las cajas de ahorro gallegas

Con el fin de terminar los trabajos iniciados por este mismo órgano en la pasada legislatura se ha constituido en el Parlamento de Galicia la nueva comisión de investigación de la evolución económico-financiera de las antiguas cajas de ahorro gallegas. Esta comisión estará presidida por la parlamentaria popular Marta Rodríguez Arias y ejerce como secretario el diputado de En Marea José Manuel Lago. El BNG reclama la comparecencia en los trabajos de esta comisión del presidente de la Xunta, Núñez Feijóo.

Nota de prensa del Gabinete de Comunicación del PPdeG:

O portavoz do Grupo Popular, Pedro Puy, avogou porque a Comisión de investigación sobre as caixas de aforro galegas, que se constituíu no Parlamento galego, elabore un ditame “que permita á sociedade galega ver como foi o proceso de transformación das caixas en bancos, cales foron os chanzos que motivaron esa evolución e extraer as responsabilidades políticas para saber como se adoptaron as decisións e quen foi o competente”. Puy subliñou que no PPdeG foi o primeiro grupo parlamentario en solicitar a creación desta Comisión de Investigación, porque “somos os primeiros con interese en que se faga un informe que documente esa evolución e as circunstancias que acompañaron a todo ese proceso”.

O portavoz popular concretou que a intención do Grupo Popular é cumprir co mandato para o que se creou esta Comisión de Investigación: analizar e avaliar a evolución económico-financeira das antigas caixas de aforros e as causas e responsabilidades da súa transformación en bancos, incluíndo as indemnizacións millonarias dos seus ex directivos, co obxecto de rematar os traballos realizados na IX Lexislatura. Porén, indicou que “estamos abertos a que calquera cuestión relevante sobre a materia que estea fundamentada se poida incorporar ao ditame”. En concreto, lembrou que o Grupo Popular pediu, no seu momento, a incorporación da sentenza da Audiencia Nacional sobre as indemnizacións cobradas polos ex directivos de Novacaixagalicia, á que agora haberá que engadir a sentenza do Tribunal Supremo sobre a mesma materia. “Hai moitos outros documentos que son públicos e se poden incorporar para chegar ás mellores conclusións e enriquecer o informe”, sinalou Puy.

Neste sentido, apuntou que os grupos da oposición “deberían repasar non so a documentación feita pública no seu día, senón especialmente tamén o informe publicado hai poucos días polo Tribunal de Cuentas, no que se refire explicitamente ao proceso de venda de Novacaixagalicia, para saber cales son as afirmacións que o órgano de control externo do sector público en España di con relación ao proceso de venda” das caixas galegas. “A partir de aí, calquera insinuación ou cousa que se diga ten moi pouco recorrido”, dixo. “Non imos converter a comisión de investigación nun momento de atención mediática, con prexuizos ou insinuacións que non se sosteñen nin nos feitos nin da documentación obrante”, manifestou Pedro Puy. Así, subliñou que unha comisión de investigación “non é un sitio para traer prexuízos ou facer política partidaria, senón un sitio onde cando se fai unha afirmación ten que estar apoiado nunha documentación”. “Esa é a diferenza fundamental entre os que veñen a comisión a facer ruído mediático, aproveitando circunstancias concretas, e os que pretendemos que no documento, co respaldo de documentación oficial, poidamos chegar a conclusións razoables sobre o que pasou”, dixo.

O portavoz popular lembrou que na pasada lexislatura o Plan de Traballo da Comisión de Investigación fora aprobado por unanimidade de todos os grupos parlamentarios, coa comparecencia de 45 persoas, entre eles o ex gobernador do Banco de España, o Presidente da Xunta, os conselleiros con competencias na materia ou responsable da Comisión Nacional do Mercado de Valores. A estas comparecencias sumáronse “máis de 34 caixas de documentación, con 30.000 folios que a Xunta puxo a disposición desta Cámara”. “Do que se trata é de rematar os traballos realizados durante a pasada lexislatura, na que se acumulou unha información moi destacable, aínda que non toda a que nos gustaría ter xuntado como consecuencia de que determinados organismos do Estado consideran, con respaldo xurídico, que a Comunidade Autónoma no pode investigar cuestións que son de competencia estatal”.

Nota de prensa del Gabinete de Comunicación del PSdeG:

O portavoz do Grupo Socialista, Xoaquín Fernández Leiceaga, instou a solicitar a comparecencia do ex gobernador do Banco de España, Miguel Ángel Fernández Ordóñez, ou do director do FROB, diante da Comisión de Investigación das Caixas. Así o dixo logo da constitución deste órgano de novo logo de permanecer toda a lexislatura pasada á espera de aprobar o ditame final.

O responsable socialista solicitou a presenza destes dous responsables logo de que na Lexislatura pasada o primeiro tivera que comparecer por carta porque o PP se negara a aprazar a súa visita, e o segundo nin sequera fora chamado. Sinalou a importancia da súa presenza para ofrecer máis claridade sobre un proceso que comezou con dúas caixas de aforros que foron “primeiro fusionadas, logo intervidas e finalmente vendidas”.

A operación supuxo un custe de 10.000 millóns de euros procedentes do FROB, para un proceso que rematou coa súa venda por apenas 1.000 millóns de euros á venezolana Banesco, un investimento que xa foi recuperado polos importantes beneficios que ten ofrecido a entidade. “Polo medio –sinalou Leiceaga- sucederon cuestións non demasiado exemplares, como as indemnizacións aos directivos ou a actuación nas preferentes”.

Dixo que á Comisión de Investigación cúmprelle ofrecer “unha explicación convincente” dende a óptica política dun proceso que acabou coa privatización das principais caixas de aforros de Galicia.

Nota de prensa del Gabinete de Comunicación del BNG:

O BNG pide a comparecencia do presidente da Xunta na Comisión de investigación das caixas, que quedou constituída no Parlamento, ao consideralo responsable político das indemnización millonarias e ilegais que se adxudicaron os ex directivos destas entidades, así como da venda apresurada de NovaGalicia Banco que deixou Galiza sen sistema financeiro propio.

“Pedimos que compareza o presidente da Xunta para explicar algunhas cuestións que están de actualidade e que desde o BNG pensamos que sinalan directamente a súa responsabilidade en dous asuntos que consideramos moi graves”, explicou Pontón.

Por un lado, “as indemnizacións dos directivos das caixas nas que Feijóo foi cómplice necesario porque os blindou modificando a lei para darlles un ano máis de mandato, que foi o tempo que utilizaron para facer esas ilegais indemnizacións”, argumentou.

É máis, Pontón fixo referencia a un “pacto de silencio” sobre esta cuestión. “Eu non me podo crer que non houbese un pacto nese sentido, que Feijóo non fose perfectamente consciente do que se estaba tramando nas caixas e para que lles concedía ese ano de prórroga aos altos cargos, non sei se ese era o prezo do silencio”.

A outra cuestión clave que o BNG considera necesario investigar na comisión é a venda apresurada de NovaGalicia Banco, na práctica un agasallo que deixo Galiza sen sistema financeiro propio.

“Queremos saber cal foi o custe real para rescatar as caixas e porque, sen que houbese ningunha razón que o aconsellara, se precipitou a venda. De non terse feito, hoxe teriamos unha entidade galega que estaría dando beneficios recuperando parte do invertido é, ao mesmo tempo, teríamos un mecanismo fundamental para a economía do país”, argumentou Pontón.

O BNG considera que a comisión de investigación ten “un importante traballo por realizar” e ten dereito a facelo sen “mordazas” por parte do PP, e iso implica, avanzou a dirixente nacionalista, unha nova fase de comparecencias entre elas a do presidente galego. “Non podemos ter corsés á hora de investigar todos os asuntos relacionados coa desaparición do sistema financeiro galego”, reclamou.

“Temos dereito a coñecer toda a verdade e que o primeiro que ten que vir a comparecer á comisión é o propio Núñez Feijoo, que ten moito que explicar porque ten moitas responsabilidades tanto no que se refire ás indemnizacións dos ex directivos como no desmantelamento do sistema financeiro no noso país”, concluíu.

Nota de prensa del Gabinete de Comunicación del Parlamento de Galicia:

A comisión non permanente de investigación para analizar e avaliar a evolución económico-financeira das antigas caixas de aforros e as causas e responsabilidades da súa transformación en bancos, incluíndo as indemnizacións millonarias dos seus ex directivos, co obxecto de rematar so traballos realizados na IX Lexislatura, na súa sesión do 23 de xaneiro de 2017, adoptou os seguintes acordos:

Constitución da comisión

Mesa:
Dona Marta Rodríguez Arias (P) (presidenta)
Dona Cristina Isabel Romero Fernández (P) (vicepresidenta)
Don José Manuel Lago Peñas (EM) (secretario)

Vogais:

Grupo Parlamentario Popular de Galicia (P):
Dona Teresa Egerique Mosquera
Don Martín Fernández Prado
Don José González Vázquez
Dona María Guadalupe Murillo Solis
Don Pedro Puy Fraga

Grupo Parlamentario de En Marea (EM):
Don Antón Sánchez García

Grupo Parlamentario dos Socialistas de Galicia (S):
Don Xoaquín María Fernández Leiceaga
Don Abel Fermín Losada Álvarez

Grupo Parlamentario do Bloque Nacionalista Galego (BNG):
Dona Ana Belén Pontón Mondelo

Fotografía: Gabinete de Comunicación del Parlamento de Galicia

R., 2017-01-23

Actualidad

Foto del resto de noticias (incendio_monte_pindo_noche.jpg) Feijóo valora la disposición del Gobierno central de aprobar un paquete de ayudas que se compatibilizarán con la hoja de ruta trazada en la comisión postincendios, así como en la reunión que tendrá lugar entre la Delegación del Gobierno, la Xunta y las diputaciones. Hace hincapié en que el Gobierno gallego ya está trabajando de cara a el futuro. ”Y eso implica dar respuesta a los afectados, a los ciudadanos y a la naturaleza“.
Foto de la tercera plana (30_aniversario_camino_santiago.jpg) Feijóo destacó que en el 2021 Compostela volverá a ser la capital del mundo. “Estamos preparados para eslabón”, dijo, recordando que el Plan director y estratégico del Camino de Santiago puesto en marcha en el 2015 pretende, con un presupuesto de 56 millones de euros, entre otros objetivos, la promoción intensa de los nueve itinerarios xacobeos.

Notas

O titular da Xunta incide en que, lonxe de ser un problema sectorial ou un problema territorial, o brexit é un reto colectivo que debe afrontar toda Europa. Feijóo participou na inauguración do seminario "Brexit: por que ameaza o sustento das comunidades pesqueiras de toda Europa?" e salienta que este golpe á pesca europea tamén afectaría a Galicia.
O proxecto AAMA de Francisco Ramallo gaña a V Convocatoria de Intervencións Artísticas neste espazo, convocada entre os participantes do último Encontro de Artistas Novos. O artista pretende que esta iniciativa se converta nunha ferramenta para loitar contra o esquecemento arquitectónico, á vez que nun lugar de investigación e reflexión.
ACTUALIDAD  
PORTALES  
SERVICIOS  
ENLACES  

RSS Válido

PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICIDAD
Deputación de Ourense
PROMOCIÓN
PUBLICACIONES
Publicaciones
Publicaciones Amencer
Revista Egap
Obradoiro de Artesania