En Marea y EU creen que el ingreso en prisión de los responsables de NCG es insuficiente y piden que se depuren responsabilidades políticas
La diputada de En Marea en el Congreso, Yolanda Díaz, cree que el ingreso en prisión de los exdirectivos de Novacaixagalicia es "insuficiente" e insta a que se investigue "el desfalco" de las cajas en la Cámara baja. Su compañero de formación, Antón Gómez-Reino, muestra su satisfacción de que se acabe "la impunidad judicial" y reclama también depurar responsabilidades políticas.
Nota de prensa del Gabinete de Comunicación de EU:
Diante da decisión da entrada en prisión dos responsables das caixas galegas o que temos que dicir é que esta medida non é suficiente, asegura Yolanda Díaz, coordinadora de Esquerda Unida e deputada de En Marea ao valorar a decisión da Audiencia de ditar ingreso en prisión para a antiga cúpula de Novacaixagalicia (NCG).
Segundo explica Yolanda Díaz, estamos satisfeitas de que, por fin, aqueles que saquearon o noso país, que nos empobreceron e que fixeron que sobre nós pesaran recortes entren na cadea, aínda que é certo que queda unha parte substancial do que fixeron coas nosas caixas sen esclarecer e sen tomar responsabilidades sobre as mesmas.
Soamente entran en prisión por dous anos por unha pequena cuestión, que son unhas indemnizacións archimillonarias que se adxudicaron a si mesmos, aínda que queda sen depurar responsabilidades, sobre todo, o que tivo que ver co desmantelamento do sistema financeiro do noso país e con esa decisión nefasta que foi a fusión das caixas galegas, e de todo o que ten que ver con ese buraco galego que supuxo máis de 9.000 millóns de euros que pagou Juan Pueblo e que ademais sufrimos a base de recortes. Polo tanto, queda seguir pelexando para que se salvagarde a verdade e que se restableza o dano que se fixo ao noso país, remata Díaz.
Nota de prensa del Gabinete de Comunicación de En Marea:
Agardamos que a resolución xudicial faga tomar conciencia á clase política, igual que xa o fixo a propia sociedade galega, e que esta comisión se tome en serio o seu traballo, non poñendo vetos á comparecencia de persoas nin á presentación de documentos como fixeron na anterior lexislatura, sinalou Luís Villares, que adiantou que En Marea denunciará este tipo de prácticas e loitará ata o final polo coñecemento da verdade e a depuración de responsabilidades políticas dos que expoliaron os aforros galegos malvendendo unhas caisas que agora dan beneficios privados a unha multinacional. O voceiro do grupo parlamentario tamén sinalou que ver condenados os directivos das antigas caixas galegas é un sinal de tranquilidade para a sociedade, pois se miramos 10 ou 15 anos atrás pareceríanos imposible.
R., 2017-01-17
Actualidad
A Secretaría de Estado de Turismo vén de emitir a resolución pola que se concede a declaración de Interese Turístico Nacional á Festa da Filloa de Lestedo, en Boqueixón. Con este recoñecemento, Galicia suma xa 10 festividades con este recoñecemento. A Festa da Filloa de Lestedo súmase así ás outras nove que xa contan con este recoñecemento: a Romaría de Nosa Señora da Barca (Muxía), as Carrilanas de Esteiro (Muros), as festas do San Froilán (Lugo), a Feira do Bonito (Burela), a Festa da Historia (Ribadavia), o Entroido de Verín. Tamén a Festa do Marisco do Grove, as Festas de San Roque (Vilagarcía de Arousa) e a Festa da Reconquista (Vigo).
Baixo o título 'Horizontes dos Estudos Galegos e /na Lusofonía', esta nova edición do congreso da AIEG parte do tradicional vínculo entre Galicia e os países lusófonos para promover o debate, a crítica e novas propostas sobre as relacións no espazo cultural, académico e institucional. Farao a través de relatorios, paneis, mesas e sesións plenarias nas que participarán especialistas das tres universidades galegas, pero tamén do ámbito nacional e internacional, que discutirán sobre os campos lingüístico, literario, histórico, económico, antropolóxico, filosófico, sociolóxico e artístico. No marco do congreso tamén terán cabida as actividades culturais, como excursións ou exposicións, especialmente dirixidas á mocidade investigadora; ou a presentación de produtos académicos e proxectos, como o Proxecto Nós, impulsado polo Goberno galego para incorporar a lingua propia de Galicia á vangarda da Intelixencia Artificial.
Notas
Un equipo internacional formado por astrónomos e astrónomas de todo o mundo no marco da misión Gaia acaba de dar a coñecer o achado do buraco negro estelar máis masivo descuberto ata agora na Vía Láctea. A súa investigación foi publicada este martes pola revista Astronomy & Astrophysics e está asinada por 300 investigadores e investigadoras de países como Alemaña, Austria, Bélxica, Finlandia, Francia, Italia, Suecia, Chile, Australia e tamén España.
Identidade e multidisciplinariedade. Estes dous conceptos definen o camiño do Laboratorio de Formas, unha revolucionaria idea xestada por Isaac Díaz Pardo e Luis Seoane que marcaría unha nova tendencia para a cultura galega a mediados dos anos sesenta do pasado século. Froito daquel Laboratorio chegaría a recuperación de Sargadelos, así como unha serie de iniciativas para desposuír do imaxinario popular esa crenza dunha Galicia rural detida no tempo e onde o movemento diario do mar e a terra leva ao abandono do belo.