Noticias

En Marea exige que la Xunta articule un sistema de arbitraje para 200.000 gallegos afectados por las cláusulas suelo de los bancos

Luis Villares, portavoz de En Marea en el Parlamento de Galicia, reclama a la Xunta que establezca un sistema de arbitraje para unos 200.000 gallegos con cláusulas suelo en los préstamos de sus bancos que deben devolver todo el dinero cobrado de más a sus clientes con contratos hipotecarios irregulares, según la sentencia del Tribunal de Justicia de la UE.

Nota de prensa del Gabinete de Comunicación de En Marea:

“Queremos que se dean as maiores facilidades ás persoas afectadas polas cláusulas chan pois bastantes pasaron primeiro sendo vítimas de cláusulas abusivas, logo tendo que pelexalas nos Tribunais, como para que agora teñan que reiniciar novos procedementos xudiciais”.

Así explicaba o voceiro de En Marea Luís Villares a iniciativa de En Marea de requerir que a Xunta, a través do Instituto Galego de Consumo, habilite mecanismos de arbitraxe e solución extraxudicial para a devolución polos bancos das cantidades indebidamente cobradas aos clientes dos clientes de contratos hipotecarios con cláusulas chan, dando cumprimento á sentenza emitida onte polo Tribunal Superior de Xustiza Europeo.

Para En Marea esta facilitación por parte dos poderes públicos beneficia a todo o mundo, pois daría lugar a unha transferencia patrimonial dos bancos ás familias que precisamente están endebedadas “dando lugar a unha maior dispoñibilidade dos recursos que son seus e que sempre o foron”.

En Marea tamén anunciou que presentará unha emenda de devolución da Lei de Medidas Fiscais e Administrativas, máis coñecida como Lei de Acompañamento dos Orzamentos para 2017 por “tratar de colar pola porta de atrás modificacións lexislativas profundas que deben ir precedidas dun debate social e político”, explicou na rolda de prensa Antón Sánchez.

O vicevoceiro de En Marea puxo como exemplo as medidas que inclúe a Xunta na Lei de Acompañamento en materia de transporte público, que relacionou coas políticas clientelares que vén desenvolvendo o PP nos últimos anos. “O señor Feijóo, o señor Rueda e o poñente do PP na Lei de Transporte están entre as persoas que, segundo os informes de Vixilancia Aduaneira, recibiron ano tras ano dende 2009 a 2015 agasallos de Monbús”, denunciou Sánchez, “mentres neses anos a Xunta adxudicou ata 13 millóns de euros e fixo cambios normativos que beneficiaron a esa empresa”. E engadiu que “de non ser pola súa condición de aforados, hoxe estarían imputados, como o están outras persoas con casos idénticos”.

A Lei de Acompañamento volve consolidar as prórrogas que permiten ás empresas a provisión de novos servizos, antes da aprobación e debate do Plan de Transporte Público de Galicia, “algo que nos afecta a toda a sociedade, polo que ademais da supresión de todas estas novas medidas, pediremos a creación dunha Comisión de transporte na que participe non só o sector empresarial defendendo os seus intereses, senón tamén a sociedade civil e as forzas políticas”

Outros argumentos de En Marea para rexeitar a Lei de Acompañamento presentada pola Xunta son as modificacións plantexadas na Lei do Solo “para facerlle un favor a Jesús Vázquez, incapaz de sacar adiante un PXOM para Ourense” ou na Lei de Montes que “promove ás agachadas un novo modelo forestal ó dictado da gran industria”. Ademais, Antón Sánchez criticou duramente a política fiscal do PP, que destina “a ridícula cantidade de 2,3 millóns de euros ó que denominan impostos cero no rural, mentres a súa proposta carece dunha soa medida de progresividade fiscal”

Fotografía: Gabinete de Comunicación de En Marea

R., 2016-12-22

Actualidad

Foto del resto de noticias (aqui-tamen-se-fala-2024.jpg) O evento, que reunirá na cidade herculina a artistas contemporáneos do talle de Grande Amore, Boyanka Kostova, Lontreira e Leria, nace co obxectivo de potenciar a música actual en galego, e se enmarca na iniciativa cultura homónima nacida no Equipo de Dinamización da Lingua Galega do instituto Rafael Dieste co obxectivo de promover o uso do galego entre a mocidade. A día de hoxe, involucra máis de 200 centros de toda a comunidade e preto de 50.000 estudantes que, a través de entrevistas, actuacións e campañas nas redes sociais, animan a rapazada a falar na lingua propia de Galicia.
Foto de la tercera plana (dron-bfa.jpg) A Business Factory Aero, o programa de incubación, aceleración e consolidación de empresas do sector aeroespacial, promovido pola Xunta de Galicia e xestionado pola Fundación CEL Iniciativas por Lugo, foi escollido pola Fundación de las Cajas de Ahorro (Funcas) e pola Universidad Rey Juan Carlos como a mellor Aceleradora en 2024 na categoría de Avanzadas. Este primeiro posto no ranking nacional supón un importante recoñecemento ao labor desenvolvido polo Goberno galego, no marco do Polo Aeroespacial de Galicia, para a retención e atracción de talento no sector e para a creación de emprego de alta cualificación na comunidade.

Notas

O Seminario de Inicio do Proxecto Caprif-CC: Comunidades activas e paisaxes resilientes a incendios forestais e cambio climático, desenvolveuse no Centro de Estudos Avanzados da USC, onde o inaugurou a vicerreitora de Titulacións e Internacionalización da USC, María José López Couso; o director da Fundación Juana de Vega, José Manuel Andrade; e o director da Fundación CEER, Ángel Miramontes.
Definida como a rama da política que se encarga das relacións entre estados, a diplomacia asociouse historicamente á actuación dos executivos nacionais. Non obstante, nun mundo marcado pola globalización, tanto os gobernos autonómicos como os locais levan a cabo iniciativas de acción exterior, do mesmo xeito que as actuacións de institucións como os parlamentos teñen unha incidencia internacional.
PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES