Noticias

La violencia machista y la financiación autonómica centrarán la acción política del BNG y En Marea en el último pleno del Parlamento gallego

Dos grandes temas como la violencia machista y la negociación de la financiación autonómica centrarán la acción política del BNG que marca, así, su agenda para el último pleno del Parlamento de Galicia de 2016. La portavoz Ana Pontón asegura sobre los últimos asesinatos de mujeres en Vigo y Santiago que hay que "asumir con realismo que o feito ata agora non funciona".

Nota de prensa del Gabinete de Comunicación del BNG:

A loita contra a violencia machista e un novo modelo de financiamento para Galiza serán as prioridades que o BNG abordará no último pleno parlamentario do ano, en forma de interpelación ao Goberno da Xunta e de pregunta de control ao xefe do Executivo galego.

“Os asasinatos machistas non se solucionan nin con minutos de silencio, nin con lazos nas solapas”, salientou a portavoz nacional, Ana Pontón, tras a reunión da Mesa da Cámara. “Temos que asumir con realismo que o que se fixo ata agora é insuficiente, que en algúns casos, non se está aplicando a lei, e noutros non está funciona, haberá que asumir con responsabilidade facer algo máis para acabar cos asasinatos machistas”, explicou.

Esta ineficacia na loita contra o terrorismo machista ten cifras reveladoras. Catro de cada dez mulleres que solicitaron unha orde de protección non a conseguiron e case a metade das asasinadas por violencia de xénero no conxunto do Estado tiñan unha orde de protección “que non serviu para nada”, -subliñou Pontón-. E, ademais, aumenta a violencia entre a mocidade.

Neste contexto, o BNG considera inexplicable que o Goberno galego non trouxera ningunha iniciativa á Cámara nin fomentara ningún debate. “Podemos acabar coa violencia de xénero se o convertemos en prioridade política”, indicou, tras avanzar que o Bloque vai propoñer un gran pacto galego contra a violencia machista con plasmación orzamentaria.

Pontón propón facer unha “revisión a fondo” dos protocolos, medidas de coeducación real e que se aposte pola igualdade en todos os ámbitos. “O que hai non funciona, é evidente”, concluíu.

A dirixente do Bloque interpelará ao presidente galego sobre as razóns que o levan a defender un concerto económico para Cataluña pero non no país. Con esa actitude vai conseguir “que Galiza quede atrás marxinada e relegada no ámbito das nacións” no debate do futuro modelo de financiamento autonómico, “mentres Euskadi xa ten o concerto económico desde hai décadas e todo parece indicar que Cataluña vai conseguir o mesmo”, advertiu Pontón.

“Imos esixirlle a Feijóo que abandone as posicións do centralismo do PP que impón un modelo de financiamento insuficiente e inxusto, e que aposte por un concerto económico que nos dote dos recursos para crear emprego e blindar os servizos sociais, desde a progresividade fiscal”.

No último pleno deste período de sesións, o Bloque tamén abordará o enésimo retraso na chegada do AVE a Galiza, -ademais de convertelo nunha infraestrutura de segunda ao carecer de dobre vía, o que afectará ao servizos, ás frecuencias e a seguridade-. Igualmente, o incumprido compromiso do PP de sacar ELNOSA de Lourizán, e a repercusión da LOMCE no uso do galego no ensino, coa proposta de darlle á lingua do país as mesma carga lectiva que ao castelán, serán propostas parlamentarias do BNG no vindeiro pleno.

Nota de prensa del Gabinete de Comunicación de En Marea:

NoticiaO grupo parlamentario de En Marea centrará todas as súas iniciativas do vindeiro pleno do Parlamento de Galicia na defensa da igualdade e a loita contra a violencia machista. O portavoz de En Marea, Luis Villares, anunciou na rolda de prensa posterior a Xunta de portavoces a intención do seu grupo de presentar un programa en positivo e transversal en prol da igualdade para poder rematar dunha vez coa violencia machista.Villares explicou que os graves acontecementos desta fin de semana levaron a En Marea a defender a necesidade de impulsar unha acción en positivo para atacar o problema desde a base e desde todos os ámbitos xa que xa que “so acadando unha maior igualdade entre mulleres e homes a todos os niveis se pode loitar e acabar cos comportamentos machistas“. A acción non se pode reducir ao ámbito penal xa que a reacción neste ámbito prodúcese cando desgraciadamente é xa demasiado tarde, ante unha manifestación extrema de discriminación e desigualdade como é un asasinato machista. Por este motivo En Marea quere dar un paso máis levando ao pleno da vindeira semana unha serie de iniciativas orientadas a dar un tratamento integral non só da loita contra a violencia machista senón da igualdade e en positivo.

Das dúas proposicións non de lei de En Marea, a primeira delas estará centrada na educación en igualdade no ensino. Igualdade tanto en contidos, en valores, na superación de estereotipos e é o que nos leva a En Marea a rexeitar a subvencións a centros que segregan por sexo xa que supón unha educación non igualitaria. En Marea incidirá no aspecto educativo como fundamental para acadar a igualdade real na sociedade.

A outra das PNL de En Marea destaca a necesidade de incidir na violencia de xénero no ámbito rural, onde a situación e a discriminación está moito máis invisibilizada. En Marea insistirá na necesidade de dar un pulo político de prevención e erradicación da violencia de xénero no rural.

A interpelación ao Goberno da Xunta serán por unha banda para coñecer a situación da atención asistencial na Sanidade pública tanto na detección de situacións de violencia como de atención as vítimas. Villares afirmou que o sistema público non está a funcionar como debera, con retrasos na detección e atención as veces por falla de persoal e medios e a pesar da boa disposición e compromiso do persoal sanitario pero existen carencias que se deben arranxar.

A moción que En Marea levará ao pleno está centrada na defensa da igualdade salarial entre homes e mulleres xa que “para que exista a independencia real debe haber tamén independencia económica polo que non é admisible as diferencias salariais entre un 8 e un 20 por cento dependendo do sector e o goberno galego debe tomar medidas para garantir a igualdade salarial“.

En Marea preguntará ademais ao Goberno en relación as denuncias de casos de violencia de xénero na administración pública, máis alá dos datos de denuncia penal os casos que se detectan na propia administración pública, saber cal é a reacción da propia administración ante estes casos. A pregunta urxente será sobre o tratamento que se fai sobre a violencia machista xa que o xeito no que se traslada a información mantén determinados marcos de carácter cultural e social.

A pregunta ao Presidente da Xunta de Galicia relativa a violencia machista será redactada polos propios colectivos de mulleres que serán eles os que propoñan a pregunta que En Marea levará ao vindeiro pleno para que o presidente da Xunta de Galicia.

“E preciso retomar os marcos da igualdade en todos os ámbitos“ concluíu Luís Villares. Con esta acción En Marea quere non só amosar o seu compromiso constante na defensa da igualdade e a loita contra a violencia machista senón presentar unha serie de iniciativas que deben ser prioridade e que se deben atender de xeito inmediato para acabar coa violencia machista.

R., 2016-12-20

Actualidad

Foto del resto de noticias (un_paso_adiante.jpg) El BNG anuncia, durante un acto político para conmemorar el aniversario del plebiscito del Estatuto de 1936, que impulsará una ponencia en el Parlamento para "abrir el debate" sobre "la capacidad de decidir" de los gallegos, con el objetivo de avanzar hacia un "nuevo estatus" que reconozca a Galicia como nación. Presenta la declaración Un paso adiante con un decálogo.
Foto de la tercera plana (medallas_castelao_2017.jpg) El acto de entrega de las Medallas Castelao, en un escenario político marcado por el desafío soberanista de Cataluña, visibilizó las declaraciones del presidente gallego que defiende que el Estado autonómico "puede y debe ser perfeccionado", pero ha rechazado explícitamente su "liquidación irreflexiva". Cristina Pato, Xosé Ramón Gayoso, el Grupo Nove o Beramendi, entre los galardonados.

Notas

Os alemáns Rammstein encabezan un cartel que reunirá 100 bandas internacionais do 5 ao 8 de xullo en catro escenarios temáticos da localidade lucense. O festival Resurrection Fest de Viveiro consolídase como unha cita galega de referencia mundial na música metal e hard rock. O Resurrection refórzase liderando as citas europeas de heavy, hardcore e punk.
TerraZeando pretende aproveitar lugares especiais de Santiago de Compostela que raramente son empregados na música en directo. Espazos que por si mesmos son capaces de amplificar as emocións e sensacións xa xeradas por un concerto. Terrazas, parques e espazos singulares que polo seu magnetismo dan lugar a noites inesquecibles para os cidadáns.
ACTUALIDAD  
PORTALES  
SERVICIOS  
ENLACES  

RSS Válido

PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICIDAD
Deputación de Ourense
PROMOCIÓN
PUBLICACIONES
Publicaciones
Publicaciones Amencer
Revista Egap
Obradoiro de Artesania