La literatura gallega protagoniza la programación de la Feria Internacional del Libro de Guadalajara
Hasta el 4 de diciembre, la literatura gallega cobra protagonismo en la 30ª Feria Internacional del Libro de Guadalajara (México), considerada la más importante de Latinoamérica, donde Galicia dispone de un stand promocional por el que pasan figuras como Manuel Rivas, Érica Esmorís o Kristina Sabaite que difunden la creación literaria y buscan nuevas oportunidades comerciales con charlas y lecturas poéticas.
Nota de prensa del Gabinete de Comunicación de la Xunta de Galicia:
A literatura galega é protagonista na Feira Internacional do Libro de Guadalaxara, en México, coa programación de actividades promovida pola Consellería de Cultura e Educación para impulsar a proxección exterior da cultura galega e para favorecer novas oportunidades comerciais para o libro e os autores galegos actuais.
Na trixésima edición do que constitúe o evento editorial profesional máis relevante de Iberoamérica que se desenvolve na cidade mexicana ata o próximo 4 de decembro, a cultura galega está representada por Manuel Rivas, Érica Esmorís e Kristina Sabaite, que falarán hoxe na feira sobre a literatura galega, no marco da conferencia Galicia, el local universal. Mañá, Manuel Rivas ofrecerá no stand de Galicia unha lectura poética para o público da feira.
Os tres autores veñen participando en diversas actividades desde a fin de semana para dar a coñecer a creatividade literaria galega no espazo internacional, con obradoiros, charlas e lecturas poéticas, tanto no marco da programación cultural promovida pola Xunta de Galicia como nas actividades programadas pola organización da feira. Onte mesmo, Manuel Rivas presentaba os seus libros O último día de Terranova e A boca da terra, nun acto co director de Alfaguara México e co xornalista e escritor mexicano Tomás Granados, ante un nutrido grupo de público mexicano ávido de falar e de coñecer as últimas obras do escritor.
Para dar a coñecer e promover o sector edición galego, a Xunta de Galicia tamén dispón na feira dun stand con espazos habilitados para as reunións comerciais e para a información permanente dos visitantes, no que se exhibe unha selección dos títulos máis recentes das editoriais Kalandraka, Galaxia, Xerais, Nova Galicia Edicións, Urco Editora, Bolanda, Bululu, McSport e Sushi Books, ademais das publicacións da Asociación Galega de Profesionais da Ilustración.
A Consellería de Cultura e Educación, a través da Secretaría Xeral de Cultura, vén apoiando a promoción exterior do sector editorial galego nos principais eventos internacionais vinculados co sector editorial. Durante este 2016, Galicia participou cun stand propio nas feiras internacionais de Boloña, de Frankfurt e, singularmente nesta edición, na de Buenos Aires, onde Santiago de Compostela foi a cidade convidada.
Fotografía: Gabinete de Comunicación de la Xunta de Galicia
R., 2016-11-30
Actualidad
O equipo, eminentemente galego e cunha moi alta porcentaxe feminina, está a filmar en distintas localizacións das provincias da Coruña e Lugo, a través das que se reconstrúe o nacemento e a evolución da mítica fábrica de cerámica, que se deu en chamar a Bauhaus galega polas cores, formas e deseños vangardistas das súas creacións. Ao tempo, contarase tamén a historia de Galicia a través do seu deseño, cos seus elementos diferenciais e de calidade no centro do discurso. Outros dos escenarios polos que discorrerá Hoxe e o resto do mundo son Cervo (Lugo), onde comeza esta historia a primeiros do século XIX, Sada (A Coruña) e Santiago de Compostela, ademais doutros espazos da cidade herculina.
O CDG celebra os 40 anos da súa fundación desenvolvendo unha intensa programación que estende a súa actividade á produción e participación en 15 espectáculos e proxectos escénicos, a máis de 100 concellos de toda a Comunidade e á colaboración con entidades dunha decena de países en Europa e América. En palabras de Román Rodríguez, conselleiro de Cultura, a unidade teatral continuará avanzando nunhas liñas mestras que, desde o respecto ao pasado, poñen o foco en novas vías de encontro coa cidadanía, na accesibilidade, na proxección exterior ou na creación galega.
Notas
A Facultade de Química será entre os días 3 e 6 de setembro a sede do XI Congreso Internacional de Nanociencia e Nanotecnoloxía Analítica (XI NyNA 2024). O encontro está organizado polo grupo de investigación de Elementos Traza, Espectroscopía e Especiación (GETEE) e o Instituto de Materiais (iMATUS) da USC coa colaboración do Grupo Especializado en Ciencia e Tecnoloxías (Bio) Analíticas da Real Sociedade Española de Química (RSEQ).
Os vindeiros 9, 10 e 11 de abril celébrase na Universidade da Coruña o primeiro congreso IA & Hospitality, un espazo onde se analizará a relación presente e futura entre a Intelixencia Artificial e o turismo, un dos principais motores económicos do noso país. O programa do congreso, que terá lugar no Paraninfo da UDC, inclúe oito mesas de debate nas que se tratará dende a experiencia do cliente ata a ciberseguridade e os destinos e a IA.