Noticias

El director de cine Carlos Saura, galardonado con el Premio Cineuropa en su 30ª edición

El 26 de noviembre de 2016, la organización del 30º Festival Cineuropa en Santiago de Compostela entrega el Premio Especial al director de cine Carlos Saura. Se proyecta también en la gala de entrega el filme Zonda que aborda la música popular argentina y que se presentó en la Muestra de Venecia.

Nota de prensa del Gabinete de Comunicación del Concello de Santiago de Compostela:

Carlos Saura, o director máis relevante da historia do cinema español xunto ao tamén aragonés Luis Buñuel, recibe o 26 de novembro o Premio Cineuropa Especial na 30ª edición do festival compostelán. Saura, de 84 anos, continúa en plena actividade creativa e, como proba diso, tras a cerimonia de entrega do premio proxectarase Zonda, a película na que aborda a música popular arxentina e que se presentou na Mostra de Venecia. O Festival de Cine Cineuropa celébrase do 8 ao 27 de novembro.

A obra de Saura, na súa vertente dramática, conforma un dos legados máis valiosos do cinema político realizado baixo calquera ditadura. Películas como La caza, Peppermint frappé, El jardín de las delicias, Ana y los lobos, La prima Angélica e Cría cuervos, realizadas durante o réxime franquista, compoñen un corpus dun valor artístico só equiparable á coraxe cívica do seu autor na conformación da súa mirada sobre unha "España negra". Xa na Transición, Saura alargaría o seu cinema como alegoría do proceso político español en curso con Elisa, vida mía e Mamá cumple cien años. E daría o salto á narración directa das convulsións daquel país en cambio con Deprisa, deprisa, obra coa que gañaría o Oso de Ouro da Berlinale en 1981.

O Festival de Berlín outorgou tamén o seu Oso de Prata a Saura en dúas ocasións (por La caza e Peppermint frappé). E Cannes recoñeceuno co Gran Premio do Xurado en 1976 por Cría cuervos e co Premio á Contribución Artística por Carmen en 1983, película coa cal Saura abriu unha nova vía no seu cinema, a do paso da España negra -que retomaría en Goya en Burdeos, Taxi ou El séptimo día- á beleza da música popular, o flamenco, o tango, o fado. En 1990, con Ay, Carmela, o cineasta obtivo o maior número de Goyas recibido por unha película na historia destes premios.

Co premio a Saura na súa 30ª edición, Cineuropa quere reivindicar a palpitante vixencia do discurso político do cinema de Carlos Saura e a necesidade de que as xeracións novas coñezan e se acheguen á súa obra, excepcional e subversiva. Carlos Saura sumarase con este premio a directores españois como José Luís Guerín, Bigas Luna, Albert Serra, Jaime Rosales, Vicente Aranda, Fernando Trueba, Oliver Laxe ou José Luis Borau, receptores do tributo do festival en edicións anteriores.

R., 2016-10-31

Actualidad

Foto del resto de noticias (pedro_duque_ninos.jpg) El astronauta Pedro Duque ha estado en Santiago de Compostela para participar en la inauguración de la jornada educativa Stemlab Galicia, en la que cerca de 3.000 alumnos de 18 centros educativos han mostrado y compartido sus creaciones relacionadas con ciencia y tecnología. Galicia entrará en la red de oficinas de educación de la Agencia Espacial Europea para fomentar las vocaciones científicas juveniles.
Foto de la tercera plana (yotubeiros.jpg) Youtubeir@s es una iniciativa organizada por los servicios de normalización lingüística de los ayuntamientos de la Baña, Ames, Carballo, Ourense, Pontevedra, Ribadeo, Santiago, Teo y O Grove, las universidades de A Coruña, Santiago y Vigo y la Diputación de A Coruña. O Teatro Colón da Coruña acolleu a gala de entrega dos Premios Youtubeir@s conducida pola compañía teatral A Panadaría.

Notas

O presidente da Xunta acompañou á S.M. a raíña Dona Sofía ao acto de celebración do centenario da Real Institución Benéfico Social Padre Rubinos. Afirma que a entidade dunha nación ou comunidade non só se mide por magnitudes económicas, senón sobre todo polo que se podería denominar produto interior de solidariedade.
A Xunta canaliza a súa achega a esta mostra internacional de documentais a través da convocatoria de subvencións a festivais audiovisuais. O programa deste ano estende a súa duración a seis días, do 26 de abril ao 1 de maio, ademais de aumentar o número de actividades e os filmes de estrea, entre outras novidades.
ACTUALIDAD  
PORTALES  
SERVICIOS  
ENLACES  

RSS Válido

PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICIDAD
Deputación de Ourense
PROMOCIÓN
PUBLICACIONES
Publicaciones
Publicaciones Amencer
Revista Egap
Obradoiro de Artesania