Noticias

Los datos de la EPA reflejan un descenso de 16.200 parados en Galicia y un incremento de 23.900 nuevas ocupaciones, según el IGE

La Encuesta de Población Activa (EPA) que publica el INE, refleja que el paro baja en Galicia en 16.200 personas y se incrementa la ocupación en 23.900. La comunidad gallega registra, en relación con el trimestre anterior, un descenso del 7,25% en la cifra de desempleados hasta situarse en un total de 206.700. La tasa de paro juvenil cae al 27.9% y, por territorios, los ayuntamientos de Santiago de Compostela y Lugo presentan las mayores tasas de ocupación.

Nota de prensa del Instituto Galego de Estatística (IGE):

No terceiro trimestre de 2016 a poboación galega de 16 ou máis anos situouse en 2.349.300 persoas, das cales 1.264.600 clasifícanse como activas, o que sitúa a taxa de actividade no 53,8%. Con respecto ao trimestre anterior, o número de activos aumenta en 7.700 persoas e a taxa de actividade tres décimas. Con respecto ao mesmo trimestre de 2015, o número de activos aumenta en 2.700 persoas e a taxa de actividade increméntase tres décimas.

Por sexo, a taxa de actividade masculina aumenta catro décimas con respecto ao segundo trimestre de 2016 e sitúase no 59%. A taxa de actividade feminina aumenta dúas décimas e acada o 49%.

A ocupación aumenta en 23.900 persoas no terceiro trimestre de 2016 respecto á cifra do trimestre anterior e sitúase en 1.057.900 persoas ocupadas. A taxa de ocupación aumenta un punto porcentual neste trimestre, ata o 45%. Nos últimos doce meses o número de ocupados aumentou en 18.900 persoas, o que supón unha suba do 1,8% en termos relativos.

Por sexo, neste trimestre aumenta tanto a ocupación masculina como a feminina: o número de ocupados varóns aumenta en 13.900 persoas respecto ao segundo trimestre do ano 2016 e a ocupación das mulleres aumenta en 10.000 persoas. En termos de taxas, isto tradúcese nunha subida da taxa de ocupación masculina de 1,3 puntos e de oito décimas na feminina.

Con respecto ao terceiro trimestre do ano 2015, o número de homes ocupados aumenta en 7.300 persoas (un 1,3%), mentres que o de mulleres ocupadas faino nun 2,4%.

Atendendo aos sectores de actividade económica (segundo a CNAE 2009), o número de ocupados nos servizos aumenta en 10.100 persoas no trimestre e sitúase en 746.300 persoas. O sector primario aumenta en 5.500 empregos con respecto ao trimestre anterior e a industria 8.200. A ocupación na construción, pola súa banda, non varía con respecto ao segundo trimestre do ano 2016.

Con respecto ao mesmo trimestre de 2015, a ocupación na agricultura e pesca medra un 13,1%, na industria un 1,3% e nos servizos un 1,2%; pola contra, no sector da construción a ocupación diminúe un 1,1% entre o terceiro trimestre de 2015 e o actual.

En Galicia había 837.900 asalariados no terceiro trimestre de 2016, 608.300 con contrato indefinido e os 229.600 restantes con contrato temporal. Con respecto ao trimestre anterior rexístranse 6.300 asalariados máis con contrato indefinido, o que supón un aumento do 1%. O número de asalariados suxeitos a un contrato temporal aumenta en 20.700 persoas (o que supón, en termos relativos, unha subida do 9,9% con respecto ao segundo trimestre de 2016). No que respecta á variación interanual, os asalariados con contrato indefinido aumentaron un 2,1% e os asalariados con contrato temporal un 1,7%.

A taxa de temporalidade, calculada como a porcentaxe de asalariados con contrato temporal sobre o total de asalariados, aumenta 1,6 puntos neste trimestre, ata situarse no 27,4%.

No terceiro trimestre de 2016 en Galicia había 206.700 persoas en paro, 16.200 menos que no trimestre anterior. A taxa de paro diminúe 1,4 puntos ata o 16,3%.

Con respecto ao terceiro trimestre do ano 2015, o número de parados e paradas baixa en 16.100 persoas (un 7,2%) e a taxa de paro 1,4 puntos.

Por sexo, con respecto ao trimestre anterior, diminúe tanto o paro masculino coma o feminino: o número total de homes parados sitúase en 104.300 persoas (9.400 menos que hai tres meses) e o de mulleres é de 102.500 persoas (6.800 mulleres menos en paro). A taxa de paro masculina diminúe, en consecuencia, 1,5 puntos porcentuais e a feminina 1,2 puntos, situándose a primeira no 15,7% e a segunda no 17,1%.

No tocante á variación interanual, o número de parados entre o sexo masculino diminúe en 6.300 persoas (un 5,7% menos), e o volume de paradas en 9.800 persoas (un 8,7% menos que hai un ano).

No terceiro trimestre de 2016, o número de fogares nos que todos os seus membros activos están en paro diminúe en 3.600 unidades e sitúase en 72.100. Respecto ao terceiro trimestre de 2015 esta tipoloxía de fogares cae un 1,4%.

Pola súa banda, o número de fogares nos que todos os seus membros activos son ocupados aumenta en 13.500 unidades. O número de fogares nesta situación é de 570.100. En relación co mesmo trimestre do ano anterior hai 16.300 fogares máis nesta situación, o que supón unha suba do 2,9% en termos relativos.

Dos 326.800 mozos galegos de entre 16 e 29 anos, 126.600 (o 38,7%) están ocupados, 49.000 (o 15%) parados e os 151.200 (o 46,3%) restantes son inactivos.

A taxa de ocupación deste colectivo sitúase no 38,7% no terceiro trimestre de 2016. Con respecto ao trimestre anterior aumenta 4 puntos e con respecto ao mesmo trimestre do ano 2015 medra 5 décimas.

A taxa de paro xuvenil diminúe durante o trimestre 5,6 puntos ata situarse no 27,9%. En comparación co terceiro trimestre de 2015 diminuíu 1,7 puntos. No terceiro trimestre de 2016, o 77,6% dos ocupados de entre 16 e 29 anos ten xornada completa. Con respecto ao segundo trimestre de 2016, aumenta tanto o número de mozos ocupados a xornada completa (un 13,3%) coma o de mozos ocupados a xornada parcial (un 4,4%). Con respecto ao terceiro trimestre de 2015 prodúcese unha suba do 0,9% nos mozos ocupados a xornada completa e unha caída do 8,4% para os que teñen xornada parcial. Dos 114.900 asalariados existentes neste trimestre de entre 16 e 29 anos, o 36,6% está vinculado á empresa por medio dun contrato indefinido. O número de mozos con contrato indefinido aumentou un 3,2% respecto ao trimestre anterior e un 2,2% respecto ao mesmo trimestre do ano anterior. O número de mozos asalariados con contrato temporal medrou un 19,3% respecto ao trimestre pasado e un 4,1% respecto ao mesmo período de 2015. A taxa de temporalidade para o colectivo dos mozos e mozas de entre 16 e 29 anos sitúase no 63,4%.

Se comparamos os datos dos sete grandes municipios galegos, observamos que Santiago e Lugo son os que presentan as maiores taxas de ocupación (53,5% e 52,7%, respectivamente) no terceiro trimestre de 2016. Ferrol é o concello coa menor taxa de ocupación (30,5%) e con maior taxa de paro (27,8%).

A Enquisa de poboación activa (EPA) é unha investigación por mostraxe, continua e dirixida ás vivendas familiares que o Instituto Nacional de Estadística (INE) realiza desde 1964. En xullo de 2008 firmouse un convenio de colaboración entre o INE e o Instituto Galego de Estatística (IGE) para a duplicación da mostra no ámbito territorial da Comunidade Autónoma de Galicia.

Nota de prensa del Gabinete de Comunicación de CC.OO.-Galicia:

O Sindicato Nacional de Comisións Obreiras de Galicia pídelle á Xunta «medidas axeitadas» para que os postos de traballo creados no verán se convertan en «estables e con dereitos». A secretaria de Emprego do sindicato, Maica Bouza, coida que o Executivo autonómico debe habilitar os mecanismos necesarios a través dunha «verdadeira» política na materia que converta en estruturais os postos de traballo conxunturais. Cómpre sinalar que, segundo a enquisa de poboación activa (EPA) que hoxe coñecemos, a maior parte do traballo creado foi temporal e asociado aos servizos.

A sindicalista afirma que o paro segue a ser o «principal problema» da economía galega. Ademais, cualifica como «socialmente inasumible» que en Galicia haxa 206.700 persoas sen traballo, segundo a EPA, das cales o 45 % levan procurando un emprego dous ou máis anos. En opinión de Bouza, ter un emprego é garantía de contar con protección social, algo difícil cos postos de traballo actuais, sen case dereitos asociados.

Por este motivo, a secretaria de Emprego de CCOO coida que unha das primeiras medidas que deberá aplicar Alberto Núñez Feijóo, tras a toma de posesión como presidente, é a recuperación da Consellaría de Traballo, para que a Xunta poida desenvolver políticas de emprego «de maneira máis eficaz».

Nota de prensa del Gabinete de Comunicación de UGT-Galicia:

Dende UGT-Galicia denúnciase que estase consolidando o binomio emprego-pobreza con 72.100 fogares con todos os activos no paro; 34.800 vivendas nas que xa non hai perceptores de ingresos; cunha taxa de paro entre os máis mozos que xa se achega ao 40 por cento; unha taxa de temporalidade elevadísima que xa supera o 27 por cento; con 123.000 parados de longa duración; e unha taxa de parcialidade involuntaria que xa se sitúa no 63 por cento.

Á vista destes datos é evidente que a recuperación do emprego, tanto en Galicia como no resto do Estado, é só en termos cuantitativos, estacional e precaria. As medidas do Goberno, centradas nunha reforma laboral lesiva e inxusta para os cidadáns, lonxe de corrixir a dualidade do mercado laboral, están estendendo a precariedade e a desigualdade.

Para UGT-Galicia, a recuperación do mercado de traballo deste Goberno é irreal. É necesario un plan de choque polo emprego que implemente políticas activas dende o público, así como, a protección das persoas, tendo como obxectivo crear empregos de calidade e con dereitos e derrogar a reforma laboral.

O Sindicato considera imprescindible un cambio de rumbo das políticas neste país, apostando por factores que permitan á economía crecer a medio e longo prazo e que mellore as rendas dos traballadores. Só así conseguirase encarar a recuperación de xeito sostible e diminuír os niveis de desigualdade e pobreza.

R., 2016-10-27

Actualidad

Foto del resto de noticias (naufragos-hugo.jpg) Hugo fala da relación do seu protagonista, un rapaz con trastorno do espectro autista, coa súa amiga Laia. Jimmy Núñez e María Roja interpretan este espectáculo, seleccionado para a primeira edición do circuíto estatal de artes escénicas para a infancia e a mocidade da ASSITEJ. Baixo o lema Voces dun mundo novo, o congreso reunirá compañías e profesionais de numerosos países arredor dunha programación artística, de relatorios e de intercambio, que este ano lles presta especial atención á participación, á amplitude de formas artísticas e á celebración do impacto comunitario. Para a configuración da carteleira de espectáculos tivéronse en conta especialmente propostas que traballan en espazos e formatos non tradicionais, inclusivas e sensoriais.
Foto de la tercera plana (turismo-5.jpg) O Instituto Nacional de Estatística (INE), publicou hoxe os datos referidos aos establecementos hoteleiros no mes de marzo, nos que a Semana Santa contribuiu a que o sector hoteleiro galego consolidase a crecente mellora da súa rendibilidade. En concreto, segundo o INE, a rendibilidade hoteleira medrou en marzo un 15%. Con estas cifras estímase que o sector hoteleiro obtivo uns ingresos totais de 21,9 millóns de euros ese mes, cifra que supera nun 23% o dato de marzo do ano pasado, que non coincidiu coa Semana Santa, que fora en abril. Tamén medrou con respecto ao valor previo á pandemia, cando se facturaron preto de 16 millóns de euros. En canto ao número de viaxeiros, o segmento hoteleiro presentou un comportamento positivo en Galicia en marzo.

Notas

A 22ª edición do Encontro Universitario de Danza da USC chega a Lugo este xoves 25 e o venres 26 coa presentación de producións de danza das compañías das universidades de Vigo, A Coruña e máis a propia da USC. As funcións, de entrada libre e de balde, serán ambos os dous días ás 20.30 horas na Caixa Negra do Museo Interactivo de Historia (MIHL). A compañía de danza da UDC abrirá este encontro o xoves 25, ás 20.30 horas, coa posta en escena de ‘… E todo o demais non importa’, unha coreografía colectiva con dirección artística de Alba Fdez. Cotelo.
A Facultade de Educación e Traballo Social do campus de Ourense acolle o I Congreso internacional sobre as diferenzas: filosofía, cultura e educación nas sociedades do século XXI, organizado polo grupo de investigación Ontoloxías da Diferenza. Fundamentos Teóricos e Repercusións Prácticas. Nel, pensadores de España e Portugal reflexionan sobre multiculturalismo, educación moral, a discusión entre a humanidade e as distintas intelixencias artificiais e as novas formas de pedagoxía.
PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES