Noticias

Samuel Diz, Ian Gibson y Carolina Alba conmemoran en Compostela el centenario de la primera visita de Lorca a Galicia

Un espectáculo de entrada libre y en formato concierto-conversación profundiza en la figura de García Lorca y en su vinculación con Galicia. El guitarrista Samuel Diz presenta en directo su disco Impresiones y paisajes, como el primer libro de Lorca, en diálogo con el hispanista Ian Gibson y con la periodista compostelana Carolina Alba en la declamación de fragmentos de la obra lorquiana.

Nota de prensa del Gabinete de Comunicación de la Xunta de Galicia:

O Salón Teatro de Santiago acolle un espectáculo especial no que música e pensamento se unirán para conmemorar o centenario da primeira visita de Federico García Lorca a Galicia. Con tal motivo, o guitarrista Samuel Diz presentará en directo o seu traballo discográfico ‘Impresiones y paisajes, como el primer libro de Lorca’, en diálogo co hispanista Ian Gibson, un dos maiores coñecedores da vida e obra do autor granadino.

Acompañaraos no escenario a locutora de Radio 3 Carolina Alba, xornalista compostelá radicada en Madrid, quen declamará unha escolma de textos xornalísticos e de fragmentos da obra lorquiana. A entrada será libre ata completar a capacidade do teatro.

A proposta, producida por Poliédrica co apoio da Xunta a través da Secretaría Xeral de Cultura, busca afondar na vinculación do poeta con Galicia, introducindo o público na personalidade creativa de Federico García Lorca nun plano moito menos coñecido: a súa relación coa música e e co universo musical da Xeración do 27.

O xermolo deste espectáculo conmemorativo atópase nas impresións que o autor anotou no seu caderno durante o seu periplo formativo por Galicia –nunha viaxe organizada polo seu profesor Martín Domínguez Berrueta para que os seus alumnos coñecesen o patrimonio do norte de España– e que despois se publicaron no que foi o primeiro libro do poeta, ‘Impresiones y paisajes’. Este título dálle nome ao disco no que Samuel Diz recupera a música dalgúns dos principais protagonistas da Xeración do 27.

Esa viaxe de estudos en 1916 foi para Lorca unha descuberta inicial da paisaxe de Galicia e da obra de Rosalía de Castro, á que despois seguiría a construción dunha fonda amizade con escritores e intelectuais galegos como Blanco Amor, Dieste ou Guerra da Cal, e músicos como Bal y Gay. Esta vinculación afectiva trasladaríase tamén ao plano creativo, coa incursión do escritor na nosa lingua a través dos ‘Seis poemas galegos’.

Fotografía: Gabinete de Comunicación de la Xunta de Galicia

R., 2016-10-26

Actualidad

Foto del resto de noticias (union-europea-bandeiras.jpg) O director xeral de Relacións Exteriores e coa UE, Jesús Gamallo, participou na sesión plenaria do Comité Europeo das Rexións (CdR), onde Galicia presentou 21 emendas a catro dos ditames sometidos a aprobación. Un dos máis relevantes para a comunidade foi o ditame sobre a ferramenta de facilitación transfronteiriza. Calcúlase que a eliminación do 20% das barreiras e obstáculos xurídicos e administrativos actuais entre rexións de fronteira na UE -entre as que se atopa Galicia, que conforma unha Eurorrexión xunto co Norte de Portugal- permitiría aumentar o seu PIB nun 2% e crear nelas ata un millón de empregos.
Foto de la tercera plana (cdc-01.jpg) InnovArt 24, o maior evento en Galicia de promoción e difusión das ensinanzas artísticas, de idiomas e deportivas propicia o encontro entre as vocacións e os profesionais, e facilita que o alumnado de diferentes niveis educativos se familiaricen e tomen contacto cos eidos da arte dramática, as artes plásticas e deseño, a conservación e restauración de bens culturais, a danza, as ensinanzas deportivas, os idiomas e a música. A feira conta cunha zona de 4.100 m² no Museo Centro Gaiás, na que os visitantes poden participar en obradoiros de artes plásticas e deseño, traballos de conservación e restauración de bens culturais, actividades deportivas didácticas de música, arte dramática e danza, así como de idiomas. Tamén se ofrecen mostras e exhibicións das distintas ensinanzas, concertos, conferencias e espectáculos escénicos en directo.

Notas

Mostrar á cidadanía os resultados do traballo realizado ao longo do curso nas aulas teatrais dos tres campus da UVigo, á vez que achegar a cidade propostas escénicas chegadas desde outros países. Estes dous obxectivos conflúen na XV Mostra Internacional de Teatro Universitario de Pontevedra (Miteu), que se desenvolverá entre o 24 de abril e o 3 de maio, con cinco funcións con entrada libre no Teatro Principal, todas elas ás 20.30 horas.
A Sala Cloud do Centro de Investigación en Tecnoloxías da Información e as Comunicacións (CITIC) acollerá o vindeiro martes un novo taller do ciclo HumanIA UDC, organizado polo Consello Social e a Facultade de Humanidades da UDCe por dito centro. Baixo o título 'Perfís profesionais: Humanidades e IA', a experta en lingüística, tecnoloxía e diversidade, Cristina Aranda, cofundadora de Big Onion e Mujeres Tech, explicará as claves da cooperación entre perfís profesionais de cara ao futuro e presente da IA.
PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES